27 nov. 2006


Solidariedade 2

Xa nos referimos, máis embaixo, ó conflicto "dalgúns veciños" do barrio de San Francisco en Ourense, que se negan a acoller nese barrio o novo local do Comité Antisida de Ourense.
Mañán axúntanse todos no Concello e o Comité demanda adhesións e apoios da sociedade. Non deixedes de mandarllos ó seu correo (creo que activo):
antisidaou@hotmail.com

(Imaxe de G.de Chirico)

2 comentarios:

Un amigo dijo...

Vergoña lles debería dar a eses veciños cuestionar a instalación no seu barrio do comite antisida. ¿Farían o mesmo cunha asociación contra o cancro? seguro que non.
Tristemente todavía hai xentes que seguen a considerar certas enfermidades como malditas e a estigmatizar ás persoas que as padecen.

Moralla dijo...

Todos/as a colaborar!!
Que razón ten o que falou arriba ¡¡
Seguimos a ter moitos prexuízos!

Eu traballei en Gales hai 6 anos nunha pequena ONG de apoio a enfermos de SIDA: Non hai nada máis fermoso e reconfortante que axudar á alguén que se sinte só e desamparado, nada.
A verdade é que no Reino Unido hai moitísimas máis ONGs en relación con Galiza.
Recoñezo que esa non é a solución aos problemas da nosa sociedade globalizada, hai que ir á raíz dos problemas. Mais AXUDAR a alguén que cho pide coa ollada triste é lindo, máxico, mellor que quedar cos brazos cruzados.