3 ene 2007

Podería, polas trazas, ser unha foto dos anos 40, pero xa sabemos que non o é. En todo caso, é un nacional-catolicismo moderno e vaticanista. Ata o xornal ABC, onde saiu a foto, destaca en titulares a "poco laicista felicitación navideña de Francisco Vázquez". A min lémbrame un pouco A familia de Carlos IV, de Goya, e creo que o exalcalde coruñés debía buscar un gran pintor que os inmortalizase para o futuro: imaxinen a cantidade de estudos que se chegarían a parir desta imaxe e dos seus significados simbólicos, ata algunha tese doutoral de seguro...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

EChe forte a imaxe, máis despois de visionar o "video entrañable",así o chamou o actual alcalde da coruña Losada, que se expuso na V entrega de premios MEJORA TU CIUDAD que tivo lugar na fundación Caixa Galicia o pasado 27 de Decembro na Coruña,; despois dese video, xa nada me sorprende. Un video elaborado pola asociación convocante de dito premio( Asoc. El Ensanche)no que se afirmaba que Galicia tiña unha deuda histórica ca cidade da Coruña, xa que de esta cidade había saído grandes persoeiros que habían levado a cotas internacionais a nosa terra, e como non podía ser menos, tal persoeiro era o señor Vazquez, e todo iso regado cunha fulminante imaxe con Rachinguer. Tamén se acababa cunha frase que dicia: "este concurso es de La Coruña, para coruñesistas.....La coruña, la envidia de Vigo. Viva el Coruñesismo". Ai, revolveuseme o turrón

Anónimo dijo...

Pero quen son eses personaxes? Eu non coñezo a ningún, agás o Papá e mailo Paquiño (este, pola bandeira cruzando o seu peito).
Podería alguén ir pondo nomes e apelidos de esquerda a dereita?

Anónimo dijo...

¡Canto dano lle fixo este home ao PSdeG-PSOE! ¡E aínda agora, despois de conseguirmos mandalo pralá, segue dálle que dálle! Se eu fora o secretario xeral expulsábao do Partido. Cordial pero fulminantemente.

Anónimo dijo...

A Paco só lle falta aparecer un pouco levitando, como fixera monseñor Suquía nunha foto en que aparece de xeonllos un reclinatorio, aposento que non chega a tocar porque o truco da levitación faino inútil. Non sei se coñeces esa foto. De todos xeitos esta non tén desperdicio. Que 2007 te sexa propicio. Anxo Tarrío