2 nov 2006

O novo Atila
(Pan por Pan xoves 2 novembro)

Falamos na tertulia do pasado venres do urbanismo e da corrupción. Estaban presentes persoas moi ben informadas sobre temas de planificación urbana, patrimonio, restauración, etc. Saíron a relucir algúns dos desastres que a nosa cidade padeceu nas últimas décadas (algúns mesmo bendicidos por especialistas como Pons Sorolla) e tamén os que están agora enriba da mesa. Sobran leis e regulamentos para protexer o patrimonio, díxose, o problema é facelos cumprir. Houbo voces pesimistas: son tan fortes os intereses económicos que se moven que a busca da racionalidade é unha tarefa case heroica. Semella que o actual goberno da Xunta quere imprimir seriedade e control sobre o urbanismo: anunciáronse moitas medidas nesa liña. Deixarano? Porque, unha vez estragada a cornixa do Mediterráneo, seica lle toca a Galicia soportar este novo Atila.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ese non é Atila: é Sam Ramey, un barítono impresionante facendo de Atila. E o actual goberno da Xunta parece que sí, pero en Vigo parece que os mesmos do BNG din que non. En fin.