PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
13 comentarios:
un chiste. Dos malos. Outra volta a trabucar coruñesismo con antigaleguismo (malia o nome do partido ese - non hai dereitos de autor que lles impidan usar o alcuño "galeguista"?). Hai dúas linguas na miña cidade, e desde logo, a perseguida e marxinada non é o castelán. Dóeme, como galego e coruñés.
Ó penoso é que empreguen esas siglas, deberían estar protexidas coma o lince, o aguia imperial,... pra que non cairan en maos de dexenerados e depravados!!!
Contáronme que ese candidato pola Coruña é un tipiño que xa deixara mostras das súas pifiadas en Vigo. Fora membro do equipo dun alcalde do PP (agora esquéceseme o nome) que anunciara a bombo e platiño unha fantasmal inversión multimilloraria en Vigo.
Agora reaparece como "coruñesista de la L". Lamentable, profundamente lamentable. E irritante.
Pouco aparece de novo no país capaz de alterarme. Ben, o do Feijoo o outro día si que me puxo algo cabreado.
Ora ben, o do PG... Tendo en conta que lle entregaron as chaves ao Soto, ¿que agardamos?
Pola miña banda, só que este individuo da Coruña non saque nin para pipas. Aínda que se regalan moitas bicicletas de montaña...
Mira que non hai onde meter os cartos. Marcos, levanta o espírito, hai que acoirazarse.
Manda carallo.
Manda carallo.
Manda carallo.
Non se debían usar siglas -como PG- nin cabeceiras -como A Nosa Terra- cando non exite un fío de continuidade orgánica entre o pasado mítico e a existencia real de arestora.
Hai que ser moderado, hai que ir pola boas, pero non hai que ser parvixolo e pichafría.
Pero con Troitiño, Soto, e agora este... manda carallo para a sigla... e iso que eu penso que cómpre unha opción política de centro galeguista para facer de goberno ou bisagra. Pero visto o visto, se cadra o país non dá para máis.
Desde logo o dito no cartel non pasa desapercibido e curiosamente, a pesar da sigla, a opción que se le e exactametne a contraria... o chamado á liberdade a ser un bo galego falando en castelán... o mellor é o sorteo das bicis. Sorte.
No debuxo que acompaña ao disparate, vese unha coruña rara, pero eso sí parecen sobresaír a torre de control e o cárcere. Mesmo á torre de Hércules fáltalle a metade. Todo significa.
¿Non hai uns estatutos do PG que impidan esta política?
Esto é o mesmo que si eu fundo unha entidade españolista-franquista e lle chamo Fundación Castelao
Tampouco hai de que asombrarse tanto. Nesa cidade gobernou durante máis de 20 anos un tipo do PP (e do opus) a base de presentarse polo PSOE. Xa están acostumados a todo.
Teño entendido que cando foi o lío de Coalición Galega, o PG e logo o PNG-PG. Alguén contou que os que andaban nesa andaina se quedaron coas siglas (o grupo hoxe dirixente) e que legalmente se quedaron con todos os dereitos: non sei se o PNG-PG de Peña tiña algúns ó respecto. Recentemente, xa veriades que A.Pousa Antelo se desmarcou en público deles (dende o Galicia Hoxe) e o resto dos históricos da última época xa non están vivos, claro.
Ese Carlos Marcos é un aventureiro da política. Foi a man dereita daquel señor González Dopeso, líder do coruñesisimo máis conservador e aliado de Paco Vázquez na batalla contra a capitalidade de Santiago. Daquela andou tamén coa cousa da AGLI. Despois reapareceu en Vigo como asesor de Manuel Pérez, a quen lle fixo crer que xestionaba un investimento millonario chamado "La Colina Encantada", unha especie de Port Aventura en Vigo. Todo mentira, todo fantasmada. Non me estraña que Soto, o Fantasmón por antonomasia da política galega dos últimos trinta anos, o fichara para a súa causa, que non é outra que a de darlle a alcaldía de Vigo a Corina e que ela, a cambio, lle ceda o mando sobre o urbanismo. Xa todos poden imaxinar para que.
Realmente, as siglas PG estaban rexistradas a nome do tal Chesqui, ex-concelleiro do Grobe e director de banco, ou algo así. O tal Chesqui ía e vai de galeguista independente e, máis ou menos, só lle falta dicir que polas noites se lle aparece Castelao (outros prefiren á perruqueira de Arcade, pero hai xente para todo). Tiña unha teima anti-Galaxia, outra anti-Bloque (e anti PNG-PG, onde confluíu o que fora o sector "nacionalista" de Coalición Galega e mais o antigo Partido Galeguista (Nazonalista), que recusara entrar en Coalición Galega alá polo 82-83 e estaba liderado por Ramón Martínez López, e que contra o 90 se integrou co PNG de Rguez. Peña). A iso unironse diversos descarriados e cabreados da política que tiñan o camiño choído para entrar ou volver ao PP ou ao PSOE, algún oportunista e cartos dalgún construtor, incluíndo linces coma Soto, revoltados coma Xan Gato e algúns máis. Chesqui puxo as siglas créndose Bóveda reencarnado, e velaí tedes o resultado. Mágoa que estean a bastardear unhas siglas de pasado ilustre.
En Vigo, o partido galeguista (con minúsculas parece outra cousa) presenta a Maite Fernández, expepé e manoloperezeira. Moi cedo virá Cuiña ó rego. E outros cantos da secta cuiñista.
A maior parte das veces estes partidiños conxunturais non son máis que sacos de descontentos, de rebotados, de expulsados, de frustrados, de tránsfugas, de descolocados, de furafollas e de chimpafigos. O pg non é unha excepción a esta regla. Máis ben, está converténdose nunha modélica ilustración do dito.
Publicar un comentario