Millán Astray. Sempre me sorprendeu que persoas sensibles e intelixentes (poñamos un
Günter Grass ou un
Ingmar Bergman) tivesen caído na súa mocidade na tentación de militar en grupos nazis ou fascistas. Tamén houbo en España poetas seducidos polo fascismo, dende
Eugenio Montes ata
Giménez Caballero, algúns mesmo grandes escritores como
Cunqueiro ou Torrente Ballester.
E qué pensarían eles de personaxes como Millán Astray que cada día convocaba os xornalistas de Salamanca a golpe de silbato e os mandaba poñerse en fila para que escoitasen as súas arengas cotiáns?
Un individuo que recomendaba cantar ós lexionarios para combater o medo e que un día fixo formar a súa escolta cantando o “Himno da Legión” mentres o dentista lle quitaba unha moa, por certo seica asustado: o concepto “esperpento” tiña que nacer neste país, sen dúbida, don Ramón.
(Imaxe: o impresionante retrato de Millán Astray, por
Luís Seoane no álbum
Trece estampas da traición.).
14 comentarios:
Pois a min nadiña, exemplos coma: Knut Hamsum, C. Malaparte, Heidegger, Celine, Dario Fo (este último alistouse coma voluntario da Republica Social Italiana) e outros que niste intre non me veñen a cachola ... O ser humano é así. Como exemplo de sensibilidade, á de Adolfo Hitler que inventara un metodo para matar as langostas ó cociñalas para que non sufriran, ou o soldado das SS francesas que tiña carnet da Sociedade Protectora de Animais que conta A. Camus... O lado escuro estache hai (como na pelicula)!!! O outro é vivir nos mundos de ¨Yuppie¨!!!
Seria de interese que falaras algún día da corte de poetas, etc., que arrodeaban a Jose Antonio Primo de Rivera, un deles deiqui: Euxenio Montes
Falarei en calquera momento de E.Montes, por certo foi candidato republicano socialista independente por Ourense en 1931 !!, e da corte de poetas de José Antonio. Cando se lle dedicou un minicongreso en Ourense da Xunta, que pechou Fraga amosando o seu agarimo polo vello amigo, houbo un momento de tensión dura cando a ponencia de Xosé R. Barreiro Fernández: fixo unha análise contundente de Montes como fascista, totalitario, etc... e na primeira fila estaba toda a familia que queda viva de Montes.
Por certo, a maioría deles vascos!!!(Sanchez Mazas, Tellería, Michelena, Miquelarena,...)
Imos ver.
O fascismo era unha idea seductora naquela época. O home novo. A nación. A cultura. O desprezo pola tradición. O futurismo. O totalitarismo estaba aí, petando en todas as portas. A tendencia era deixarse de blandenguerías e de actitudes burguesas e conservadoras. Rusia era un exemplo. A ditadura do proletariado. ¿Por que non, pois, unha ditadura da intelexencia ou da orde, pensaban os fascistas?. A revolución fascita coa compoñente pretendidamente antipolítica, antidemocrática, en favor dunha nova orde social, o papel do sindicato vertical, a orde extrema, etc, etc.
¿Como se podía ser poeta e estalinista, preguntámosllo a, eu que sei, Lorenzo Varela, PAblo Neruda ou Rafael Alberti?... Porque, evidentemente, non se sabía quen era Stalin e a idea da igualdade social era seductora... ¿Como se podía ser fascista e poeta? Porque non se sabía a onde ía levar todo aquilo e a idea do home novo nunha sociedade nova era tamén seductora.
Menos mal que ao final nos quedaron as democracias burguesas occidentais, Inglaterra sobre todo, e nos libraron das soluciòns radicais fascistas e estalinistas.
Desde logo ambas eran opcións seductoras para os antisistema, naquela altura case desapareceron os puntos intermedios. Cambiar de patria, unha opción ou de Ideoloxía radical A por B é fácil. Lembremos a fundación das CONS de Ramiro Ledesma Ramos con xente de PCE e CNT (Nicasio Alvarez de Sotomayor, Guillén Salaya de CNT e Manuel Mateo do PCE, o primeiro triunvirato). ¿Santiago Montero Díaz, noutra liña?
O que me parece difícil é ser franquista, decantarse polo franquismo na guerra, cheirar a sacristía, estraperlo e infamia cutre dun movimiento reaccionario, e ser poeta.
Pero poeta fascista, dos do principio,non me parece estraño. A seducción da novidade que acabou sendo o maior demo da humanidade... pero iso non se sabía aínda.
Os propios nazis que fixeron con dúas palabras tan bonitas como.Nacionalistas e Socialistas. As cousas non estaban tan claras como as vemos agora.
Desde logo a traxectoria ideolóxica de Montes chama poderosamente a atención de calquera: de colaborador na revista Nós á membro da Falanxe e amigo de Giménez Caballero e do propio José Antonio. Sen embargo, sería tamén necesario destacar que foi un home moi aberto á realidade cultural do seu tempo, sempre ao tanto das vangardas artísticas especialmente antes da Guerra Civil. Publicouse na prensa de Ourense da época algún interesantísimo artigo sobre cinema que amosa o seu nivel intelectual e que indica que estaba pendente de todas as novidades artísticas. Polo tanto, alén das súas posicións ideolóxicas máis que discutibles, merece a pena sinalar a relevancia de E.Montes no panorama intelectual da Galiza daqueles tempos.
Agardamos novos comentarios do Sr. Valcárcel con impaciencia.
Creo que Etxeoquehai acerta nas características da seducción do fascismo naquel tempo. E si, como di David, Montes foi un avanzado na recepción das vangardas, con máis crédito en Madrid que na propia Galicia. Pero tamén o foi Vicente Risco, que fixo compatible ese avangardismo estético co apoio, dende xullo de 36, ao franquismo de sacristía e bispos e xenerais baixo palio-
Posteado en GALICIA HOXE
O esperpento
Requesende 20.10.2006 09.45
De non nacer daquela o concepto "esperpento", habería que inventalo hoxe diante da estatua que aínda está en pé n'A Coruña, en praza céntrica: Millán Astray de corpo enteiro.
Aínda que se cadra a estatua non está nesta cidade galega, está en "La Coruña de Méndez Romero".
Seremos, para o señor Méndez Romero, integristas pouco modernos quen pedimos a retirada da simboloxía fascista das nosas cidades?
Ademais da atración pola estética ,o que había era moito medo...
Por outra banda, era unha sociedade moi polarizada. Se eras poeta e querías ter un posto de traballo, ou te identificabas claramente por un bando ou polo outro. Aínda está por escribir a historia dos intelectuais "neutrais". Eses eran os incómodos ao poder.
Estou dacordo co Sr. Etxeokeai. E tamén algo dacordo co Sr. Swam. Espero que algún día (non sei se haberá tempo...) se comente algo dos intelectuais que durante moito (moito) tempo non piaron ante os horribeis crimenes do Stalinismo...
A min de Eugenio Montes sempre tiven unha especial admiracion por esta frase dun artigo dedicado a morte de Pasolini en Ostia que considero sublime " "yo por constraste, recuerdo que en esa misma playa de Ostia, hoy lugar de esa escena impura, subio al cielo uno de los seres mas puros del mundo: la madre de San Agustin".
Tiña entendido que Montes morrera antes que Pasolini. Pero seguramente estea confundido. En calquera caso, amigo Gustavo, podería confirmar se estou trabucado? A cita de Montes, desde logo, é realmente gloriosa. Grazas por traela a colación. Un saúdo.
Para APC, Montes morreu en Madrid, en 1982, con 82 anos (nacera en Vigo en 1900, aínda que a familia era da zona de Bande). Pasolini morreu asasinado o 2 de novembro de 1975, con 53 anos (nacera no 22). O seu corpo foi encontrado así:
4. Aquel trágico 2 de novembre de 1975.
La mañana del 2 de noviembre de 1975, en un descampado de la Via dell’idroscalo de la localidad costera romana de Ostia, una mujer llamada Maria Teresa Lollobrigida encuentra el cadáver de un hombre. Ninetto Davoli reconoce el cuerpo como el de Pier Paolo Pasolini.
“Cuando encontraron su cuerpo, Pasolini yacía boca abajo, con un brazo ensangrentado y el otro escondido bajo el cuerpo. Su pelo, lleno de sangre, cubría su frente excoriada y desgarrada. Su cara, deformada por la hinchazón, estaba negra de tantos moratones y heridas; negros y rojos de sangre también sus brazos y las manos. Los dedos de la mano izquierda estaban fracturados y cortados; la mandíbula izquierda, fracturada; la nariz, aplanada y desviada a la derecha; las orejas, cortadas por la mitad, y la derecha, arrancada. Tenía heridas en los hombros, en el tórax, en la espalda, con las huellas de los pneumáticos, de su propio coche, que le había atropellado. Tenía un terrible desgarro entre el cuello y la nuca; diez costillas fracturadas, igual que el esternón; el hígado desgarrado en dos puntos; el corazón, estallado”.
[Autopsia del cadáver de Pasolini, "Corriere della sera" del 2/11/77]
Moitas grazas, amigo Valcárcel. O meu erro estaba en datar algúns anos máis tarde o asasinato de Pasolini, mais recordo perfectamente o suceso. A miña memoria xa non é o que era (se é que acaso foi algo algún día)!
Publicar un comentario