11 sept 2006

O alcalde de Ourense anuncia a súa retirada no próximo xaneiro

En conversa con varios xornalistas ourensáns, o alcalde da cidade, Manuel Cabezas, no goberno durante 12 anos, anunciou a súa retirada no próximo mes de xaneiro.
Sen dúbida, era unha decisión esperada despois dos sucesos dos últimos tempos. Á marxe do que se opine do seu mandato, o seu ciclo político estaba esgotado. Para o PP queda todo, pois, nas mans de "Poli Nóvoa", o futuro candidato e alcalde por poucos meses, que, contra o que cren algúns, non é mal candidato. Hai un tempo dábase por segura a perda desta alcaldía polo PP: hoxe eu xa non o teño tan claro. Que pensan vostedes?

11 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Unha das primeiras reaccións á despedida de M.Cabezas, recén chegada: a do BNG.
COMUNICADO DE IMPRENSA

1. O BNG entende que a renuncia de Manuel Cabezas á alcaldía amosa que ao PP, Ourense importalle un “patacón”. Meses antes das eleccions fuxe das súas responsabilidades e obrigas. Onde están logo os proxectos que había por rematar?; onde está , logo, o alcalde que mantiña un pulso titánico co mundo por Ourense?. Conseguiron, logo,aquelas “tramas negras” imaxinarias o obxectivo de depoñer un alcalde elexido democráticamente?

2. O PP tenta trasladar, con esta decisión, a súa inficacia, a súa podremia e desintegración interior, ao conxunto dos cidadáns e á cidade. Os seus conflictos internos provocan trasvase de poder interno no que non perdura a renovación, nen novos azos para o Governo municipal. O futuro para eles non existe.

3. Ademais o PP subordina Ourense aos intereses eleitorais de partido. Impotentes para parar o cambio que ven tentar amañar os seus conflictos dándolle unha suposta posición de ventaxa ao seu candidato. Unha irresponsabilidade e un fraude.

4. O BNG non vai permitir que nestes meses a situación interna do PP e o seu fin de ciclo no Governo municipal manque máis a nosa cidade. Seremos ainda máis contundentes na defensa dunha cidade e dunha veciñanza que desexan e merecen outro xeito de governar: eficaz, transparente, responsabel, e que teña como único obxectivo servir ao interés xeral.

Ourense, a 11 de Setembro de 2006.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Os políticos xa fan coma Schumacher.

Anónimo dijo...

Nas eleccións pode ocurrir de todo.
O candidato do PP non é gran cousa. Pero os do BNG e PSOE tampouco son como para botar foguetes.

Anónimo dijo...

A saída de Cabezas estaba acordada dende o mesmo día que Poli foi escollido candidato do PP, a única dúbida é ¿Por qué tan tarde? Sen dubida algo terá que ver que o PSOE non teña lanzado o seu candidato (e polo tanto aínda non se iniciou a precampaña..) Pero ¿hai outros motivos? ¿Aproveitará o BNG esta impase e empezará unha precampaña dinámica, ilusiónante e motivadora xa?

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o último Usuario Anónimo: Vai ter que espabilar o BNG para facer esa "precampaña dinámica, ilusionante e motivadora xa". Por qué? Porque ata agora non ilusionou demasiado o xa visto. Porque os mellores cadros políticos locais levounos Quin para Santiago. Porque as inercias de sempre impedirán buscar fóra os reforzos necesarios.Porque o Foro Municipal, anunciado a bombo e platillo, quedouse en nada, morto ou conxelado? Porque... (deixémolo, de momento).

Anónimo dijo...

Vai ter moito que espabilar o Alex (BNG) se non quere quedar de último nas eleccións. Que con saír en Telemiño non chega, meu!

Anónimo dijo...

Coño, claro que queda de último.
1º Poli (12) 2º Paco (8) 3º Alex (5)... ¿Son vintecinco non?

Marcos Valcárcel López dijo...

Se o Bloque non logra mellorar de forma suficiente os seus resultados (ten seis concelleiros hoxe en Ourense, non?, a combinación tamén podería ser Poli (12), Paco (9) e Álex (6). A cousa, para un lado ou outro, creo que vai estar moi xustiña.

Anónimo dijo...

Xa me parecía a min. Nunca acertei.
E desta nin no número de concelleiros. Retomo a proxección.

Poli 13, Paco 9, Alex 5
Máis ou menos, dez abaixo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Entendo as túas distancias, Anonimss, case podería dicir que as comparto. Polo visto, tócanos máis do mesmo ou resignarse ó que hai.

Anónimo dijo...

Enrique Novoa, poli-empresario, vinculado a 3 empresas PROMOCIONES GALMEX SL, POENSA SL na actualidade E a ELECTRICIDADE POLY, SL nun pasado, agora xa non. Concellal de urbanismo e promotor inmobiliario, alcalde de Ourense e promotor inmobiliario. 2 chalets, un de él cunha bodega multimillonaria chea de obras de incalculable valor, de Xaime Quessada por exemplo. Declara no xuzgado a semana que vén por un delito urbanístico na rua perez serantes. Cohecho, prevaricación,... corrupción urbanística. Non pode ser legal que teñas tanto diñeiro e que non fagas chanchullos, e eso que sendo concejal ou alcalde xa cobras bastante. Pero a Xustiza e o tempo pon a cada un no seu sitio, e o teu sitio, amigo Poli, está no carcere, por enganar os ourensans, lucrarte co diñeiro de todos e inda por riba intentar enganarnos para gañar unhas putas eleccions, como ti dis polo ben da nosa cidade.
Deste xeito, nunca contarás co meu voto, MENTIROSO COMPULSIVO.