14 nov. 2006


Abusos cotiáns.
(Pan por Pan martes 14 novembro)
Cando se faga unha ampliación dos nosos dereitos constitucionais, debería incluírse na mesma algún xeito de defensa contra unha serie de abusos moi cotiáns. Por exemplo, as chamadas de propaganda por teléfono das compañías telefónicas: día si e día tamén, á mesma hora (xusto na hora de comer), a consabida chamada da consabida compañía coas súas vantaxes de última hora. Procuro encherme de paciencia para atender esa voz, sempre diferente (cada vez máis con acento sudamericano), que me apela cortesmente: pero remato sempre cun “non me interesa”. Se eu fose un pouco máis maleducado, colgaría xa o teléfono só con escoitar a sigla que identifica ó pesado interpelante de todos os días: terei que rematar por facelo, non me deixan outra defensa. Hoxe xa lle dixen “que era un abuso chamar todos os días” e pedíronme desculpas. Mañá chamará outro de novo.
(Imaxe de Renoir, para fuxir do cabreo e do teléfono)

12 comentarios:

Moralla dijo...

Eu cando aparace "Chamada descoñecida" xa non collo o teléfono...sei que é o MONSTRO....
non coma esa beleza do cuadro que colagaches

marcos valcarcel dijo...

O meu problema é non ter ese servizo de Chamada Descoñecida, que no mundo de hoxe é imprescindible. É sorprendente como un medio de comunicación, como o teléfono, pode rematar sendo un medio agresivo, tantas veces...

marcos valcarcel dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Moralla dijo...

Ao mesmo tempo, nós ás veces temos que ser agresivos con ese Monstro cando se pon pesado e capitalista de máis!

Modesto dijo...

O das chamadas típicas das compañías ás horas menos oportunas non che son nada novo, por desgraza. Mais o peor de todo son as facturiñas...(emprego o diminutivo por rebaixar un pouco a cousa, pois o peto, que queredes que vos diga...)Nisto, amigo Marcos, aínda es un afortunado ao renunciares, voluntariamente, ás tentacións do móbil. Se o vello Graham Bell erguera a cabeza!

torredebabel dijo...

lembro agora un episodio dunha serie estadounidense na que uns avogados demandaban ás empresas telefónicas por facer esas chamadas precisamente. E gañaban... claro, é o que ten Hollywood, Sony e todas esas trapalladas: mostran o mundo no que nunca haberemos de vivir.

Un amigo dijo...

Non hai nada como lles falar en galego e dicirlles que non os entendes, quedan tan desconcertados que as veces eles (elas as máis das veces) son as que colgan o trebello. Poden probar que funciona bastante ben. A brincadeira ocorréuseme unha vez que escoitei que os empresarios que queren introducirse comercialmente en Alemaña téñeno difícil se non entran co seu idioma por diante. Semella que os alemáns malia falar inglés moitos deles, tenden a rexeitaren o uso do inglés como lingua franca cando depende deles facer unha compra. Deume a idea de que xa que teño que aturalos polo menos que me molesten en galego.

anónimo político-cultural dijo...

Tamén chaman centos de "empresas" para faceren supostas enquisas e qué, á final, só queren vender un produto comercial calquera.

Pero o cume acádao Telefónica cando, iluso de ti, queres facer algunha reclamación. Teño que confesar que poucas veces me entraron instintos asasinos como neste caso. Pero tiven que conformarme con ser un homicida frustrado: nin dan datos completos nin tampouco un enderezo. Despois de moito porfíar con vari@s para reclamar por escrito, déronme un número falso de fax. A solución foi borrarse, de aquí á eternidade, de calquera serizo con esa empresa.
En fin, xa non lles solto máis rollo.

Anónimo dijo...

Para cando un vo debate do tema!,porqué non presionamos xa a administración, que arranxe co abuso , a pesar da sua promesa de que faría abrir oficinas o pùblico nas que ter unha persoa que atenda, e dar as ofertas por escrito.
Podese iniciar una campaña de presion......?

juanadú dijo...

O de falar en galego é un bon detalle, pero ¿sabedes que as compañías de teléfono gustan de Vigo porque o seu acento galego, en español, parece máis acollente e para conseguir clientes é o máis efectivo? O acento de A Coruña, seica non.
Para cobrar facturas, elixen o castelán de Castela a vella ou de León. Tamén gustan do acento canario para engaiolar clientela.
O do acento "sudamericano" (ollo con este nome: non estou seguro de que lles guste moito este adxectivo) tamén forma parte das estratexias comerciais. Sinto facer comentario tan realista.

juanadú dijo...

A propósito de novo do galego por teléfono: a xente prefire ser atendida en galego porque hai menos xente esperando... para facerlle logo a pregunta en español.
Eche o que hai.

Etxeokeai dijo...

Marcos, a ver se recuperas un artigo marabilloso de Gwede na Región de cando cumpriu 95 anos ou así e unha señorita lle qeuría vender por teléfono un apartamento en Torrevieja ou cousa semellante. El dicíalle que lle compraría un ataúde que era o que lle ía cumprir. Ela colgou...
Foi o último que lle lin. E con moita gracia.