
“Dous monos”, de Bruegel, 1562. Disque aínda non se coñece ben o significado destes dous monos encadenados e melancólicos. Na iconografía cristiá, os monos simbolizan case sempre a estupidez ou vicios como a vaidade e a avaricia. As cáscaras de avedlá aluden ó refrán neerlandés, “ir ós tribunais por unha avelá”. Segundo isto, os monos terían perdido a súa liberdade por un asunto insignificante. No fondo, hai unha vista do porto de Amberes, cidade que deixou Bruegel en 1563 para establecerse en Bruselas. Rosa-Marie e Rainer Hagen, Bruegel, Taschen, 2000.
3 comentarios:
Postos a interpretar, podemos pensar que os monos atados poden ser escravos da emigración, xa que contrapon a liberdade do Porto de Amberes e a escravitude de ditos monos. E a emigración é iso, liberdade de poder marchar e a escravitude de ter dita liberdade.
Saúdos
Moi boa esta interpretación de Silvio Falcón. Parabéns.
Nada home, falar dun mesmo nunca é difícil.
Un saúdo
Publicar un comentario