"Cómpre conectar o país dixital e xeograficamente" (Miguel Anxo Seixas)
Unha entrevista a un bo amigo, o noso asesor en temas de bibliofilia e un dos homes que máis sabe neste país da historia do libro galego.
(A foto é de Andrés Fraga, de El País, e a entrevista de Óscar Iglesias).
E seguro que tamén lles agrada o artigo de Antón Baamonde.
7 comentarios:
Un bo tipo este Miguel Anxo Seixas, ... e un erudito.
Semella que Antón Baamonde aínda non superou a trauma do fracaso do xornal que tentou inutilmente de promover.
Bo tipo e comprometido co país, sen dúbida. Pero, considerado en abstracto, moi característico do que abunda demasiado no mundo cultural galego: amateurs que saben un pouco de todo, pero nada en profundidade de nada. E eses tempos xa debían ter pasado.
Suponse, logo, que o anterior anónimo é un caso contrario: sabe moito de todo, e moitas cousas con profundidade. Reciba, daquela, os meus parabéns. Quen me dera!
Todo o contrario, amigo APC: hai moitas cousas das que non sei nada. Por iso sempre estou tentando mellorar e aprender dos demais. Ora ben, o tipo de activista cultural todo terreo que o mesmo serve para falar de arte que de literatura, política ou antropoloxía pode ser útil en determinados contextos, pero noutros é contraproducente. E os mercados culturais modernos, ao meu ver, non han funcionar baseándose nese modelo do todoterreo voluntarista.
Para o anónimo que interveu en terceiro lugar: non creo eu, no que eu o coñezo, que M.A.Seixas presuma de saber de todo. É certo que os seus labores son requeridos de cando en vez para certos traballos de comisariado cultural (se a iso se refire), pero será porque os fai ben e tampouco hai tantas persoas que se dediquen a ese tipo de empresas culturais. Polo de agora o país precisa do saber e do bo facer de xentes como o amigo M.A.S. En cambio, tamén me mete un pouco de medo a xente que impugna este tipo de traballos (qué foron Nós e a Xeración do SEG senón todoterreos culturais?) con apelacións ós "mercados culturais": esa linguaxe, como as armas, tamén a carga o díaño...
Poida que teñas razón, amigo Marcos. Pero os mercados, queiramos ou non, existen. E ignorar o seu funcionamento pode levarnos ao desastre, ou a ámbitos de autoconsumo cultural baseados na chufa mutua e na autocompracencia. E, polo demais, quede claro que o comentario referido aos "todoterreos culturais" non había entenderse como unha referencia persoal ao Sr. Seixas, senón como unha reflexión xenérica. E canto á Xeración Nós (ou Galaxia, etc.), insisto: eses tempos xa pasaron. E se non pasaron, mal andamos.
Publicar un comentario