5 nov 2006

A esmeralda branca
(Pan por Pan domingo 5 novembro)

Escribo dende o Liceo, nun descansiño do V Encontro de Escritores Ourensáns, cita que está a ser un éxito, tanto na resposta dos asistentes como na riqueza dos debates tralas mesas redondas. Ademais, presentamos un libro de certo monumental, en todos os seus sentidos, o extenso poemario “A esmeralda branca” co que Manuel Vilanova volve á poesía en galego tras case vinte anos de silencio lírico: un moi valioso roteiro de sentimentos e emocións arredor desta nosa cidade auriense e das súas paisaxes natais de Barbantes e O Ribeiro.
Nos debates entrecrúzanse temas literarios, sociolóxicos, económicos e de mercado e ata políticos. Entre todo o dito, prefiro quedarme cun dato optimista que subliña Fernández Naval: temos, ademais dunha calidade literaria indiscutible, varias xeracións a escribir en galego, dende os 80 ós 16 anos. O futuro esta asegurado.

(Imaxe: foto de Pena Corneira, presente tamén no poemario de Manuel Vilanova. A foto procede do blog de Carlos Sánchez Montaña, www.callaecia.blogspot.com)

8 comentarios:

Vicente dijo...

Lamento non compartir o optimismo sobre o futuro literario do galego. Oxalá teñas razón!.

Moralla dijo...

Podo engadir que non se trata de dicir: son optimista ou son pesimista.
Trátase de actuar, de loitar pola nosa lingua e pola nosa literatura dende a escrita, a fala, a concienciación individual e colectiva a través da educación, non só na escola (sempre lle cae todo aos profesores), senón tamén no fogar, na familia, e tamén no entorno; despois o futuro xa se verá. O que temos que "traballar" é o presente.
Felicito aos organizadores do acto no Liceo,agardando haxa máis encontros, así como a Manolo Vilanova polo seu libro A esmeralda branca que comencei a ler onte pola noite.
Parabéns aos dous, e ao resto de todos /as os/as participantes e asistentes.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

colgenos fotos do evento para que nos poidamos ver

Marcos Valcárcel López dijo...

De momento non teño fotos; se mas pasan colgarei algunha aquí.

Anónimo dijo...

Como se pode dicir que se pasa un cinco anos escribindo un libro de poemas. E para darse importancia? Menos mal que sempre podemos seguir a ler a Rosalía ou Leopardi.

Anónimo dijo...

Eu comparto o optimismo sobre o futuro literario. Do que non estou moi seguro é do non literario...

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu tamén me refería ó futuro literario. Do outro, todos temos serias dúbidas...

Anónimo dijo...

Estan vostedes feitos uns metafisicos perdidos.
O literario...o mundo das ideas, das formas.
mais como se relacionan entre si as formas?
como se relaciona o literario co mundo?
Non será precisamente que vostedes creen na potencialidade do literario como consecuencia de non creer na potencialidade do mundo?
Que sentido ten ese dualismo, se non o dunha fuga.
IMPOSIBEL.
Vostedes saben como seres extremadamente intelixentes que non hai saida, a porta que abre o literario conduce ao mundo, a un mundo mais lonxano, en fin a experiencia do real, mais alonxandoo podese pairar, entreterse, se é esto o que voses lle piden a literatura.
un saudo
karlos.