Unha voz silenciada. (Pan por Pan mrtes 10 outubro)A xornalista
Anna Politkóvskaya estaba a escribir un artigo sobre as torturas en Chechenia cando foi asasinada no ascensor da súa casa, en Moscova. Quen a mandou matar? Quizais nunca se saiba: a policía incautou o seu ordenador e os seus papeis. Era a xornalista mais crítica co réxime de Putin e co primeiro ministro do goberno checheno prorruso, por denunciar as violacións dos dereitos humanos en Chechenia. Tamén reclamaba os dereitos dos propios soldados rusos e denunciaba outros casos de corrupción: tiña inimigos abondo para ser acosada e ameazada. Rusia herdou demasiados problemas na caída do réxime soviético: mafias, problemas nacionais na área da antiga URSS, Chechenia, Georgia, todo o Cáucaso. Por certo, nada que ver co retrato idealizado que fai
Castelao das repúblicas de Ucraína e Acerbaixán na súa viaxe de 1938.
2 comentarios:
É un mágoa que a liberdade de expresión sexa, aínda a día de hoxe, unha utopía en determinados países. Sempre que se fala de atentados contra os máis elementais dereitos dos cidadáns, a mente lévanos a países como China, Arxelia, Irán, Marrocos ou mesmamente USA. En cambio a realidade é outra ben distinta como acabamos de ver, lamentablemente, no caso de Anna Politkóvskaya. Estamos ante un tema sobexo complicado de máis. Non son soamente os estados de sempre quen practican abusos contra a liberdade de opinión. Recentemente o International P.E.N, a través do seu Comité de Escritores en Prisión, facía públicas unhas cifras realmente arrepiantes nesta cuestión. Hoxe mesmo o citado organismo colgou na súa web un manifesto de denuncia dos escritores de todo o mundo por tan cruel crime. Por se a alguén lle interesa pode lelo no seguinte enderezo: www.internationalpen.org.uk
Parece mentira que veña vostede, Fraga, falar de liberdade de expresión despois do lamentábel espectáculo que deu aquí estes últimos días.
Publicar un comentario