22 nov 2006


Pau Casals.

Como é ben sabido, Paul Casals (1876-1973) foi un gran músico catalán, defensor da Paz e dos Dereitos Humanos e autor dun Himno da Paz. Catalanista e antifranquista, falou e cantou en catalán en 1971 na ONU (“Cant dels ocells”), revolvéndolle o bandullo ó réxime franquista: foi a primeira vez que souben eu, cando contaba 13 anos, da existencia de Cataluña como país.

Na película “La escuela fusilada”, sobre a represión dos mestres da República, contan unha preciosa anécdota que o retrata con dignidade: o 18 de xullo de 1936 estaba tocando nun concerto nunha fábrica de Barcelona, cousa que facía a cotío, fundando Escolas Musicais para achegar a música ó mundo obreiro. Avisárono de que estoupara o golpe franquista, pero el decidiu seguir tocando. E engadiu: “Continuemos porque pasarán moitos anos ata que poidamos volver a facer isto nun lugar coma este”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Paus Casals é un grande musico.Un interprete do romanticismo extraordinario, incluso cun Bach romántico. Foi para min unha compaña de moitos dias, de noites e alboradas. Seu Chelo escuro, que así pola calada vai espetando nos pregues da sensibilidade o acento dunha melancolía, lúcida, triste e atremolada. Unha voz de roce entre o ar e,a minima palabra.
marcialg