12 dic 2006









ANTÓN TOVAR NA UNIVERSIDADE DE ALICANTE

A Universidade de Alicante organizou un pequeno ciclo dedicado á poesía do poeta ourensán Antón Tovar. A iniciativa, que contou co apoio da Xunta de Galicia, partiu do escritor Xavier Carro, profesor na citada Universidade, que conta cun importante grupo de alumnos e alumnas da materia de Literatura Galega e que decidiu dedicar as actividades do ano 2006 ó autor de “Arredores” e “Non”.
O ciclo comezou o pasado 30 de novembro cunha conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor do tema “Antón Tovar na poesía de posguerra”, quen fixo unha demorada e rigorosa análise da personalidade do escritor ourensán, indicando que se trata dun dos máis relevantes exemplos da poesía comprometida do seu tempo en toda España, como poeta comunista e poeta ateo que reflexiona dende o espazo lírico sobre a súa máis fonda realidade persoal e colectiva.
O miniciclo rematará o próximo xoves 14 de decembro cunha nova conferencia, agora a cargo de Marcos Valcárcel, editor para o PEN Club Galego da Obra Completa en galego do autor de “Calados esconxuros”, co tema “Contextos literarios e culturais que marcaron a obra poética de Antón Tovar”.

6 comentarios:

Moralla dijo...

O gran poeta da soedade, da existencia, da tristeza encadeada á terra de Rairiz de veiga que el tanto amaba...Antonio Tovar, o artista de versos, o poeta da bágoa que quería ser carballo

Anónimo dijo...

Pois se vai en carro até Salamanca, teña coido con esas estradas. E non se esqueza de facerlle antes unha revisión, de levar cadeas e o depósito cheo e o móbil cargado.
Que disfrute da súa estadía en Salamanca, amigo Valcárcel.

Anónimo dijo...

Eso e acordese tamén de Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Está un pouco murcho este blog con vostede polo Mediterráneo. Xa nos contará polo miudo as súas impresións: pero non nos veña con alicantinas. Je, je.

Anónimo dijo...

Vaia, ho, que era a Alicante e eu entendera a Salamanca. Irá logo en avión. Que lle vaia ben.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Xuraría que o careca do señor Tovar ten dous cornos nesa imaxe.