PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
3 comentarios:
Non convén confundir o desexo coa realidade: Galicia neses anos non contruiu ningunha nación. Comezaron movementos galeguistas pero sobre todo comenzou a república, que era máis social que nacionalista. Gusta moito escribir ese tempo coma a epifanía do nacionalismo. Pero foi tempo para a esquerda, non para o nacionalismo. Por moito estatuto de autonomía que fora aprobado o 36.
Pero si houbo un proxecto, consciente, de construción dunha nación, en sentido dinámico e nada esencialista. Foi tempo tamén de democracia e de esquerda, pero tal cousa non é incompatible coa epifanía do nacionalismo: de feito, naquel momento unha parte do nacionalismo sentíase parte dese movemento da esquerda e a sociedade viu os nacionalistas como integrantes dos novos tempos de renovación democrática. Por iso os seus escritores eran convidados, con entusiasmo, a colaborar nos xornais progresistas e republicanos, dende La Zarpa ó Galicia de Vigo, entre outros. Non podo aquí colgar a miña conferencia, que basicamente se desenvolve con imaxes (máis de 100), pero nela preséntase de forma realista e nada idealizada o que eu chamo proceso dinámico de construción nacional, pensado por unhas elites e impulsado polo conxunto da sociedade máis consciente. E non me refiro só ó plano político, que mesmo é reduccionista: falo sobre todo de cultura, da literatura, da loita pola normalización do idioma, da música e dos coros populares, do teatro e do cine, das artes plásticas e da arquitectura, do deporte e do cartelismo, da emigración, etc... En fin, un abano amplísimo de realidades culturais esplendorosas nun período moi breve e irrepetible da nosa historia.
Eu creo que é un problema de conceptos. Desde o meu modesto punto de vista, vexo como un problema conceptual denominar a ese glorioso período "de construción dunha nación", o que non é óbice para que todo o que enumera Valcárcel sobre o mesmo sexa plenamente correcto e exacto. Mais todo é opinable, por suposto.
Publicar un comentario