

Dúas tarxetas máis
Dúas tarxetas máis para a escolma destes días. A superior, de tono máis solidario, é a que mandan os amigos Francisco Xosé Fernández Naval ("Chisco") e Maribel Longueira. A de embaixo, "Estrela do mencer", é do artista arxentino Diego Manuel Rodríguez, de quen teño usado (co seu permiso) varios debuxos para ilustrar artigos meus en prensa: no debuxo figura tamén a páxina web onde amosa a súa obra.
7 comentarios:
Non entendo ben que pode significar o que pon a primeira postal: "Qué nó 2007...". Quero dicir: esas acentuacións que se me antollan extrañas, queren dicir algo ou é un simple erro de teclado?
Moi boas as dúas. Lamentablemente a nosa sociedade consumista aínda permite situacións como a que se ve na postal de Maribel e "Chisco". É unha vergonza que, nos tempos que corren, aínda vexamos cousas así. Revolución mundial XA!
Revolución Mundial co Camarada Modesto como Líder Supremo!
Facía tempo que non escribía por aquí, e estes desexos pra o ano que ven son moi nobles, pero ben sabemos todos que tal vez utópicos e laboriosos.
Pero nestes días deixemos atrás o escepticismo e fagamos cousas... E non só nestes días.
saúdos
Qué nó: obviamente son erros de teclado ou de montaxe da postal...
É curioso: ese comentario do "usuario anómino" denominándome a min Lider Supremo, recódame ao vocabulario de certo ex-maoísta pasado ao inimigo, pero, en fin...
Eu penso que che tomaron o pelo, Modesto. A verdade é que te prestabas.
Publicar un comentario