13 feb 2007

Unha denuncia do historiador Dionisio Pereira
A familia (residente en Pontevedra) do antigo alcalde de Cerdedo (dende 1950) e xefe local de Falange nos días que seguiron ao golpe militar, Manuel Gutiérrez Torres, familia que tamén está emparentada con outro falanxista de primeira hora, Francisco Nieto, tenme presentado unha demanda de conciliación que se verá o día 15 de febreiro ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro "A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo" editado en 2006 por "Verbo Xido" a seguinte frase: "Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...." Tamén o fan por unha frase semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria celebrado en Narón en decembro de 2003. Esixen que me retracte, que publique esa retractación nos mesmos medios nos que foron escritas as frases devanditas e que acepte unha indemnización polos danos e perxuízos sufridos, "en la cuantía que se determinará en el momento procesal oportuno". Como é evidente, eu nin podo nin quero retractarme, posto que esas persoas foron sinaladas por numerosas fontes orais como participantes nunha represión na que se pasearon a 7 veciños, houbo malleiras, multas, roubos, detencións e humillacións se taxa, etc. etc. Non podo, pois, por que non podo faltar á verdade, e porque tamén está en xogo a dignidade das vítimas. O problema é que só teño fontes orais, posto que como sabedes, os paseos, as malleiras, os roubos, etc. non teñen a penas referencias documentais (só en casos moi excepcionais) e ficaron impunes. Ademáis, eu non utilizarei nunca as miñas fontes orais como testemuñas nun xuízo, porque non podo implicar nesa situación tan desagradable a persoas de máis de 80 anos, que confiaron en min e que xa saben o que foi a represión fascista porque aturaron con ela na súa mocidade. Algúns, ademáis, son familiares directos dos asasinados. En conclusión, está en xogo a liberdade de expresión e o mantemento "per secula seculorum" da impunidade dos agresores, asumida hoxendía polos seus descendentes. A maiores, aqueles que se beneficiaron do franquismo, pretenden seguir facéndoo en retrospectiva. Entendo, pois, que isto sobarda a cuestión persoal, e debera ser tomado en conta xunto con outros "incidentes" similares que están a acontecer (no Grove e en Cambados, por exemplo), por todas aquelas persoas e entidades que vimos traballando na recuperación da memoria da represión franquista, e, se é posíbel, darlles unha resposta colectiva. Por algunhas informacións, me consta que a familia en cuestión tivo presións externas, non sei de quén, pero posibelmente de círculos da dereita, para presentar a demanda. Polo tanto, se temos en conta as ameazas que comezan a proliferar, podemos estar no comezo dunha estratexia para cortar as actividades de historiadores e colectivos debruzados nesta temática, aproveitando os innegables trazos conservadores (por utilizar unha expresión suave) do aparato xudicial: daqueles polvos da Transición, veñen estes lodos. Podedes facer uso desta información da maneira que creas máis convinte. Envíovos tamén un comunicado que fixo a directiva da asociación "Verbo Xido" por se queredes adheriros: trataríase de envialo rápidamente á prensa co maior apoio posíbel de colectivos e persoas. En calquera caso, nós estamos polo labor de facer algo conxuntamente. Outra cousa: o domingo 18 a partir das 12h ate as 17 h. a Asociación de Mulleres "Espadela" celebra no Pavillón de Deportes Municipal a VIIª Festa da Vincha. Pois ben, convidaron a "Verbo Xido" a que puxeramos un posto de libros de autores da bisbarra; daquela, aproveitando o convite, imos facer unha venda masiva do libro en cuestión. Como pode haber rexeites por parte dalgún elemento montaraz da potente dereita local, estamos facendo un chamamento aos amig@s e correlixionari@s a que nos fagan unha visita, tomen un viño, proben a vincha, e nos arroupen coa súa presenza e impidan que haxa ningunha saída de tono dos carcas. Así que xa sabedes, se vos animades a vir pola montaña..... E máis nada. A ver en que queda todo isto. Saúde Dionísio Pereira

10 comentarios:

Anónimo dijo...

A miña solidariedade con Dionisio.

Algo haberá que facer, non?

Anónimo dijo...

Un saúdo para Dionisio Pereira e que siga a fornecernos de estudos históricos para recuperarmos a memoria.
Espero que o Señor Valcarcel nos teña informados do asunto.

Anónimo dijo...

Igualmente, solidariedade. Témome, sen embargo, que sirva de pouco se o xuíz senta un precedente. Aí a dereita atopará un filón dende o que combater o esquecemento do que tanto gosta.

Anónimo dijo...

Non hai un blog ou web ou o que sexa, onde se poida asinar en solidariedade con Dionisio Pereira?

Anónimo dijo...

Eu non concordo para nada co liberalismo, nin coa democracia cristiana, nin coas ideoloxías que entendo de dereitas. Ocorre non obstante que tampouco me considero a min mesmo dono de verdade absoluta algunha, polo que confío no debate político como medio de acadar a mellor solución ós problemas de esa índole (política). Por iso, honestamente, desexaría que a dereita española tivese o valor de dar un paso adiante, de dicir "Vale, hai setenta anos, no nome da dereita cometeronse certos abusos." e apartir de ahí, que exista unha alternativa conservadora en España sin reaccionarismos. ¿Será tanto pedir?

Anónimo dijo...

Naturalmente, vaia todo o meu apoio a Don Dionisio Pereira.

Anónimo dijo...

Os herdeiros do "vencereis pero no convencereis" pasan á ofensiva alentados por FAES, Vidal, Losantos, Moa... e os seus apoios mediáticos, económicos e políticos. A perversión da realidade comezou cando os que apoiaban a legalidade republicana, foron acusados de rebelión dende Xullo do 36, coas tráxicas consecuencias que trouxo. Hogano os "herdeiros" tentan pasar por vítimas e por intimidar aos que pescudan naquela xeira. A demanda contra Dionisio Pereira senta un precedente gravísimo eiquí, onde o 99% dos caídos e represaliados caeron da mesma banda.

Anónimo dijo...

O meu máximo apoio e respaldo total con Dionisio Pereira. Adiante, compañeiro, que os fascistas non calen o teu canto de liberdade. Unha forte aperta.

Anónimo dijo...

[Nota: hacemos llegar a todos nuestra solidaridad y apoyo al historiador Dionisio Pereira, quien se enfrenta a una querella interpuesta por la familia de Manuel Gutiérrez Torres, alcalde de Cerdedo durante el franquismo y jefe local de la Falange Española en los días que siguieron al golpe de Estado de 1936. En el libro A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo (editado por “Verbo Xido” en 2006) se deja constancia de la “presunta” participación de varios nombres de falangistas implicados en la salvaje represión de aquel tiempo. El escrito nos lo ha enviado José L. Gutiérrez Molina de la Universidad de Cádiz]

Muy señores nuestros:

Los historiadores abajo firmantes queremos manifestar públicamente nuestra solidaridad con nuestro compañero Dionisio Pereira que, por haber incluido en uno de sus libros sobre la represión en Cerdedo (Pontevedra), lo que todo el mundo sabía por la zona sufre una querella que tiene prevista un acto de conciliación mañana día 15, en el juzgado de Cerdedo.

Una querella que, pensamos, se enmarca dentro de una serie de denuncias que se van presentado como respuesta a las actividades de recuperación de memoria de estos últimos tiempos.

Por ello suscribimos íntegramente el manifiesto de la asociación "Verbo Xido" que se adjunta y pedimos que se envíen mensajes de solidaridad y apoyo a:

pereirag@terra.es
dpereirag@terra.es
antenor53@yahoo.es


Por ello suscribimos íntegramente el manifiesto de la asociación "Verbo Xido" que se adjunta.

José Luis Gutiérrez Molina
Francisco Espinosa Maestre
José María García Márquez
Fernando Romero Romero
Fernando Sígler Silvera
Montse Armengou (Barcelona)
Magdalena González (Cádiz)
Gerard Brey (Besançon)
Francisco Cobo (Grandad)
José María Lama (Badajoz)
Antonio Orihuela (Badajoz)
Carlos Jiménez Villarejo (Madrid)
Severiano Delgado (Salamanca)
Josep Fontana(Barcelona)
Paul Preston (Londres)
Ángel Olmedo (Badajoz)
Claudio Venza (Trieste)
David Ginard (Baleares)
Ricardo Robledo (Salamanca)
Jaume Claret (Barcelona)
Ángel Viñas (Madrid)
Luis Miguel Sánchez Tostado
Arcángel Bedmar (Córdoba)
Luis Castro
Fernando Magán (Toledo)
Francisco Moreno Gómez (Madrid)
Alfons Cervera (Valencia)
Julio Aróstegui (Madrid
Israel Sanmartín (Santiago de Compostela)

++++++++++

MANIFIESTO Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”

A todos y todas

La transición a la democracia que comenzó con la muerte de quien encabezara el golpe fascista que puso fin a la Segunda República, no terminó con la entrada en vigor de la vigente Constitución ni con la sucesión de elecciones y gobiernos (central y autonómicos) y otras instituciones. La herida provocada por la sublevación franquista sigue abierta porque aquel proceso que nos quisieron vender como ejemplar no fue más que un intercambio forzado en una situación de clara desigualdad. Los resortes del poder seguían en manos franquistas que obtuvieron la impunidad del silencio a cambio de poder ejercer unas libertades públicas más o menos recortadas.

Pero el miedo que durante años de dictadura cerró bocas, no podía seguir siendo siempre el parapeto protector de los verdugos y de sus hijos biológicos e ideológicos. Con el paso del tiempo ha enraizado en la conciencia colectiva la necesidad de arrojar luz sobre los horribles acontecimientos que sucedieron durante la Guerra Civil y que todavía hoy rebrotan.

La Asociación Ecologista y Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, que forma parte del colectivo “Sinhor Afranio”, se ha implicado en la tarea de colaborar con quienes investigan para sacar a la luz todo aquello que nos quisieron ocultar.

Para honrar a todos los cerdedenses que fueron asesinados o sufrieron la represión en cualquiera de sus formas por defender los derechos individuales y colectivos y a la República, levantamos un monumento en Ponto do Barco (Pedre) en recuerdo de los canteros asesinados en aquel lugar; apoyamos una iniciativa del BNG, aprobada por unanimidad por el ayuntamiento de Cerdedo, de realizar otro monumento para honrar a todas la víctimas de la contienda sin distinción, que todavía no ha sido llevado a cabo; homenajeamos a un hijo ilustre de esta tierra exiliado, José Otero Espasandín, dedicando las jornadas “Tierras de Todos” del 2006 a la recuperación de la memoria de la represión franquista y con una gira por los lugares de la memoria y participamos en la edición del libro La Segunda República y la represión franquista en Cerdedo, escrito por Dionisio Pereira.

También aplaudimos el acuerdo unánime del Ayuntamiento, tomado en abril del 2006, de quitar el nombre de la calle dedicada al ex alcalde franquista Manuel Gutiérrez y denunciamos el peligro que supone otro acuerdo, tomado en la navidad de ese mismo año, sólo con los votos del PP, por el que se revocó el anterior. Se originó así la sangrante paradoja de que un sistema que se pretende democrático honra a quien participó en su destrucción. En pleno retroceso a las cavernas de la historia, el atentado contra el monumento de Pedre sirvió para poner de manifiesto públicamente algo que sabíamos: que los herederos del “Caudillo” no se resignan y que acontecimientos como los protagonizados por el Ayuntamiento de Cercedo les estimulaban.

Sin embargo nos queda la fuerza de la palabra y la fortaleza que nos da saber que defendemos una causa justa. Todos escuchamos en voz baja los nombres de los represores, conocemos las propiedades que cambiaron de dueños a punta e pistola y a golpes de multas, las violaciones y los testimonios de asesinatos y torturas. Con el paso de los años casi todos han muerto, pero la verdad de los hechos es la misma. A los historiadores e historiadoras les corresponde plasmarla en libros y otras publicaciones, y así contribuir a la tarea de cicatrizar una herida que continúa abierta, para que la Guerra y la represión se conviertan en un capítulo de la historia del que aprender para que no se repita.

Por ello, mientras que por escribir en un papel los nombres que fueron mil veces pronunciados en voz baja por las víctimas de la barbarie y que se señalan como presuntamente vinculados a la represión, alguien pueda ser procesado, como sucede con Dionisio Pereira, por frases contenidas en su libro, “Verbo Xido” va a expresar públicamente su respaldo al tiempo que solicita el apoyo de todos aquellos colectivos y personas que trabajan por los mismos objetivos liberadores y defienden que la palabra ni mata ni hiere.

¡Por la libertad de expresión!

En Cerdedo a 11 de febrero del 2007


Historia a Debate
E-mail: h-debate@cesga.es
Página web: www.h-debate.com
Para apuntarse a esta lista enviadnos el mensaje:incluirme/subscribe
Para desaparecer de esta lista enviadnos el mensaje:borradme/unsubscribe
Suscriptores actuales: 2422 historiadores de 45 países

Anónimo dijo...

Hombre, una acusación sin pruebas es una acusación sin pruebas, por muy convencido que estés de la razón moral que te ampara. La ley no toma ni debe tomar en consideración tu íntima convicción de que las acusaciones que lanzas son ciertas, sino los documentos y testigos que las avalan. "¡Ah, é que papeis non hay, e os testigos son moi vellos, e non e cousa de molestalos a estas alturas!". Pues qué bien. Segun esta regla de tres, cualquiera puede emitir las acusaciones que quiera contra quien le parezca; queda libre de la carga de la prueba (siempre que la acusación se lance en nombre del progresismo y la izquierda, claro, faltaría más, por favor).
¿Acusaste a alguien sin pruebas? Bueno, pues ahora que cada palo aguante su vela.