Exiliados.
Cando Castelao escribe no seu exilio de Buenos Aires o “Sempre en Galiza”, está a pensar non só nos galegos que o arrodean en América, senón sobre todo nos que quedan na Galicia do interior e nos que virán despois: isto é, as xeración futuras ás que quere deixar o seu testemuño persoal do galeguismo de preguerra. Por iso é necesario recoñecer o labor dos exiliados: somos nós, tantos anos despois, os destinatarios das súas mensaxes. E por iso merecen todos os parabéns os promotores da Biblioteca do Exilio (Díaz Pardo e Charo Portela no noso país), que están a editar un total de 100 obras dos exiliados republicanos nas catro linguas do Estado, 37 xa publicadas. Entre elas, as creacións de autores tan notables como Max Aub, Ramón J.Sender e Bergamín, pero tamén doutros menos coñecidos como Juan Rejano, Juan Chabás ou o noso Lorenzo Varela, entre outros.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
2 comentarios:
Sempre en Galiza é un libro que todo emigrado ten que ler... Como estou facendo eu, aínda que estou de exames jeje.
Si, señor. Esta é unha das iniciativas máis fermosas, xustas e necesarias xurdidas no mundo editorial galego en moito tempo. Creo que, ademais de Isaac Díaz Pardo e Charo Portela, hai que citar tamén ao que é a auténtica alma intelectual da colección, o profesor Manuel Aznar Soler, da Universidade de Barcelona e probablemente o mellor coñecedor vivo de todo o exilio literario e cultural español.
Publicar un comentario