Da polémica de moda...
Aínda non puidera ver o video do polémico Himno no Parlamento. Insisto en que a polémica me parece unha parvada, pero se o queredes ver, un anaquiño está colgado no blog Diario dum suevo. Tamén opinan ó respecto os blogs (citados na miña escolma, aquí á beira) Bouzafría e O porto dos escravos. A min, por certo, non me disgustou a polémica versión (polo visto neste anaco, incompleto).
Aquí, a ponderada opinión de Brétemas.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
21 comentarios:
A posta en escena foi un adefesio, silabeando a guitarra a letra na voz do cantante. Eso non é nin flamenco nin nada, é unha pesima adaptación. Pero o que ofende, é esa concomitancia andaluza. Se fose interpretado o himno ao xeito polinesio, non pasaría nada, mais sendo así en andaluz, a connotación españoleira é inevitabel. Obrigados a tragar ese folklore, que ten todos os meus respetos, pero non a súa difusión como marca española.
A connotación é debil na audición, pero forte na imaxe, na guitarra, e non sei se haberá paranoia, pero o que deseguro hai é mal gusto, e sobre todo falta de respeto da presidenta do parlamento, que debía pensar algo máis, meditar, unha decisión dese tipo, porque, os simbolos, como dicia Ricoeur, dan que pensar, e son algo serio.
"Mal gusto", "falta de respeto"... Menos mal que tamén aparecen as causas verdadeiras do enfado dalgúns: "concomitancia andaluza", "connotación españoleira"...
Na miña opinión, o BNG persiste no seu teimudo traballo pola
a-normalización do nacionalismo galego con este tipo de reaccións. A indignación de Aymerich, mesmo despois de que Quintana declarase que a el lle gustara a versión de Pimentel e Rodríguez, retrotraéume vinte anos atrás, cando a AN-PG protestou contra o Centro Dramático Galego coa posta en escena de "Wozzeck" por non ser unha obra "galega". Algúns seguen empeñados en non entender nada, ofuscados por unha "españolización" que ven incluso onde non existe. A clave da cuestión segue a estar nunha concepción da identidade como se fose unha ortodoxia: pechada, inmóbil, única, definida dende sempre e para sempre. Mesmo no musical. É como querer poñerlle portas ao campo: anormalizador. A min colleume de bo humor a cousa cando escoitei na radio a voz eclesial de Aymerich sinalando a transgresión. Pero, ben mirado, o conto é triste.
E falando doutra cousa que, porén, non deixa de ser a mesma: todo ese respeto reverencial, toda esa pureza que o BNG pide para un símbolo de Galicia como o himno, ¿non é aplicable tamén á bandeira? ¿Non debería o BNG empezar a predicar co exemplo e retirar a estrela vermella de cinco puntas da bandeira azul e branca de Galicia? Non é que a min me importe en absoluto ese adminículo nin ningún outro: o que me molesta é a lei do embudo.
Semella que Aymerich quere ser máis papista que o Papa (dígoo polo da súa voz eclesial e por ser discípulo do opusiano Meilán Gil!). Semella que a súa falta de "pedigrí" nacionalista a quere suplir con estas saídas de ton, un ton excesivamente acre e inquisitorial.
Dito isto, creo que Villarino non estivo nada acertada e que, en todo caso, debeu consensuar na Mesa do Parlamento os fastos da celebración, non porque estea obrigada, senón por se as moscas.
Eu súmome á opinión de Bragado no seu artigo do Faro de Vigo.
No signo dase un equilibrio (ainda que convencional) entre significado e significante, no símbolo significado e significante aparecen en desequilibrio porque no significado abstracto encárnase o significante material inmanente como na súa materia de revelación. Por esto o simbolo presentase como unha imaxe do sentido. O signo adicase ao significado, o simbolo ao sentido, pero o sentido emerxe do mundo sibólico humano, no coñecimento humano entra de seguido constitutivamente o simbolo. O simbolismo ten na vida humana unha función equilibradora e sublimadora respecto as nosas pusións. Polo que seria destructiva unha crítica continua e depuradora dos nosos simbolismo e estereotipos en nome dunha razón hermética, como a de vostede Leituga, compre unha razón hermeneútica, para interpretar as relacións de sentido entre o artificial o convencional e o natural.
A señora Vilariñó deslizouse polo significante nunha inconsciencia propia de advenidizos ao poder, de novos ricos e desprendeuse do significado, ao fin para o Psoe o significado de Galicia non pasa de ser un convencionalismo mais, un invento de Rosalia, ou resultado das febres upegallas no ecuador da transición. O simolo estamos sempre reinterpretandoo, e aquí o simbolo tratado e dicer unha cousa que está en lugar dos contidos da identidade, encóntrase nunha situación de anormalidade. Galicia é anormal, a situación é anormal, o noso idioma pervive anormalmente co español, a nosa identidade so é recoñecibel na distorsión, a vida politica encóntrase sempre tensionada por un indefectibel recoñecimento de españa e as súas institucións....que normalidade pretende vostede señor Leituga....aquela de facer como si todo fose normal, para poder comportarnos como altamente civilizados centroeuropeos?....pero é que a nosa situación no esa....e de fantasías políticas está o cemiterio de nacións cheo. Teremos que asumir a nosa anormalidade como nación ou cuasi nación, teremos que recoñecer a nosa incapacidade polo momento para constituirnos polo momento como nación, teremos que confrontarnos coa continxencia, efectivamente, como dí vostede, os tempos do esencialismo resultan completamente inoperantes hoxe para entender o mundo e entendernos nos. debemos asumir fortes doses de pragmatismo, e orientar as nosas conductas politicas argumentativamente cara unha racionalidade sen fondo, pero ao fin xustificativamente.
O que non podemos caer, amigo Leituga, é no deconstructivismo destructivo copiado dunha normalidade que nos nega. Non podemos facer xa mais como si....non podemos cair nun relativismo no que os simbolos poden significar calquera cousa, na que calquera intervención é pertinente porque estaría lexitimada por quen sabe que diferencia. Habería pois que respetar o obliteración do clitoris, o machismo nas sociedades musulmáns, polo culto a diferencia?.
A diferencia inserida no himno, aparte da labor creativa musical ten unhas connotacións, e non podemos pechar os ollos, e facer como si visimos, porque flamenco?, porqué ese ar, interpretemos. Pode ser uhna escolla esteticista, porque aos diseñadores do actos lle pareceu que eses sons.... pois ián colocar, maravillar aos asistentes....Pero como se pode estar cego as connotacións dunha manipulación de algo tan convencional como un símbolo?.
Non amigo Leituga, non acredito na inocencia, considero que había un unso concienzudo do uso dos significantes e que o sentido con meis ou menos consciencia se orienta cara unha españolización, cara un salbar España, cara un hirmanamento simbolico da multiculturalidade española. Esto que é aceptabel para moitos, para o psoe por exemplo, costalle dixerilo a outros, ao menos formalmente, e é pedra de escandolo para uns poucos.
Ante est´´a situación hai nacionalismo que dicimos que NON, que esto non ten que ver coa estética, senón coa politica, coa estética da politica, e que a interpretación está aberta, e que as nosas razóns orientanse para denunciar unha intoxicación españolista nn mais denso do sentido formal simbólico dunha identidade comunitaria.
A quintana gustoulle, como non, a el tamén é un advenidizo ao pode, un novo rico, un lamentabel exemplo de entreguismo cego ao que nega aquelas ideas e pretensións do que o aupou ao poder.
Jimy de Rairo
Ai, que linguaxe mais espesa usan algúns. Faríame falta un PhD en hermenéutica para descrifrar algunhas mensaxes. Mellor la obra clara y el borrador oscuro.
Señores, moito sentidiño común e pragmatismo é o que nos faría falta. Liortas bizantinas e acrobacias dialécticas é o que nos sobra neste País.
Non me preocupa un carallo, con perdón, o himno, preocúpame a sangría demográfica da Galiza. Podemos cantar Cada día somos menos a ritmo de Xabarín Clube se o prefiren.
Cada vez que aparece unha polémica estéril, unha nova desunión e mais unha oportunidade perdida.
Máis que ter un un dourorado, señor Carreira, o que fai falta é que outros teñan claro o que van dicir. A escuridade na expresión só amosa confusión de pensamento.
Perdonaos Señor, por non entender mais que o que a claridade convencional lles pon diante!
Jimi de Rairo
Certamente nestes casos necesítase aplicar o sentido común, pero que tal se comenzan por aplicalo os nosos gobernantes.
Paréceme unha frivolidade por parte da señora Villarino da que se poderían prever as consecuencias.
As veces semella que vivimos na indignidade.
Certamente nestes casos necesítase aplicar o sentido común, pero que tal se comenzan por aplicalo os nosos gobernantes.
Paréceme unha frivolidade por parte da señora Villarino da que se poderían prever as consecuencias.
As veces semella que vivimos na indignidade.
Este Jimy vai de listillo, non?
Un pouco lento amigo anónimo, e non é de listillo precisamente, senón de artististiña, de artistiña de Rairo que hai que decirvolo todo
Jimy de Rairo
Non, se artistiñas hai moitos neste país. Demasiados.
Demasiados...politicos corruptos, empresarios corrumtos, sindicalistas corruptos....demasiados serbidores culturais da orde vixente...demasiado nepotismo, demasiado favoritismo e pouca ecuanimidade no recoñecimento da valía das personas...demasiado mal humor, paranoias, demasiadas caras sen humor, demasiado minifundismo, estreitez de perspectivas, demasiada envidia, indiferencia, apostasía, demasiado narcisismo, egoismo, pero artistiñas.....? gostaría de coñecer mais.
Home, Jimmy, terá que recoñecer vostede que todas as súas especulativas ringleiras de palabras sobre "símbolo e sentido", "significante e significado" podería melloralas cunha lectura un pouco concienzuda do "Curso de Lingüística Xeral" de Monsieur Saussure. Pero, aparte disto, doulle a vostede a razón niso de que o "irmanamento multicultural español" élle cousa grata ao PSOE. A min tamén. Como non ía selo, se o PSOE é un partido socialista, un partido que se inscribe nunha tradición de esquerdas que sempre foi internacionalista? Dende ese punto de vista, a señora Villarino actuou con total coherencia. A crítica que si admito é a referida á toma unilateral desa decisión, que debeu ser consultada coa Mesa do Parlamento.
Sigo pensando, porén, que a versión de Pimentel e Domínguez engrandece o Himno Galego, achégalle universalidade (non polo "flamenco", senón pola súa capacidade de adaptarse perfectamente a outras tradicións musicais)e informa sobre as súas posibilidades de converterse nun símbolo lábil e actualizable, non fosilizado nas súas interpretacións canónicas.
En canto ao da "anormalidade", vostede di que Galicia toda é "anormal". Eu coido que en Galicia hai moitos anormais, pero creo que o país en si mesmo -concepto que defino como "os galegos"- non o é. Na Península Ibérica, o único país, pobo, nación, rexión ou comunidade autónoma aínda anormalizado é o País Vasco, pois ese é o único lugar onde hai aínda moita xente que ten que andar mirando pra o seu cú decote, non vaia ser que llo exploten. Porén, en Galicia isto non ocorre, aínda que algúns "normalizadores" pensen que non sería mala solución. ¿Quere isto dicir que todo vai ben e que todo o real é racional? De ningunha maneira, pero de aí a crear monstros de dezasete cabezas a través dun uso supostamente correcto dunha tamén suposta "razón hermenéutica" vai un longo treito que talvez vostede debería pararse a considerar. Ben sei que a "razón hermenéutica" dá para moito. E nese amplo abano de posibles resultados do seu uso atópanse moitas visións distorsionadas da realidade.
É vostede lista/o como unha leituga.
Tería moito que precisar, sobre todo para precisar o sentido na orientación que apunto, mais non tanto de Saussure, que si, senón da mesma fenomenoloxía e da hemeneútica, tentando unha precisión semiótica. A posta en escena que comentamos sería un engrandecemento, claro que si, faría o noso simbolo mais universal...pero só se o noso inserimento no mundo fose normal, ou moito mais normal, se non estivesemos mediatizados, se as nosas institución fosen universais, ou moito mais universais, universais no sentido de autodeterminación, de escasa mediación na capacidade lexislativa das nosas institucions. Nese caso o acto universalizarianos mais. Pero a situación non é esa. Temos unha institución coa capacidade lexislativa moi limitada, limitada ao local, e dependente dunha soberania, que non reside aquí senón no Estado Español. Un estado que mediatiza as nosas relación co mundo e coas outras institucións politicas do propio estado. Nesta situación a lectura do acontecido no parlamento pode ser ven outra, porque hai interpretacións como a miña, que non se quedan no plano puramente estético, ou a mera apariencia politica, senón que tratan de interpretar a intención, ou incluso de non haber intención, interpretar como a ideoloxia dominante traspasa as conciencias de certos politicos inconscientes condicionando os seus comportamentos a un determinado rol. Non hai inocencia. Se galicia fose un pais independentes o do himno indudabelmente, como digo mais arriva, universalizarianos, pero estando as cousas como están, a posta en escena non é mais que un reforzo da españolidade mediatizada por unha soberanía política que está fora, e por riba de particularidades como a galega ou a andaluza, unha sorte de irmanamento en último caso forzado, polas armas , como pode lerse na constitución española.
Respecto a Heuskal Herría, pois que lle vou dicir, na violencia non é posibel ningunha normativa fundamentada eticamente, polo que nun contexto de violencia politica, a unica posición ética é a de facer o posibel para sair desa situación. Pero non todo vale...O discursos que tentan salir da situación aplicando unha legalidade, esquecen a violencia que se lle fai mediante a lei inxusta as lexitimas reivindicacións dunha das partes. A situación de violencia, só se pode lentender dende unha perspectiva ética, como un momento transitorio de suspensión das normas morais. Pero está tansitoriedade é dificilmente sustentabel argumentalmente. A guerra non ten nada de ética. Cabe por suposto a defensa, pero a defensa debe estar nitidamente circunscrita a un ameto de acción controlabel politicamente, é dicir, a guerra non pode abolir a politica. Do contrario estariamos nunha situación prepolitica. Unha situación prepolítica é aquela na que todos os proxectos politicos que teñan unha finalidade democratica teñan cabida, e onde estean garantizados os dereitos de expresión e de reunión. Estó lamentabelmente non é asi no Estado Español, en Euskal Herria.
Para sair da situación de violencia politica compre a vontade das partes, non cabe a victoria e a derrota da outra. Non pode sair victoriosa a legalidade española porque ten unhas leis inxustas que afectan a unha parte da pobación basca. E se esa lei se impón pois sempre pode haber quen coide que a violencia pode ser quen de equilibrar os platiños da xustiza.
Que todo o real é racional entendese no sentido que apuntou Hegel, como que o que é , é mais, como mais logrado, mais perfecto mais real. Vostede seria mas real en canto que fose mais leituga.
O uso correcto da razón, hoxe non hai unha metafísica que o poda garantizar. A razón é profundamente dialóxica na súa mesma constitución, por eso eu me dirixo a sua racionalidade, señora/or leituga, para disminuir a miña distorisión comunicativa, coa esperanza de que que o meu discurse se axuste ao real, hai nas miñas palabras como nas súas unha pretensión de verdade, verdade transitoria, modificabel, axustabel con aquelo que ser refiren, pero sempre na esperanza de que esta miña pretensión sexa inscribil coa súa nun mesmo ideal de comunicación.
Un saudo e a abonarse, a medrar, ecoloxicamente. Por Rairo extendese unha xeada na que patinamos os artistiñas, a min deuseme por estes patíns negros que dibuxan letras, palabras, frases, discurso co que algunhas leitugas se alimentan como do ar, como liquens, son unha especie de leituga que non teñen raices, que percorren o globo como prantas rulantes do deserto. Teño encontrado algunha pola ruta 66.
Pero aquí comeza xa outra artistada.
Son tan artista, que ata se me esquecia firmar
Son Jimy
Jimy de Rairo
o artistiña
Unha pregunta, señor Jimy de Rairo, se ten a ben contestala: é vostede o mesmo que asina LP noutros blogs?
Pois non, non son tal. Teño usado outros niks, pero non ese.
E vostede como firma?
Eu vou firmar como artistiña de agora en diante.
Señor de Rairo: tenme vostede anonadado.
Hum. Sería este desencontro no seo do BP (bipartito) , o primeiro e lonxano síntoma do que pasaría o 1-3-08?
Publicar un comentario