CONFERENCIA DE SHLOMO BEN AMI en Compostela (21-11-06)
http://en.wikipedia.org/wiki/Shlomo_Ben-Ami
(Un amigo estivo presenta na conferencia de Shlomo Ben Ami en Compostela, o pasado día 21. Polo seu posible interese para os lectores/as desta bitácora, decidín colgar aquí este resumo da mesma.
Presentado polo seu amigo xefe da Casa de Galicia en Madrid, Alfonso Sobrado Palomares e contando coa presenza na mesa da tamén ourensá Carme Carballo polo Centro Internacional de Prensa de Santiago, Shlomo Ben Ami, na súa calidade de Vicepresidente executivo do “Centro Internacional de Toledo para la paz” ( www.toledopax.org ) pronunciou unha interesantísima conferencia na que baixo o título de “Alianza o enfrentamiento de civilizaciones” centrouse, como non podía ser doutra maneira, no conflito árabe-palestino.
Para empezar, o organismo toledano citado, CITpax, é un punto de encontro que ten como obxectivo contribuír a resolver ou evitar conflitos internacionais, en xeral, a través do que se denomina “diplomacia de segunda vía” por medio de iniciativas de desbloquo ou complementación das vías oficiais cando estas non funcionan. No CITpax, xunto con Moratinos, Garrigues Walker, etc. tamén está Nabil Shaath, vice-primeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina, o que presume a súa neutralidade activa no conflito.
Na conferencia veu desenvolver moitas das ideas apuntadas xa no seu libro “Cicatrices de guerra, heridas de paz”, do que aquí tedes unha pequena crítica.
O ex-embaixador israelí en España, sefardita de Tanger é un hispanista coñecido, sobranceando o seu estudo das orixes da ditatura de Primo de Rivera. Como militante socialista (do Partido Laborista Israelí) formou parte destacada do goberno Barak –como ministro de exteriores- nos anos 2000-2001 cando se produciu entre outras cousas, a retirada do Líbano. Negociador de Oslo e Camp David, renunciou en 2001 a seguir no goberno de Sharon con teses contrarias ás do seu compañeiro de partido Simon Peres, por quen non oculta unha manifesta antipatía política.
Repasaremos unhas cantas ideas do que dixo alí:
A evolución do conflito parece que evolucionou desde problemas xeográficos –onde todo é negociable- a teolóxicos –onde nada parece racional.
O escenario anterior, a guerra fría, co que tiña sen dúbida de negativo, era un factor de estabilidade a nivel planetario, pois o equilibro a través da disuasión era moeda corrente. Un estado pode disuadir a outro, pero non a un grupo que non teña a responsabilidade de estado, por iso se producen agora guerras asimétricas. Para moitos grupos terroristas, tipo Alquaeda, apoderarse dun estado só traería problemas, polo que é moito máis operativo funcionar desde fóra. Así, sen capacidade de disuasión, nin case de pacto as novas guerras son asimétricas.
Ademais no escenario actual, tamén desapareceu case o medo ás guerras preventivas. Despois do fracaso manifesto da invasión a Iraq, nin se quera a opinión pública estadounidense apoiaría un escenario de guerra preventiva con Irán.
A guerra do Iraq foi un erro importantísimo e trascendental. Primeiro porque non se trataba de consolidar o status quo da rexión como fixera Bush pai ao intervir en favor de Kuwait, senón de alteralo, e nunha zona tan especialmente sensible. Súmaselle a isto a eliminación do réxime Talibán e os inimigos de Irán desaparecen co que xorde unha nova potencia indiscutible na rexión. De feito, ademais, estas dúas intervencións, supuxeron case a desintegración da “Liga Árabe”, transformando o problema de enfrontamento nun enfrontamento do “islám” e non do “mundo árabe” co que se amplía o escenario.
Así as cousas, a resolución do conflito árabe israelí, precisa a todas luces, non suporá automáticamente, a resolución do conflicto entre o mundo islámico e o occidental. Caso tamén do fracaso das dúas políticas de integración das minorías musulmanas en Europa. O modelo inglés de respecto levou ao que vimos no metro de Londres, e o modelo francés, ás revoltas dos barrios, iso que estas tiñan un compoñente radicamente social, de mocidade sen esperanza.
Opina que nestes momento os USA non se preocupan do problema isaraelo-palestino porque lle queda moito máis lonxe que a Europa. Hai ademais un diferente “ethos” á hora de enfrontarse aos problemas. Non en van Europa fala sempre de “desafíos” e USA de “ameazas” pois se unha corresponde á preeminencia do confronto de ideas, o outro relacionase coa pura forza.
Fixo un pequeno repaso polos fundamentalismos, xudeo –que se opuña aos acordos, moi minoritario-, critián –os grupos evanxelistas que apoian a Bush- e musulmán, que todos vemos. A confusión política teoloxía leva a unha situación insostible. Jomeini xa dixo “O islam é política ou non é nada”, como idea de abranguer todos os ámbitos da actividade humana. “A relixión convertida en politica é un desafío á convivencia”.
Volvendo sobre o integrismo islámico, a UMA, o sentimento de pertenza á nación islámica está absolutamente por riba das pertenzas a nacións máis ou menos artificiais de fronteiras novas. Hai que valorizar políticamente o islam e abrirse a falar con eles, porque fóra non hai nada. Hoxe a disxuntiva é simplemente “autoritarismo laico” ou “democracia islámista” porque as sociedades, sen clase media, nin cultura liberal, optan sempre que teñen capacidade de decisión, polas alternativas islamistas. Léase Hamas ou o FIS en Arxelia, onde o mundo saudou o golpe de estado para frear o ascenso ao poder, lexitimamente, do FIS.
O islamismo sobe pola corrupción de reximes autocráticos asociados a occidente. Só un 12 por centos dos votantes de Hamas di que votan por islamistas, a maioría por outras cousas. A oposición a occidente xira ao redor do enfrontamento con USA, no que Estados unidos ten unha evidente parte de culpa, pero hai sempre un odio á superpotencia mundial. Fose España no seu día –a lenda negra de España en América- a Inglaterra –a pérfida albión- ou a USA hoxe en día. Pero os USA teñen tres poderes sobre o mundo: O económico, o militar e o non menos importante, como productores de cultural popular a nivel plantenario indiscutida (Hollywood, Os Simpons, Mc Donals...). Por iso, moitas veces, a revolta diríxise a todo.
Por outra banda, Israel fixo paces volvendo ás fronteiras do 67 estables: con Exipto, por exemplo. Fixera a paz con Líbano, cando a retirada de man do ONU no 2001 só que non se respectou da parte Hezbolá –guerra asimétrica porque non era un estado o que atacaba, senón un grupo. El non era partidario de responder, nin sequera co secuestro dos soldados, pero entende que a xente se canse, como así entendeu o mundo árabe que tardou en manifestarse para darlle unha lección interna aos seus islamistas radicais.
Se non foron quen de facer a paz con Siria –teóricamente a diferencia que había en Golán era de 15 m. nas liñas de demarcación- foi porque Siria no final se negou porque “A guerra une, a paz divide”. Os réximes autocráticos non viven ben sen inimigos externos. E todos os estadistas desa zona que asinaron paces (de Sadat a Rabin) morreron asasinados. O propio Arafat seica lle dixo en Camp David cando lle ofrecía non sei que cousa “seica queres virme ao enterro?” coa idea de que o que asine a paz, é sempre un traidor, porque sempre hai quen quere ir máis alá.
Clinton intentou a paz durante os dous mandatos, cousa que Bush fillo nin se lle pasou pola cabeza. Hai unha evidente falla de vontade política polo que nesta xeración é imposible algo máis ca unha paz fría como a que hai con Exipto.
Sobre a construción do muro dise que é unha solución proposta polos socialistas no seu día –e que fora atacada pola dereita- porque significaba renunciar a Samaria e Cisxrodania, que a dereita cría integrante do vello Israel. A propia construción do muro, sobre as fronteiras internacionalmente recoñecidas a Isarael, non debía ser motivo de escándalo, porque limitan a terra recoñecida internacionalmente é, cada un na súa casa, fai o que quere. Sobre todo para defenderse de ataques suicidas.
Fala do relativismo moral dunha ONU que, coa maioría automática, pide unha investigación sobre os bombardeos seica esquivocados do outro día –á que el non se opnón, porque se non hai nada que ocultar, así está ben e se hai culpables conscientes, que se castiguen- pero ao tempo, ninguén fala dos centos de miles de mortos de Darfur e doutros xenocidios entre musulmáns ou outras cousas. ¿Vale tan pouco a vida dos africanos ou dos doutros lugares do planeta? ¿Só interesan os palestinos?
Pese a todo, ve elementos positivos.
O revolcón das eleccións en USA cre que pode animar a buscar outros camiños. De feito, R.Gates, un dos asesores que xa fora con Clintón, ten descartado o ataque a Irán e pensa que hai que falar. A propia “Alianza das civilizacións “ proposta por Jatamí hai anos e revivida por Zapatero, pode ser interesante, sempre que non se convirta nun intento de “mea culpa” occidental polos “males” inflixidos ao mundo. Todos temos cousas das que non estamos orgullosos e só desde o momento en que ambas sociedades asuman as súas posibilidades, se pode chegar a algo. A vía, se cadraa única vía debe ser o desenvolvemento económico, pois estados como Singapur, Indonesia e Malasia, por exemplo, parece que van conxugando o islamismo de amplas capas sociais co desenvolvemento económico o que deixa ao radicalismo en minoría. ¿E posible a evolución dentro do islamismo a posturas de convivencia con occidente? É difícil, pero hai que apostar por elas, o que é estéril é seguir apoiando ditaduras impopulares porque ao final, todo acaba rebentando, e o islamismo, cando chega ao poder, por pura lóxica de conservación, trata de sobrevivir no mesmo. Por iso, no seu día, non foi mala noticia que Hamas se pasase ao terreo político. Hai que falar con eles.A cousa está crúa.
Despois da fin da charla, houbo varias intervencións, case todas moi críticas con Israel e creo, que desinformadas desde o punto de vista da historia e sen contemplar a flexibilidade e apertura dos puntos de vista do que dixera Ben Ami.
Un par de ducias de gamberros agardaban a saída dun dos líderes da paz en Israel chamado a ser o artífice da paz en Medio Oriente, se que é posible.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
37 comentarios:
Betanceira Dolores Vazquez Mosquera....¡Inocente!
Ben Ami foi unha grande esperanza para a paz, e é de celebrar que siga activo e con ilusión.
Os que protestaban a saida, non eran gamberros, senón persoas altamente ideoloxizadas, con boas intencións pero cunha distorsión informativa moi grande. Actuán guiados por uns clichés da vella esquerda, antiisraelí. Os presupostos maximalistas propalestinos buscan identificicacións coa súa causa dende a pura demagoxia.
Marcialg
Si que é raro si, que teñan hoxe en día eses clichés esquerdistas trasnoitados contra Israel, un país que se deixa querer co seu comportamento sen mácula, sempre afastado da violencia.
non fun a conferencia pero quédome abraiado cos comentarios ditos. A min, de sempre, góstame en xeral caso todo o aleman. Na filosofía, na música, na escrita, a sociedade en si mesma alemana, a sua formación nacional e non digamos o seu país. Só coñezo o suroeste e é unha maravilla. Pero como digo e sinto ísto, eu creia que era evidente para persoas como Marcos Valcarcel que sigo nos seus artículos, que unha cousa é a opinión dun ciudadano dunha nación e outro o comportamento o longo dos anos dese pobo. E como decía un avidador ingles dun bombardeiro que arrasou algunhas cidades alemans, "a pena foi que deixamos algún vivo". E non era un esquerdoso desinformado senon un coronel de aviación ingles. Como él digo, non pode quedar ningún israelita vivo. Votan os seus gobernantes co publicitado e confirmado desexo que arrasen sen piedade a nenos, mulleres, minusválidos e demais xentiña que seu único mal foi nacer palestino, como os meus admirados alemans con os xudeos.¿acaso seran esta verbas fruto dun esquerdismo iñorante?¿terei que poñerme unha gafas de colores para ver as imaxenes de televisión? E é ben triste ter que escribir ísto neste blog pero ....xa non sei que pensar. un saudo.
Pódeselles chamar "gamberros" pois fronte ao foro da palabra hai o puro berro. Shlomo ten lidiado con touros enormes, e mesmo quere seguir facendo iso para achegarse algún día á vida máis pacífica que se poida. É un optimista, etc. Seguir con clixés saudosos do estalinismo ou do nazismo ou do franquismo e da conxura xudeo masónica... Ou é que Hitler, Stalin e Franco tiñan razón? Iso nin o amigo Pio Moa se atrevería...
Digo, seguir con eses esquemas trasnoitados e simplistas, (árabe bo, fága o que faga, israelí malo, faga o que faga) é pobre. Camilo Nogueira Román, que falou ao final, foi nesa liña. Creo que se equivocou, pois en vez de tratar de quedar de valedor dun impulsor do proceso de paz como foi e é Shlomo, parace que centrou nel unhas críticas que para el non deberían ir dirixidas... Pero, obviamente, non é un gamberro, porque escoitou, levou a contraria, e despois mesmo lle dixo a Carme Carballo que llo presentase para saúdalo. Un cabaleiro.
Os outros, os que non escoitan, os da rima fácil, o berro solto e a idea escasa, con poucos coñecementos de xeografía, menos de historia, máis de histeria, e moitos de política con orelleiras,
unha pena.
Os outros políticos... do PP, do BNG... ulos? Só vin a Méndez Romeu, que non falou, a Pablito PSOE, e a Camilo Nogueira. Ulo o aparello do BNG, ulo o Beiras...? Non aproveitar a ocasión de vir a Santiago un home da talla de Ben Ami? Témome que se levou unha pobre impresión desta Terra.
Ulo leituga1. Non o vin na conferencia. E debería.
Para usuario Anónimo filoxermano.
Non fuches á conferencia...
Abraiado cos comentarios?
Que tería que facer o Marcos? Sumarse ao carro da intransixencia e manipulación e silenciar as opinións sobre o acto de Shlomo?
Por favor. Clixés gastados en tempos que xa non se usan as "vietnamitas".
Penosísima a intervención do Usuario Anónimo coa súa admiración do Holocausto. Penosísima... é a palabra máis suave que podo e quero dicir.
É tan evidente o que dende hai décedas lle está a facer o estado de Israel ao pobo palestino, que non rebelarse contra eso e ser cómplices deses crimes. Logo búsquense as disculpas que se queiran pero os feitos son teimudos todos os días.
Observo Marcos, como se vai cinguindo sobre vostede o cinturón. En calquera momento acusarano de sionista e logo de seguido de xudeo. Coñezo o proceso. Parece que aos xudeos se nos nega calquera tobo onde reposar a cabeza, non chegamos nin a ser alimañas. Lamento, lamento esa cerrazón de concederlle as persoas defender a súa pretensión de verdade. Ser xudeo semella un estigma, ainda hoxe, e hainos que con mais ou menos consciencia andan a caza. Teño comprobado como o talante tolerante, o animo dialóxico se interrumpe cando se trata de Israel, e dos xudeos. En cambio estes mesmos, disculpan abusos e actuacións moito peores cando veñen doutras identidades e doutras ideoloxia. Non estamos a salvo, hai que ter esto moi presente. O odio ao xudeo, revitalízase con moita falicidade, e deseguido o dedo delator, sinala. Entón é xa demasiado tarde, se non se construi antes o Tobo, o refuxio, se non existese Israel.
Marcialg
1947 a ONU declara dous estados. Un xudío e outro árabe en Palestina. Inmediatamente os paises árabes atacan para arrasar Israel e, de paso, o único que conseguiron, abortar o estado Palestino-árabe e quedarse co seu territorio. Depois varias veces máis intentaron varrelos ao mar.
Entre o muro famoso e o mar hai só 15 km. nalgún punto. Israel móvese e intenta con varios lideres conseguir a paz -é unha democracia con palamentarios árabes, etc- Palestina, con Arafat de eterno e mutante lider. Desde os asasinatos das olimpiadas de Munich a Setembro Negro aos pactos do final, pero aínda así intentou algo. ¿Que israel non son santos? Por suposto. Non existen os santos.
E entre os palestinos tampouco.
Hoxe Isarel quere as vellas fronteiras de 1967, as recoñecidas pola lei internacional. Asinou con Exipto e non hai problema. Asinou no seu día con Libano e non hai problema -si con Hizbulá que non cumpre o pactado- de aí unha intervención sobre Líbano descerebrada e inútil, porque non domina xente como Shlomo... etc.
É todo moi complicado.
Se os árabes fixesen o que fixeron os alemáns cos do leste, e integrasen aos refuxiados de 1948 -que foron eles os que o propiciaron, "escapade para Xordania e para Gaza, así poderemos disparar sobre os xudeus ata aniquilalos" xa estaba todo arranxado. O que pasa é que os árabes putearon aos palestinos como quixeron, negándolle os máis mínimos dereitos nas sociedades de acollida.
Todo complicado, nada evidente. Todos teñen a súa parte de culpa.E a prensa occidental, como El País, por exemplo, tamén, pola súa parcialidade e por ese antixudaísmo tan fondamente enraizado na conciencia europea. De Fito Hitler a Paco Franco ou Pepe Stalin. Que busquen a paz os palestinos... ¿Como se vai negociar se o da outra parte non recoñece que tes dereito a existir?
EStamos tolos ou? Os nosos, aínda que se equivoquen, son os da nosa cultura. Por iso debemos tratar de que rectifiquen na súas equivocacións e camiñen cara a paz.
OS outros, eles, os do burka, os do home bomba, os da lapidación da muller,os de cortarlle a man ao que rouba, os de matar aos homosexuais, etc. con estes, debemos negociar, transar e convivir. Pero unha filla casada cun xudeu é casada cun da casa. E cun da outra banda... é un experimento.
Saúde
Parabéns ao autor da crónica. Foi un luxo asistir cara a cara a lección maxistral de alguén que é protagonista da historia. Cando Shlomo Ben-Ami fala de Camp David... el estaba alí.
As actitudes dos boicoteadores pouco podo dicir máis que profundamente antidemocráticas. É decepcionante asistir ao desnorte da esquerda orfa do Muro de Berlín que aínda sinte morriña do Pacto de Varsovia e do COMECON.
Só o desnorte da esquerda de salón pode facer "entendíbel" o apoio nos berros a grupos como Hamas ou Hezbollah. Perante a orfandade todo vale. Todo é "antiinperialismo", incluso un rexime cono Irán é loubado e apoiado por xentes que se din de esquerdas e que no propio Irán ficarían no mellor dos casos presos.
Está claro, contra Israel todo vale. A demagoxia, a manipulación interesada... sob a careta de "antisemitismo" agóchase a face máis preta da xudeofobia.
Que estos esquerdistas tentaran boicotear a Shlomo Ben-Ami só polo feito de ser xudeu e israelí da que pensar.
www.galiza-israel.org
Non sei se o señor asian damos me coñece, pero é cereto que non asistín á conferencia de Shlomo Ben Ami. Non por desinterese, senón porque non puiden facelo. Teño unha moi boa opinión do señor Ben Ami e comparto algunhas das opinións- non todas- contidas na mensaxe do señor asian damos sobre o conflito árabe-israelí.
Os gamberros "antiimperialistas"... ¿que quere que lle diga? Rapazadas...
Porén, non comparto esas teses que queren facer derivar cara á xudeofobia e o antisemitismo as críticas non só lexítimas senón tamén merecidas a moitas das actuacións ás que, desgraciadamente, nos ten acostumados o Estado de Israel.
Non me dá confianza unha persoa que desacredita a xente que está exercendo a súa liberdade de expresión como "gamberros". Todo o contrario.
isto é inconcebible ata cando este vitimismo israelita por seculam seculorum... foron machacados aniquilados está claro porque hai que dicir isto sempre para aclarar as cousas... é lóxico o que fan dende 60 anos??
por que non condear coa mesma forza que se condea ao "terrorismo islámico" ao "estado terrorista de israel"
por que sempre que se critica (impórtanme un bledo as relixións) a esta xentuza saen as mesmas tonterías para desacreditar a crítica???
non pode ser que un pobo que sufriu o que sufriu faga sufrir o que fai sufrir (ou quizais sexa por iso)
bah!
PAra o de "inconcebible, etc.".
Pode que o de "gamberro" sexa excesivo. Pero estabamos nun lugar de palabras para tratar de rebentalo a berros. Os alí presentes souberon que o conferenciante non tiña medo a debater.
Israel tense equivocado moitas veces. O Sr. Shlomo ben o dixo para quen o escoitou. Todos somos críticos co que hai que criticar... Pero non poñamos todo en pe de igualdade, meu.
Non é o mesmo vir de 6 ou 1o millóns de mortos que resistir unha guerra, a de 1948 que os quixo botar ao mar en contra dos ditados da ONU e que todo se complique logo, que ser obxecto dun xenocidio planificado.
Os árabes de Israel, representados no seu parlamento democrático, teñen unha voz viva e activa, crítica, moitas veces, co estado no que están. E así é a cousa.
Xa está ben de simplicidades rematadas con ese presunto despectivo "Bah", que califica a quen carece de argumentos.
o que dixen é xenérico e non simple... argumentos moitísimos, de verdade, mais non collerían nuns simples comentarios (argumentos, por certo, non meus vénse todos os días e a todas horas... quen quera non velos e falar neses tons revisionistas pois alá...)
pero podería dicir certas cousas xenéricas (non simples) como por exemplo: a destrucción continuada dun pobo como o palestino non só asasinando, impoñendo un ultra-apartheid paranoico, orwelliano, esquizofrénico e durante anos e anos planificar a súa desaparición. Entrando, arrasando, colocándolles cores como se dun xogo macabro se tratara, matando civís, bombardeos en lugares que non lles corresponde cando queren e como queren... falas da ONU non me fagas rir cantas resolucións a prol de cousas tan mínimas e irrisorias nunca levadas a cabo. Por favor, isto si que non tén comparación.
Por que pagar toda esa xente por parte dun estado que utiliza armas ilegais en contra das resolucións da ONU o seu trauma salvaxe de millóns de mortos hai anos.
Por que a comunidade internacional nunha especie de complexo de culpabilidade consinte isto???
por que a construcción do muro (que son muros, en plural) por que os campos de refuxiados, por que os nenos mortos, por que Chabra e Chatila, por que tantas cousas!!
sigo dicindo moi alto que me la pelan as relixións e que por suposto son conscente do que foi o holocausto xudeo mais son conscente do holocausto palestino.
Fin que canso.
Segundo información recente,aos detidos polas protestas foron maltratados na comisaria.
Esto é inadmisibel, escandaloso.
Eu non participo desas protestas, consideroas equivocadas. Pero que se maltrate na comisaria a xente por expresar a súa disconformidade, pareceme moi preocupante. Moito, e vennos a recordar que a democracia empirica española deixa moito que desexar, que non é de fiar. Lembrese os malos tratos, e a tortura consentida en Euzkadi. Esto sí é unha lesión grave de dereitos fundamentais. Aquí si que non podemos mirar para outro lado, defender a democracia fora, e tolerar estes métodos por aquí.
K
“Israel tense equivocado moitas veces”, di o señor “asian damos”. Se só fosen equivocacións, equivocacións témolas todos, pero estamos falando doutra cousa.
A política planificada e executada durante decenios polo estado de Israel contra os palestinos non se pode chamar equivocación. Eso é un insulto á intelixencia e á decencia, eso é un exercicio de cinismo moi forte habendo tanto crime e sufrimento polo medio.
E mire que lle digo, señor “asian damos”, que non poño en dúbida por un segundo o sufrimentos e os crimes padecidos polos xudeos en séculos e especialmente no holocausto nazi, pero agora non estamos a falar deso. Agora estamos a falar do que o estado de Israel lles está a facer aos palestinos (e a algúns máis, véxese o Líbano).
É preciso describir todo o que lle fai Israel aos palestinos, non o temos visto e lido mil veces. Roubarlles a auga e as mellores terras, exercendo un apartheid que non ten nada que envexar ao de Sudáfrica, arrincándolles as oliveiras, esnaquizándolles as casas, asasinatos cotiáns.
E todo iso adubado dunha linguaxe que xustifica todo iso para defenderse do terrorismo palestino. Os ataques do exercito israelí é o máis grave terrorismo que hai na zona. A política de Israel é unha política terrorista, terrorismo planificado, case sen diferencias entre os gobernos duns partidos ou outros.
En fin señor “asian damos” ten vostede un funil cunha boca moi grande e un bico moi estreito. Analice os feitos de agora, non me fale do que pasou no 48, ou antes para xustificar o inxustificábel.
o anónimo filoxermano dixit: Meu querido Asian, tes rason meu, os sionistas hai que daros a rason, sen rechistar, porque sinon os meus fillos poden ser asesinados sen piedade e en público, para que aprendan as ratas coma eu, como acaban os que se atreven a seguir vivos tras 60 anos de holocausto continuado. Claro, todos temos merda que ocultar, pero o bo que tendes vos e que, como sodes democratas, podedes asesinarnos impunemente diante da televisión. E claro, que non se lles ocurra a esta pobres mulleres con saia e velo vir a axudarnos porque directamente e sen perxuicios a asesinades sin piedade, porque nos somos eses fanaticos, iñorantes, da lapidación, etc. Si meu ben, nos non somos iguales a bos, que nos dera ter os miles de millons con que papa USA os abenzoa, nos non temos o bomba atómica (por certo utilizadea de unha puta vez e iredes todos os paraisos respectivos), nos non fumos a terra de ninguen a roubarlla e aniquilar os seus habitantes. Os feitos son claros, os imperialistas democraticos sodes iguais, uns fracasados que acabaderes purgando o veneno que seguides a sementar. Un saudiño e vai para tua democratica terra a facer un pouco de tiro nos fanaticos de 3 meses,cariño.
eu fun a conferencia non me deixaron entrar, por estar o aforo completo (iso dician) son proisraeli e apoio a israel esas manipulacions de chamar xenocidio a algo que non o eh e demagoxico e fai pouco pola paz, israel cometeu errores como todolos estados e persoas pero destes desecerebrados da fpg ou calquer grupiño radical que defenden a castro a sua autoridade moral para criticalo queda moi anulada , o señor ben ami e un exemplo de coherencia en tanto nazis como stalos parece que se unen para ser xudeofobos e antisemitas que por certo se non hai estado palestino e so por mor de eles mesmos, por outro lado a o admirador de alemaña teña en conta que entre 1900 e 1930 o 70 por cento dos premios nobel eran xudeus , por certo victivismo xudeu? se iso e o que pretenden evitar deixar de ser victimas :) por iso se defenden a ver en que quedamos?.
CARTA DOS DOUS JOVENS ESTUDANTES DA USC DETIDOS E TORTURADOS EM 21 E 22 DE NOVEMBRO
Ante a gravidade dos factos acontecidos na capital de Galiza entre os dias 21 e 22 de Novembro, Aurélio Lopes e Iago Barros, detidos e torturado, queremos relatar o seguinte:
1) Efectivos antidistúrbios coordenados para defender da ira popular internacionalista a charla do ex-ministro dos Asuntos Estrangeiros do Estado terrorista de Israel detivêrom-nos irregularmente a propósito de presuntos actos de desobediência e injúrias à autoridade.
Minutos antes de começar a convocatória dumha concentraçom de protesto diante do prédio da Aula socio-cultural da CaixaGalicia onde Shalom Ben-Ami haveria dar umha conferência, dous agentes solicitárom o deslocamento dum carro para a nossa detençom alegando:
a-Ter sido chamados "terroristas" por um de nós. Várias testemunhas presentes defendérom-nos conhecendo que tal feito nunca tivo lugar.
b-Desobediência à autoridade por requerirmos umha justificaçom no momento em que, sem razom algumha, se dirigírom a nós para solicitar-nos identificaçom. Esta petiçom, realizada dum jeito intimidatório e prepotente antes inclusive de ter começado a concentraçom, seria a seguir satisfeita, motivo que nom saciou a sede repressora dos membros da Polícia espanhola.
2) Aproximadamente 20 minutos depois, fomos introduzidos numha carrinha policial compelidos por umha violência desproporcionada em que participárom umha dúzia de efectivos. Estes, arrastando-nos e agredindo-nos com patadas, forçárom-nos sem mediar palavra a penetrar no veículo. Antes de consegui-lo, Iago Barro foi brutalmente violentado nos seus genitais ao sofrer umha enorme pressom por umha mao policial, enquanto Aurélio Lopes era espancado e agredido com um cacete com que tentárom forçar-lhe o ano.
3) Umha vez trasladados à escuadra policial, três policias fechárom o garagem no qual se detivera o veículo, deixando-nos ao "cuidado" de três agentes, entre eles os dous que levavam o carro. Após saírmos do veículo, Iago Barros foi deliberadamente espancando com dous fortes golpes de cacete no lombo e as nádegas, enquanto transcorria o primeiro "cacheio" a que fomos submetidos. O maior dos polícias presentes tivo de intervir exigindo o seu companheiro que se tranquilizasse.
4) Levados à ante-sala dos calabouços, na qual aguardamos quase 5 horas sem ser informados sobre a nossa situaçom, fomos postos baixo vigiláncia, alternativamente desenvolvida por um ou dous agentes.
Passadas duas das 5 horas referidas, o polícia antidisturbios que provocou a nossa detençom no centro de Compostela baixou a "visitar-nos". Ante esta inesperada e agressiva apariçom e, em previssom do que puder ocorrer, os agentes encarregados de custodiar-nos abandonárom cobarde e cumplicemente a sala.
A "intervençom" desta auténtica besta supujo que Aurélio Lopes fosse agitado e insultado, trás o qual o agresor se dirigiu a Iago Barros, a quem propinou três punhadas na cabeça com a mao direita, a qual enfundara previamente numha luva de lá, mantendo ao descoberto a mao esquerda, o que pode dar ideia da intençom com que acudiu onda nós. Acompanhando a gesta de horror com insultos e ameaças consistentes em frasses como "enséñame ahora la lengua que te la troceo" ou "esta noche la vais a pasar en los calabozos. Iré a visitaros para meteros un cuerno por el culo. Preparaos". Ao abandonar o soto, e acreditando a natureza política das agressons, chamou-nos "desgraciados, bobos, terroristas".
5) Sobre as 22,30 horas, após o sofrimento padecido, e ante os flagrantes danos causados em genitais, costas, nádegas e cabeça, decidimos solicitar atençom médica para Iago Barros Aliás, solicitamos o Habeas Corpus devido ao intolerável procedimento da detençom seguido pola Polícia espanhola em todo o momento, interpretado ao ritmo de falsidades, insultos, ameaças e agressons.
Se a primeira petiçom foi demorada até as 2 da madrugada, a segunda foi denegada polo juíz, que nom achou irregularidades no procedimento.
6) Um de nós, a tratamento médico crónico de dous órgaos vitais, dirigiu-se à polícia com a finalidade de lhe ser facilitada a medicaçom precisa. A reacçom, semelhante às anteriores, foi afirmar que "isso fai-se num momento". Duas horas depois ninguém perguntara sequer qual era a medicaçom necessária, malia a nossa permanente insistência sobre este aspecto.
A medicaçom, solicitada às 22.30 para ser tomada às 23 horas, foi facilitada de jeito incompleto por serviços hospitalários às 03.30 da madrugada.
7) Finalmente informados, por volta das 01.00 horas da madrugada da nossa situaçom de detidos em qualidade de 4 delitos atribuídos (danos, desordens públicas, resitência à autoridade e atentado), fomos internados em calabouços, onde permanecemos a noite toda até às 09.00 da manhá sermos despertados para falar com o advogado e passar a instruçom.
Dito o qual, Aurélio Lopes e Iago Barros desejamos pôr em conhecimento de todo democrata galego a detençom irregular de que fomos vítimas e, particularmente, a tortura impingida durante o tempo que estivemos custodiados pola polícia.
Achamos doloroso termos sido sujeitos passivos de violaçons tam brutais mas, ante todo, achamos intolerável que na Galiza do século XXI, uniformados espanhóis se dignem a torturar em dependências da Polícia espanhola jovens galegos pola sua condiçom política.
Queremos rematar reconhecendo o trabalho mais importante do processo. É esse trabalho que fixo a gente desde o primeiro momento em que fomos levados polo ár. Ainda agora, escrevendo estas linhas, lembramos com emoçom o momento no qual os concetrados e concentradas rechaçárom a violência empregada e berrárom desde a injustiça contra os armados.
Muito obrigado a todas as pessoas que saírom o mesmo dia dos feitos à rua a denunciar o acontecido, a quem se concentrou até a nossa posta em liberdade, a todas as organizaçons e colectivos que tirárom comunicados, e a todas as pessoas que se interessárom por nós.
Agora mais do que nunca decatamo-nos do importante de construirmos um movimento social que ante estes feitos nom tem mais regras das que a democracia.
Por todo isto, apelamos a massa galega comprometida com os direitos fundamentais a tomar nota do relatado e agir em conseqüência.
CONTRA A REPRESSOM, MOBILIZAÇOM!
NENGUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA!
TORTURAS NA GALIZA NUNCA MAIS!
FORA AS FORÇAS DE OCUPAÇOM!!
¡¡¡Jasús, Virghen santa!!!
Que poliédrica é a realidade.
En que mundo viven estes rapaces.
Non me creo case nada dese comunicado. Puideron quizais ser empurrados, pero nada máis. O que pasa é que estes rapaces aproveitan a ocasión para facerse os herois e putear as "Forças de Ocupaçom". Algo típico e xa moi manido, meus.
Comungara cunha roda de muíño é moito máis fácil que cun parque eólico completo, que é o que é a "informaçom" deses mozos.
É simpático chamarlle "carrinha policial" aos autos da polocía.
Quen si comungou con rodas de muíño e con parques eólicos foi o deputado Bieito Lobeira, que disque vai levar o asunto ao parlamento. Vivir para ver!
O Bieito Lobeira ten que defender o seu pan...
¿Sabe alguén de que traballaba antes de meterse a político profesional, tan noviño?
Varre para a súa parroquia radicaliña, que outra non ten...
Coincido co comentario de Etxeokeai, pero tirar as conclusións que veñen a continuación é moito supoñer. ¿Poden asegurar que non houbo os maos tratos que din recibiron?
¿Non fai ben o deputado Lobeira en interesarse polo acontecido se existir sospeitas de abusos policiais? ¿O feito de denominar "carrinha policial" ao coche da policía invalida o que din na súa carta?
Non podo seu asegurar nin sequera se son eu un soño imaxinado por ti.
A razonabilidade é o que nos fai vivir polo mundo sen ter o cu de palla nin andar cun avogado ás costas.
Alí non houbo malos tratos. Só uns antidemócratas interrompendo unha conferencia no seu comezo e uns cantos exaltados berrando á saída. Sen máis. A policía fascista, meu señores, pasou á historia. Polo menos hoxe en día neste país. Eu síntome máis seguro, supoño que como calquera persoa sensata, baixo a actual policía e réxime que baixo o réxime e a policía que desexarían os que redactaron o alucinado comentario ese de aí arriba.
PD/ O que invalida a carta non é o de "carrinha da policía" é todo o ton e o toda a invención... Querer meterlle unha porra polo cú? Falan en serio? Tácticas de Goebels, difama que algo queda...
Vamos, vamos, vamos.
Un pouquiño de sentido común.
Eu tamén estíven alí.
A verdade é que os rapaces estes déixanse levar por esa retórica de Primeira Linha, un pouco norcoreana, que non lle fai ben ningún á verosimilitude do que contan. O do "cacete" polo cú, os golpes en comisaría, as "espancadas"... O de que a un o colleron polos güevos, iso si que o creo, porque os policías nosos tamén ven moita serie de TV e moito thriller e gustan de mostrarse "expeditivos" diante destes rapaces. E ao mellor algunha labazada tamén lle caeu a algún deles, non poñería eu a man no lume. Pero tal como eles o contan... ¡Torturados nas mazmorras fascistas espanholas! E eles, ademais, a si mesmos retrátanse como auténticos santos, coa actitude do cidadán de clase media que desfila en silencio polas rúas en protesta polo atentado do 11-M. En fin, á marxe de que as acusacións sexan certas -que poden selo- eu creo que os perdeu as ganas de autoconverterse en "heroes".
Presentaron unha denuncia diante da Justiza de Ocupaçom Espanhola. Ben, pois que se investigue. E se se demostra que algún funcionario policial se extralimitou nos seus cometidos, deberá ser castigado.
Amigo Leituga1:
Se eu digo: o gobernador civil de ourense, disfrázase de noite de skin e vai zoscarlle aos homosexuais de Vigo... ¿Hai que investigalo?
A verosimilitude é o centro do tema. Se unha cousa é disparatada, como o comunicado ese, pertence ao mundo da literatura. Da mala creación.
Se un policía empurrou a alguén... xa me dirás como se saca a dous tipos berrando diante dun que exerce o seu dereito ao foro da palabra...
Senillosa dixo aquilo que os do 23 F non eran xente de letras porque non o deixaban falar, ler nin escribir... Eu creo que eses rapazolos tampouco eran xente de letras... Boeno, si, inventan un conto para quedar de mártires... e todo o que contribúa a amplificarlle a súa actuación -como estes nosos comentarios- están desviando o tema central. Un home de paz, falou criticamete da actuación do actual goberno israelí e do mal que o estaba facendo USA no seu territorio e da necesidade que había de falar incluso con HAmas como el recoñeceu onte ou antonte en El País.
Non se pode permitir que calquera que abra a boca para calquera invenición teña dereito a que se abra unha comisión de investigación. Así só se xera desconfianza nas nosas institucións democráticas.
Saúde, meu.
Por desgraza os maos tratos nas comisarías non son algo do pasado no Estado español. Casos segue habendo e eu coñezo algúns, por eso non me sorprende o que din os rapaces.
Se o que quere dicir Parque Eólico é que non comparte o discurso, está no seu dereito. Eu tampouco o comparto e coincido con Leituga 1 en que forma parte do mundo de Primeira Linha, ou máis xenericamnete de NOS-UP, que a min particularmente paréceme un discurso político de alucinados, pero esa é outra cuestión.
Parque eólico non querer dicir que non comparta o seu discurso.
Quere dicir que a psiquiatría tamén entra na Seguridade Social. E é mellor recorrer a ela que ás comisións de investigacion.
Amigos Parque Eólico e Outro que tampouco comunga: Todos os cidadáns somos iguais e temos os mesmos dereitos diante da lei. Polo tanto, se estes nosos "espancados" presentan unha denuncia no xulgado acusando a determinados policías ou ao Ministerio do Interior enteiro de malos tratos, torturas e vexacións, esa denuncia deberá seguir o procedemento habitual. Outra cousa é que os xuíces decidan darlle ou non curso. Xa digo que o propio estilo acusatorio dos "caceteados" paréceme propagandístico, automitificador e pouco verosímil. Pero se se atenden denuncias de Raquel Bollo contra Maite Zaldívar e de Coto Matamoros contra María Patiño, paréceme lóxico que tamén se estuden denuncias de supostos delictos tipificados no Código Penal, independentemente de quen as asine.
Iso é o único que eu quería dicir, pois non comparto a opinión do señor Outro que Tampouco Comunga sobre unha posible pervivencia sistemática dos malos tratos e, de ningunha maneira, das torturas nas comisarías españolas. Tampouco nego que se poidan dar casos illados de golpes ou tratos vexatorios a algúns detidos, que seguramente se producen. Pero hoxe a Policía Española é moito máis seria, repetuosa coa lei e eficaz que todo iso. Se eu estivese a piques de ser detido, dende logo preferiría que me prendese a Policía Nacional que calquera policía local, das que, neste aspecto, desconfío moito máis.
Contábame un día, hai anos, unha amiga portuguesa que alí os estudantes teñen dereito legal a recorrer a súa nota tres veces. Se non lle dan a razón ningunha delas, perden o dereito, porque opinan que é un tocapelotas. Se lle dan a razón, loxicamente, poden seguir reclamando sempre.
Paréceme que teñen dereito a presentar denuncia e que o xuíz ten o deber de, de non ser certo, denuncialos de oficio por falso testemuño e por calumnias. Non pode ser gratis insultar e facer desconfiar a xente sensata do que alí pasou ou do que pasa nestes casos. A táctica do PP respecto do poder, nestes momentos, é a mesma. Fala, fala, fala, fala, que algo queda. Sempre haberá algún que diga, pois se cadra é así.
Pola miña banda, nin un segundo máis con estes individuos kaleborriqueiros.
Zapatero aprueba la compra del misil israeli Spike, de Rafael
Se cadra chego tarde a este foro, pero o tema non é coma para deixalo pasar. Estiven falando con un dos detidos e teño a firme convicción de que decía a verdade. Vinlle os moratóns nas costas, explicoume como fora o seu periplo e, polo que o coñezo, asegúrolles que non é o típico fillo de papá disfrazado de revolucionario (coma tantos e tantos compañeiros do BNG). Cando mo topei dixome que, así coma entraba eu na conferencia, el xa estaba detido a uns cantos metros da porta, e nese momento nin tan sequera había xente concentrada; eu non lle dixera que estivera na conferencia, e el non tiña outro xeito de sabelo. Sei doutro rapáz ó cal guinaron ó chan e lle metéron dúas patadas nas costas por sacar fotografías á concentración. Detesto esa pose antisistema de desconfiar sempre das forzas de seguridade, pero o que fixo a Policía Nacional ese día non ten ningunha xustificación. E nin simpatizo con Primeira Linha nin co arabismo acrítico de gran parte da esquerda, pero non debemos deixar de darlle importancia pola filiación política dos chavales.
Publicar un comentario