O tren que me leva…Pan por Pan martes 19 decembro Así cantaba o inesquecible Andrés Dobarro: “O tren que me leva, / pola beira do Miño…”. E non foi o único que cantou o tren. O ferrocarril foi presenza constante na música, nas artes plásticas, na literatura e no cine dos nosos tempos modernos. Acabou por converterse na máxima icona da modernidade. Por iso foi moi oportuna a decisión de dedicar un libro ó tren e ás letras, como o que coordinou
Maribel Outeiriño, que presentamos onte no Liceo:
“Ourense, 31 marzo 1881, 18:00 h.”. Autores como
Curros Enríquez, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Julio Camba, Rafael Dieste, Wenceslao Fernández Flórez, Antón Tovar, Luis Lamas (Carlos Casares), entre outros, fixeron literatura cos camiños de ferro. Para uns foi símbolo de aventura, para outros de amor familiar, outros vírono con humor e simpatía. Con emoción en todos os casos.
(P.S.: eu encargueime da selección de textos e o libro, moi ben editado, vai acompañado con abundantes fotografías da colección de miniaturas Fernández Pacheco que se exhibe de xeito permanente na Deputación de Ourense).
3 comentarios:
Recomendo este libro sobre este asunto:
"O ferrocarril Ourense-Vigo: Historia, cronoloxía, documentos e conexións”, do que son autores Juan Aguilar, Antonio Abalde, María Mercedes Bangueses, José Ramón Iglesias, Juan Carlos Lago e Xosé Vidal, profesores do IES Pino Manso de O Porriño. De Edicións do cumio, 2006.
Xa que nos poñemos librescos, eu tamén recomendo un libro:
Darío Xohán Cabana. 2005. A chegada a Lugo do primeiro tren (San Froilán, 1875). Lugo: Concello de Lugo.
Por certo, esa colección de miniaturas é acaso unha pola que seica a deputación lle pagou unha millonada á familia Outeiriño? (a da Maribel citada)
Publicar un comentario