15 nov 2006


Máis de abusos cotiáns
Pan por pan, mércores 15 novembro

Sigamos cos abusos cotiáns que sufrimos, dende o teléfono, dende as pantallas de televisión e dende outros lugares. Velaí a estulticia de moitos anuncios televisivos que padecemos sen defensa (agás a posibilidade de apagar o televisor) : un deles presenta un paspán que tropeza contra a andamiaxe dunha igrexa románica en restauración para logo dicir: “Bien, no hemos hecho mucho por las gárgolas medievales, pero...”. Todo iso para vendernos un automóbil: nun país que despreza a cultura e deixa caer en anacos o seu patrimonio artístico.
E que me din das enquisas e das estatísticas? Alguén cre aínda nelas? Esoutro día un xornal galego publicaba unha que “demostraba” que os mozos len cada día entre unha e catro horas diarias: supoño que en calquera empresa seria o responsable de tal disparate estaría xa castigado a pegar selos durante moitas semanas.
(Imaxe: Beckmann, A toilette, 1923)

6 comentarios:

Moralla dijo...

Bo post!!Tiñamos que condenar a publicidade á fogueira!!É destructiva cos auténticos valores humanos!!

Moralla dijo...

Claro, depende que tipo de publicidade

Anónimo dijo...

Vai ser verdade o que di moitas veces meu pai: "os periodistas inventan as noticias..." O que si ocorre (poden coller unha calculadora e botar contas) é que se un rapaz a tele unha media de 2 horas diarias, ao cabo de 20 anos levará 2 anos da súa (24 horas ao día) vida dedicado a ver a tele.
Estas son as leituguiñas que está a prantar o sistema capitalista post-industrial ("o menos malo dos sistemas").
Logo ficamos pampos cando resulta que un alumno malla nun profesor mentres a súa moza o grava todo nunha cámara de móbil e logo, como na tele, intentan venderlle a "noticia" ás cadeas de TV que, ao final, botan as imaxes...

Marcos Valcárcel López dijo...

Poucos rapaces e rapazas, por desgraza, entrarían hoxe nesa categoría dos que len 4 horas diarias; moitísimos, nos que ven TV ese mesmo tempo e moita publicidade. E algúns tan "espabilados" que xa saben de qué vai o conto: vendo/merco, merco/vendo, aínda que sexa explotando agresións a profesores e cousas semellantes. O das TVs e os cen intentos de control (autocontrol, dicían!!) programados, seica non ten remedio...

Anónimo dijo...

...pero é que, ademais, o anuncio é tan burro que a escena ocorre nunha igrexa que non ten gárgolas medievais! É a típica igrexa castelá de fábrica do XVII. Ou sexa que aínda peor.

Anónimo dijo...

Gargolas premedievales, di o animalciño do locutor... E a igrexa, como di magago é a que é.
Publicidade para parvos.