12 ene 2007











Outro gravado fermoso

Este fermoso linóleum é de Carlos Maside e está na portada dun dos clásicos das nosas letras que de seguro teñen nas súas bibliotecas e que no interior contén debuxos de Xohán Ledo cos textos. Xa saben cal é, non?

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Ánxel Fole. "Terra brava" quizais?

Anónimo dijo...

Si, Terra brava. contos da solaina. Ed. Galaxia, Vigo, 1955.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Hai edición máis recente (1976) coa mesma portada. Por razóns de estrito, estreito, confeso e bandeirante localismo, en Fole gusto tanto ou máis dos relatos urbanos -Contos da néboa- coma ou ca dos rurais. Os de Lugo tamén temos o noso xenio (palabra de intención polisémica, xa que sae así.

Anónimo dijo...

É que os de Lugo sodes romanos. Está ben claro para os que tanto o celebramos.

Anónimo dijo...

¿Anxel Xohán? ¿Non será máis ben Xoán Ledo?

Marcos Valcárcel López dijo...

Grazas por darme conta do meu erro imperdonable, Leituga: o gravado non era de Ánxel Xohán (tal como xa corrixín), pero tampouco de Xohán Ledo, que é o que fixo os debuxos do interior. O gravado, que ía na portada de TERRA BRAVA. CONTOS DA SOLAINA, de Fole, é de CARLOS MASIDE e é ben doado de velo, porque leva o inconfundible "m" do autor como asinatura. (Excusas polo despiste, das presas).

Anónimo dijo...

Non é para tanto, señor Valcárcel. Calquera erro é humano e perdonable. Con tantos nomes que temos na cabeza, ¿quen non se engaña algunha vez? E cos anos, témome, a cousa vai ir a peor...