30 oct 2006


Abel Caballero reprime o uso da bandeira da República, nun acto da Asociación pola Memoria do 36 en Vigo (entrega das Pedras da Memoria a unha serie de homenaxeados)

Da crónica de onte de Faro de Vigo, asinada por GGM:
El acto fue emotivo, pero no exento de polémica. La decisión de Abel Caballero, presidente de la Autoridad Portuaria, de ordenar la retirada de la bandera republicana del lugar en que se iban a pronunciar los discursos provocó las airadas protestas de varios de los asistentes, quienes volvieron a colocar la enseña donde estaba en cuanto el anfitrión, que fue recibido con silbidos y abucheos, concluyó su alocución. Caballero, visiblemente molesto, se defendió de quienes minutos antes le habían reprochado su decisión argumentando que "algunos de los que ahora hablan no pisaron la cárcel o sufrieron el exilio", como sí le ocurrió a él, unas palabras que arrancaron aplausos de un amplio sector de los invitados. También se cuestionó en voz alta si "hace dos años un homenaje como éste se hubiera realizado en el Puerto o, tan siquiera, en la ciudad de Vigo". La ex concejala nacionalista Carmen Martínez Corbalán fue una de las más molestas por lo sucedido y subrayó, al término del acto, que "esto ha sido un ejercicio antidemocrático de Abel Caballero, candidato del PSdeG-PSOE a la Alcaldía. No son muertos anónimos y este acto no tendría ningún sentido sin la presencia de banderas".

(Como todo o mundo sabe, Abel Caballero é o alcaldable socialista de Vigo e un dos probables piares dun goberno progresista, socialista-nacionalista, na cidade olívica. Meu Deus!!! Será verdade aquilo de que os pobos teñen os gobernantes que se merecen?)

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Difícil de entender ese veto á bandeira da República Española vindo dunha persoa significada do PSOE. Sendo mal pensado debe ser pola súa posición actual de candidato do PSOE á alcaldía de Vigo nun intento de procurar votos da dereita rancia.

X dijo...

Non o dubide.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Unha metedura de pata, en todo caso. Parece mentira unha cousa así en Abel Caballero. A miña desaprobación máis contundente.

Anónimo dijo...

Onte trataba de explicar o comportamneto de Caballero polo intento de recoller simpatias de persoas de dereitas, e hoxe creo máis neso polos comentarios que lin en algunhas webs.
Lembráronme as argumentacións, que se lian e escoitaban hai anos, en defensa de Paco Vázquez, ou máis recentemente coa alcaldada de Pérez Mariño.
Sería unha mágoa que o PSOE volva a apostar en Vigo por unha política que as veces nin o PP se atreve a facer.

Anónimo dijo...

caballero é así..... Que ningué o dubide..convertirá a Ventura nun home tolerante....

Marcos Valcárcel López dijo...

Dende logo, qué fixeron en Vigo
-cidade obreira histórica, con mártires socialistas no 36- para acumular tal ringleira de cargos PSOE tan estrelas e polémicos? Non hai outras sensibilidades no PSOE vigués? Son tan minoritarias que non poden reconducir isto? Por iso marchou Miguel Barros?

Anónimo dijo...

Abel Caballero ten moitas eivas e, desde logo, non é nada galeguista. A súa fraqueza é ser un tanto arrogante e señoritil, e desprezar calquera cousa que soe a galeguismo.

Mais é unha persoa intelixente e un "político" realista. Neste sentido, se necesita pactar co BNG para lograr a alcaldía, farao. E se necesita, por mor de manter ese pacto, adoitar unha fasquía non anti- galeguista, farao.

Por outra banda, tamén habería que preguntarse polas eivas do BNG de Vigo, de cómo é posible que tiveran, até onte mesmo, xentes tan escuras e incompetentes como Castrillo ou Toba, por exemplo.

En todas partes cocen fabas!

Anónimo dijo...

OXalá teña razón o señor Anónimo Político-Cultural e Caballero teña pragmatismo á hora de configurar un goberno en Vigo PSOE-BNG, ou BNG-PSOE.
Discrepo de vostede no da incompetencia de Castrillo e Toba. O de escuras non sei ao que se refire, se é por falta de brillantez ou fulgor mediático, podo coincidir con vostede, pero penso que iso non é o que lle hai que pedir a un alcalde ou a un concelleiro.
Castrillo foi quen de levar un mandato na alcaldía de Vigo e rematar o mandato corporativo, tendo neste tempo a habilidade de saber conxugar dúas culturas políticas tan distintas como o PSOE e o BNG. Asemade nunha situación na que o PSOE, especialmente Carlos Príncipe, non deixou de porlle nas rodas cantos paus quixo. e Castrillo aturou e levou a bo fin os catro anos. Catro anos nos que Vigo deu un pulo para adiante que hoxe lle permiten vivir daquilo a Corina. PXOM (que tamén era do PSOE até que chegou Ventura, convén non esquecer), corredores verdes, humanizacións e peonalizacións, etc. etc.
Non creo que incompetencia sexa a palabra que poida definir a Castrillo ou a Toba. Outra cousa é que o BNG en Vigo perdeu a batalla da imaxe. Moitos intereses había en que eso fose así; o nacionalismo segue a padecer a falla de medios que defendan a súa postura. Faro de Vigo chegou a semellar pro BNG, cando simplemente era máis neutral fronte a belixerancia de La Voz de Galicia.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembro ademais que Abel Caballero é escritor e creo que de novelas históricas (eu non lle lin nada): en calquera momento ata nos pode sorprender cunha novela de reivindicación da memoria republicana... Cousas veredes!!

Anónimo dijo...

Oxalá teña eu razón, amigo Amigo, eu tamén digo oxalá.
Discrepo en que o "problema" do BNG de Vigo fose simplemente unha cuestión de perder "a batalla da imaxe". Pero non é este o lugar para discutirmos un aspecto tan particular da política galega, e vaime permitir que non abunde no asunto. Os dous desexamos o mellor para Vigo. Niso temos un total e pleno acordo. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Para Valcárcel:
Eu tampouco lle lin nada da súa faceta literaria a Abel Caballero, pero creo lembrar que lin na prensa que unha das súas novelas está ambientada no Vigo de 1936 e trata tamén da represión. Falo do que me pareceu ter lido, e ao mellor trabúcome completamente.

Anónimo dijo...

De Abel Caballero lera, hai xa moitos anos, a súa tese de doutoramento (coido que editada en Blume), na que expuña moi claramente a teoría económica "neorricardiana" de Sraffa e discípulos. Agora xa non me lembro de case nada, pois non me dediquei á economía. Pero si recordo que estaba moi ben ese libro, pero que moi ben.

Marcos Valcárcel López dijo...

Hoxe mesmo, no GALICIA HOXE:
vAI DE BLOG
Abel, un candidato á desmemoria
POR FRAN P. LORENZO
Desde 2005 é presidente da Autoridade Portuaria de Vigo así que poderiamos dicir que, en maio de 2007 –cando se celebren as eleccións municipais–, Abel Caballero xa levará dous anos en campaña electoral, ergueito sobre a excelente plataforma de poder e difusión mediática que lle procurou o porto de Vigo.
Descoñezo as leas e desacordos que veñen paralizando a agrupación socialista viguesa nos últimos anos así como os tecidos e destecidos que, en Santiago e Madrid, concluíron coa súa designación como candidato á alcadía de Vigo. Imaxino os apoios que recibiu e case diría que sei a quen tivo en contra, pero agora tanto ten iso. Abel Caballero –que cumpriu 60 anos en setembro–, é a figura que o PSdeG quere entronizar no Areal, na actual sede de alcaldía, habilitada por Corina Porro para deixar atrás o tufo proletario e subdesenvolvido que se respiraba na torre do concello.Ese recendo ministerial que desprende o vello Banco de España acáelle ben a Caballero, á súa etapa de titular de Transportes en Madrid, enviado para ordenar a desfeita das provincias, como aquel

Décimo Xuño Bruto, procónsul da Hispania Ulterior que, literalmente, flipou co bárbara –no sentido de belicosa, claro–, que era a xente da Gallaecia. Velaí o reto: un home cativo para un despacho grande, epicentro político dunha cidade inmensa, ingobernábel, magmática, mutante, difícil...
A última de Caballero seina polo Faro de Vigo do domingo, mercé á información de C.G.M. A crónica describe o acto de entrega na Estación Marítima de Vigo dos premios Pedra da Memoria 2006, que outorga a Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36. E traduzo: "O acto foi emotivo, pero non exento de polémica. A decisión de Abel Caballero, presidente da Autoridade Portuaria, de ordenar a retirada da bandeira republicana do lugar no que se ían pronunciar os discursos provocou as iradas protestas de varios dos asistentes, que volveron colocar a bandeira onde estaba en canto o anfitrión, que foi recibido con asubíos e apupos, concluiu a súa alocución".

Continúa: "Caballero, visiblemente molesto, defendeuse de quen minutos antes lle reprochara a súa decisión argumentando que algunos de los que ahora hablan no pisaron la cárcel o sufrieron el exilio, como si lle ocorreu a el, unhas palabras que arrincaron aplausos dun amplo sector dos convidados. Tamén se cuestionou en voz alta se hace dos años un homenaje como éste se hubiera realizado en el Puerto o, tan siquiera en la ciudad de Vigo".

1) A Estación Marítima pertence ao Porto. E no Porto faise o que di Abel. Non quero pensar nun día no que a cidade fora súa.

2) Se amosa ese talante autoritario e despótico nunha reunión amigábel na que, obviamente, non é o protagonista, non o quixera ver presidindo un pleno municipal.

3) Meteórico narrador, Abel Caballero é autor dunha novela, El invierno de las almas desterradas, sobre a II República, a Guerra Civil e a II Guerra Mundial. "La novela es ficción, pero el lector tendrá dificultades para saber lo que es ficción y lo que es la realidad, porque entrelazo una y otra", sinaloulle a Europa Press. E eu dígolle: nada peor para un político ou para un novelista que esa confusión.

4) Vigo xa tivo un Ventura e por ventura marchou.
5) A reivindicación da memoria histórica non estaba a agardar por Abel, nin Vigo o precisou nunca como anfitrión, nin sequera como candidato. Dáme que a Asociación que o convidou procuraba, coa súa presenza, dotar o acto dunha pátina política concreta que, creo eu, deberan reconsiderar, visto o contraproducente e negadora que resultou a presenza do candidato. Quen só coñece o seu nome nunca poderá lembrar o dos demais. E a Memoria non é espectáculo nin campaña electoral.

6) Supoño que un rauto de legalismo constitucional foi o que moveu a Caballero a retirar a bandeira da II República. Esqueceu que os homenaxeados desa xornada morreron por defender a legalidade que revistía esa bandeira tricolor. En 1936 Vigo tiña un alcalde socialista, Emilio Martínez Garrido. Foi fusilado na tapia de Pereiró o 27 de agosto dese ano polo delito de traizón. Imaxino a Caballero mandando retirar a bandeira e só podo pensar no que diría Don Emilio se levantara a cabeza l

franpl@galicia-hoxe.com

Anónimo dijo...

Ó Guede perdónaselle todo. Ó Caballero nin auga. Non entendo o dobre raseiro.

Anónimo dijo...

Non é cousa de "a Caballero nin auga". Eu vouno votar, pero iso non quita que a súa actuación do outro día coa bandeira da República me pareza errada e censurable.

Anónimo dijo...

Con este post estaste a referir tamén, supoño, a Lois Castrillo, presidente dun Consorcio fantasma, ad maiorem gloriam BNGi.

Anónimo dijo...

Home, o Consorcio Galego de Servizos Sociais de fantasma ten ben pouco, sobre todo se temos en conta o importante orzamento co que nace. Espero que Lois Castrillo o faga ben á fronte da xerencia.