1 nov 2006


ENCONTRO DE ESCRITORES OURENSÁNS
(Primicia informativa: por unha serie de motivos, que agora non podo contar, o Liceo recupera a tradición dos Encontros de Escritores Ourensáns que o Clube Alexandre Bóveda celebrou, en catro edicións, nos anos 90. Colgo aquí o programa para os que andedes por Ourense o sábado 4 de novembro ou vos poidades achegar: faltan algúns nomes que están na mesma data no Galeusca, advirto xa de entrada. )

Organiza Sección de Literatura do Liceo Recreo Ourensán, nos locais do Liceo.
Sábado 4 novembro
11,00 h.: Inauguración do encontro.

11,30 h.: mesa redonda “A narrativa galega hoxe” coa participación de Alfredo Conde, A. Riveiro Coello e Ramón Caride Ogando.

12,30 h.: mesa redonda “Literatura de xénero e normalización cultural”, coa participación de Camilo Franco, Xosé Carlos Caneiro e Xosé Francisco Fernández Naval
13,30 h. Presentación de A esmeralda branca (Follas Novas, 2006), do poeta Manuel Vilanova, con presenza de Vítor Campio.

14,30 h.: xantar de confraternidade.

16,30 h.: Café-faladoiro literario, aberto ó público, dirixido por Xesús Alonso Montero e dedicado ó poeta Antón Tovar. No seu transcurso haberá un breve recitado poético de textos de Antón Tovar e Pura Vázquez, a cargo de Tereixa Devesa e Loli Conde.

18,00 h.: mesa redonda “O idioma na normalización cultural”, coa participación de Millán Picouto, Iolanda López, Afonso Vázquez Monxardín, e Marcos Valcárcel.

19,15 h.: Recital musical de Anxo Rei sobre poemas de Antón Tovar, presentado por Delfín Caseiro.
20, 00 h. Clausura.

(Imaxe: a extraordinaria foto que Blanco Amor lle tirou ó Antón Tovar en Castro de Beiro, c.1965-1969).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois por alí estarei, se non hai contratempos. Son aficionado como vostede, creo que o collin de vostede, ese amor polo Ourense literario. Pero non se ovida de ninguén?. Mire que a miña afición levoume a abrir os ollos, e cometería vostede estimado ex profesor unha crasa inxustica.
Karlos

Marcos Valcárcel López dijo...

Aclaracións: chamamos a moita máis xente e, como é lóxico, non todos poden asistir. Moitos están fóra, algúns no Galeusca, creo que en Navarra (p.ex.Bieito Iglesias) e outros en viaxes particulares (p.ex. José María Pérez Álvarez). Outros, por diferentes motivos, non quixeron asistir nesta ocasión ou tiñan outras obrigas. A convocatoria fíxose con moita premura, por motivos administrativos, e en dous ou tres días non foi posible facelo mellor.

Anónimo dijo...

Unha marabilla de foto a que lle tirou Blanco Amor ao inesquecible poeta ourensán.

Anónimo dijo...

Xente preocupada pola lingua, vistes isto? http://www.youtube.com/watch?v=x9D4ofmwXhk

Éche a repera! Aínda non paro de rir!

Anónimo dijo...

Moi boa a foto de Antón Tovar. Noraboa polo blog das uvas. Pero na súa listaxe doutros blogs aparece un anónimo que se chama O vixía no centeo, que seica pode responder a alguén coas iniciais XANC, segundo un blogueiro tamén anónimo. O certo é que estes días non atopo ese blog, ¿por qué será? ¿Pillárono entre as pallas e escapou?