31 oct. 2006


Do mapa político catalán
(Andoliña martes 31 outubro)

As eleccións en Cataluña espertan grandes paixóns. José Luis Rodríguez Zapatero reuniuse con máis de mil representantes do sector económico catalán e implicouse a fondo na campaña electoral, moito máis que o fixeron Felipe González ou Aznar noutras ocasións. O tema catalán é cuestión de Estado, nunca deixou de selo, pero agora evidénciase aínda máis. Ademais dos votos que Cataluña achega ó Goberno central, isto ten moito que ver coa forte polarización (PSC-CiU) con que se deseñan nesta hora os posibles resultados electorais.

En calquera caso, os cataláns teñen sorte. Por dúas cousas. Pola pluralidade da súa oferta ideolóxica: os estatalistas optan entre tres opcións, da dereita ata a esquerda (PP, PSC, ICV); os nacionalistas, teñen unha no centrodereita reformista (CIU) e outra na esquerda (ERC), un abano máis rico que o galego. E tamén porque, pase o que pase, non haberá cambios radicais: todas as forzas asumen en conxunto a identidade catalá, con todos os seus matices, e coinciden en valorar o seu patrimonio lingüístico e cultural. Ó cabo, calquera das alternativas de goberno máis viables (CIU+ERC; CIU+PSC; goberno tripartito PSC+ICV+ERC) parte desa realidade de consensos comúns.
(Imaxe de J.P. Renoir)

2 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

En Catalunya hai dúas ventaxas moi grandes:

1. 5 Grandes Partidos, que garantizan a pluraridade política.

2. Concienciación da Sociedade; ninguén ten un cheque en blanco pra gobernar.

Saúdos

Un amigo dijo...

Coincido coa análise do señor Marcos e coas apreciacións do señor Silvio.