22 feb. 2007


Unha sociedade insolente


A entrevista que ofrece hoxe El País con Salvador Giner, mestre de sociólogos, non ten desperdicio. Descríbenos como unha sociedade insolente, que perde os seus referentes e valores. Unha sociedade sen educación e sen patriotismo (o que quere o seu país non destroza a súa paisaxe ou tira papeis polo chan. Iso é virtude patriótica. A media cívica española está moi por baixo de Holanda e Inglaterra. Iso é mesurable).

Tamén ten interese saber o que prefiren ler a maioría dos españois: thriller-histórico-religioso-aventurero-cultural.
(A imaxe é de Lichtenstein, sobre o que tamén escribe nas mesmas páxinas H.Molero)

26 comentarios:

anónimo político-cultural dijo...

Até onte mesmo moitas das ideas que expón Salvador Giner serían consideradas propias de "un conservador". Hoxe, por fortuna, persoas de acendrado "progresismo" como Giner comezan a dicir verdades como puños.

Eu comparto o 90% do dito por el. Serei, logo, un conservador ou un progresista? Pois, sinceramente, e a estas alturas, tanto che me ten. Conservadoras ou progresistas, as cousas claras e o chocolate espeso.

marcos valcarcel dijo...

PAN POR PAN venres 23 febreiro
Insolencia. Salvador Giner, un dos mestres da socioloxía en España, entrevistado nun xornal de Madrid, descríbenos como unha sociedade insolente e en descomposición moral. Velaí as súas palabras: “Pénsase que a escola é un lugar para aparcar o neno e que alí xa lle ensinarán o que non lle ensinan os pais. Pídeselle moito á escola e nós non lle damos o que necesita. Se queremos unha sociedade moderna precisamos capital social e capital humano. E iso conséguese con grandes escolas. Ademais, antes había un respecto polo que sabía máis ca ti que se perdeu. Somos unha sociedade moi insolente. Démoslle tantos cousas ós nosos nenos que agora ata lles damos insolencia. Insolencia e caos. Hai un problema de anomía ou falta de lei. Non temos crenzas: somos indiferentes á igrexa e ó partido comunista, por simplificar as ideoloxías. Estamos perdendo referentes. Disgréganse os valores”.

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

Un pouco de anarquismo nunca fixo mal. Eu diría mais ben que o problema é que vivimos nunha sociedade infantilizada e unidimensional.

Anónimo dijo...

Esa vía conduce a un debate xa un pouco sobrepasado. O debate entre comunitarismo e liberalismo. Resultado do debate, da polémica, do embate, sairon multiples propostas mediadoras entre as duas correntes que quedaron arquivadas académicamente. O Comunitarismo afonda no neoaristotelismo, e constituiu o magma nutricio dos "novos conservadores". Foi unha polémica moi interesante, que semella que GIner quere vivificar un pouco por aquí. A verdade é que fora do seminarios nas facultades tivo pouca repercusión, e non estaría demais unha actualización recuperadora dun debate, quizais xa perdido, pero no que non nos pronunciamos, e que sen dubida poría ao nacionalismo galego nun interesante brete de definición.
Jimy de Rairo

marcel swann dijo...

É curioso este sistema económico, social e cultural neo-liberal. En tanto estudantes, agora parece que o que se estila son os "proxectos de traballo en común", "as habilidades para negociar e chegar a acordos", e, en xeral, a interación cos demáis. Asimesmo, como traballadores, as empresas buscan tipos flexibles e negociadores. Pola contra, en tanto consumidores, os capitalistas quérenos individualistas, independentes, autosuficientes.
A vida en común, o sentimento de comunidade en xeral ten moi pouco predicamento como valor nesta sociedade (e aquí inclúo tamén o nacionalismo, por moito que badúen contra el os antinacionalistas nacionalistas desde Madrid).

Recomendo o libro de José Antonio Marina "El Misterio de la Voluntad Perdida" (Anagrama)

Por outra banda, dáme a impresión de que a lectura de novelas pseudohistóricas é coma un sucedáneo da relixión perdida. Non cremos, pero queremos crer nestas caralladas con visos de historicidade. E recalco o da apariencia historicidade porque o valor da fición literaria tamén entrou en crise.

marcos valcarcel dijo...

Cando xuntei estas dúas novas no mesmo post, eu sospeitaba que ámbalas dúas tiñan unha relación máis ou menos consciente. O amigo Marcel Swan acaba de atopar esa relación directa de xeito moi atinado: a necesidade de crer (mesmo dende plataformas como a novela-bestseller-histórico de intriga) nese mundo despersonalizado.

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

[retranca] Entón a César Vidal en que xénero o clasificarían? [/retranca]

A.P-C. dijo...

Home, pois a César Vidal incluiriamolo na mesma cadrilla que Jiménez Losantos: a da "dereita extrema" (Zapatero dixit) con afán guerracivilista.

Eles non son "conservadores". Son, obviamente, "destrutores".

marcel swann dijo...

Pego aquí un artigo sobre o aludido Vidal, no que se fala da súa vidalidade.

LUÍS VENTOSO
Elogio del trabajo
DE SOL A SOL (LVG)

CÉSAR VIDAL, historiador y periodista madrileño de 47 años, es un cerebro con cuatro títulos universitarios y un premio fin de carrera. Cada noche conduce un programa de cuatro horas en la radio de la Iglesia y es comentarista en la televisión matinal. Pero aún así, en los diez primeros meses de este año ha publicado nueve libros. Entre ellos figuran, por ejemplo, una novela histórica premiada, la traducción de un evangelio herético, unos relatos sobre la Inquisición, un diccionario del Quijote o una disección de la masonería. Nada de lo humano le es ajeno y en diez meses ha despachado 3.041 páginas.

Los diez primeros meses del año suman 7.200 horas. Si Vidal duerme sólo seis horas, ha pasado 1.800 con Morfeo, tiempo en el que -en principio- no puede escribir. Si restamos sus cuatro horas de radio y unos 60 minutos para comer y cenar al galope, le quedan 4.900 horas libres. Suponiendo que no necesite documentarse jamás y que lo único que haga en su vida sea escribir, le sale una marca de media página a la hora.

Pero hay quien cree que está derrochando su talento. Si dejase la radio y durmiese un poco menos, sólo a la hora del desayuno, entre chiquilín y chiquilín, se ventilaba en un mes la ampliación de la Larousse.

Xosé M. González dijo...

Eu diría que estamos criando insolentes bastante insolventes. Xaora, unha das causas profundas é termos sacado os valores morais á feira da vaidade; canto a valores, dos que máis se escoita falar é dos do outro mercado, o bolsístico.

E sen pesimismos, eh. Espero mellor momento para máis ampla explicación.

Leituga 1 dijo...

Da crise de valores fálase xa dende a Grecia de Pericles. Moita xente, a medida que vai cumprindo anos, empeza a pensar que o mundo está perdido e que "antes non pasaba isto".
¿Que a sociedade é máis "insolente" agora? Para "insolencia", a Revolución Francesa. A insolencia, en canto falta de respeto aos valores vencellados á "auctoritas" (moral, intelectual, social e política), é unha consecuencia das tendencias igualitaristas desatadas pola devandita Revolución. O mundo saído de tal evento nin é perfecto nin deixa de ter fallos, pero aínda a imos virando...
Eu creo que a queixa de Giner está directamente relacionada con iso que xa debatemos aquí aí atrás: a perda de influencia e de peso social dos intelectuais e a disolución das promesas de perfectibilidade social vencelladas á cultura humanística. Pero, sobre todo, a queixa de Giner está producida polos seus 90 anos. E nós empezamos a compartir os seus laios -"¡antes isto non pasaba!"- porque xa andamos polos 50, anos arriba, anos abaixo.

Anónimo dijo...

Nótase ben que o señor Leituga 1 non é ensinante.
Se tivese que chupar roda todos os días, non sería tan benévolo.

Leituga 1 dijo...

Pero teño dúas fillas que se me soben ás barbas, que fan botellón, que chegan ás seis da mañá, que me chaman antiguo, que prefiren a tele aos libros, que poñen cara de aburridas cando lles falo da Guerra Civil e que me falan sempre en castelán, aínda que eu lles falo en galego dende que naceron. Iso si, sacan boas notas e creo que algo de cariño aínda me teñen(sniffff).

arume de piñeiros dijo...

Cando me falan de falta de valores (debe ser a cousa ácrata) póñome a temblar. Non soporto ese discurso, síntoo moito. A Grecia de Pericles xa me parece bastante próximo para lembrar. O mundo sempre está en crise: é a súa natureza. E a mín gústame.

Anónimo dijo...

Seguramente o señor Arume nin ten fillos nin é profesor de secundaria. Así calquera...

arume dos piñeiros dijo...

O señor Arume ten fillas e foi profesor de secundaria e coñece ben (moi ben, se llo permiten dicir) o mundo do ensino. E non creo que a educación nosa, digo a dos claustros de profesores, dos talleres de mecánica, dos laboratorios de investigación ultramoderna, das tendas de glamour chic, dos bares de tapas, das cafeterías cheas de vellas e cruasáns, sexa mellor (ou pior). Eu teño por máis insolente a moita xente de certa idade ca moitos xoves de hoxendía. Non é por crise de valores (escribilo ata me dá certo noxo) senón por outras miles de cousas (a estructura familiar non é a mesma que hai tempo: éche outra, pero non mellor nin pior) que un (bó) sociólogo (non un salvador de conciencias febles) debe determinar. Agora ben: soltar esa prenda de que faltan referentes queda ben, comprace ao máis pintado, pero non se sostén máis alá do seu diktat.

arume dos piñeiros dijo...

Non reparara no segundo párrafo: o que acostuma a ler a maioría dos lectores españoles. Podo decir que exactamente o mesmo cós franceses, ingleses, italianos e norteamericanos. Polo que eu podo saber. Debe de ser que o perdemos os valores todos ao mesmo tempo (entón o do patriotismo de non botar papeis ao chan queda un pouco diluido) ou é que as promocións a nivel universal sonche de carallo. Non sei.
Por certo, o libro A catedral do mar é número 1 en ventas en Italia. Nono lín, pero gusta, polo que se ve.

arume dos piñeiros dijo...

Para Leituga 1: por unha casualidade atopei este artigo de Manuel Vicent do ano 1980.

“Esta es la pequeña historia de una rebelión, el famoso caso de un tipo de izquierdas que el viernes, día 14 de marzo de 1980 se deshizo del propio terror psicológico de que sus amigos le llamaran reaccionario y le arreó seco bofetón a su querida hija de quince años, la echó de casa y se liberó de una vez del trauma de la paternidad responsable. El episodio fue el final de un complicado proceso neurótico y se desencadenó por un disco de Mozart, por una bobada, como siempre sucede.

La chica estaba en la leonera de su alcoba con unos amigos melenudos y una música de Led Zeppelín hacía vibrar las paredes maestras del piso. El padre estaba en la sala sentado en un sillón bajo la lámpara de enagüillas leyendo un informe del partido acerca de los índices del paro. Aquella panda de jovenzuelos llena de harapos, pulgas y metales del rollo había entrado en su casa sin permiso, había pasado varias veces por delante de sus narices sin dignarse esbozar el más leve saludo, le había manoseado sus libros, le había vaciado la nevera, se había limpiado las botas camperas en la alfombra de la Alpujarra, había dejado un hedor cabrío a su paso. Ahora estaban en la habitación de su hija espatarrados como tocinos bajo los posters de “Ché” Guevara oyendo a Led Zeppelín, a The Police o a The Snack, fumando porros y apurando la última cerveza. Aquella alcoba era una reserva en la que él, desde hacía un año, no se había atrevido a entrar. En aquel momento tenía la cabeza metida en el informe económico lleno de coordenadas catastróficas cuando su querida hija salió a la sala, se acercó a la estantería y pretendió llevarse a la madriguera la “Sinfonía número 40” de Mozart. El padre, de izquierdas, saltó del sillón impulsado por un muelle y lanzó un grito estentóreo: ¡Mozart, no!. ¡No pongas tus sucias manos sobre Mozart!. Y entonces se inició la escena final, en la que el padre se liberó de todos los traumas hasta alcanzar la propia libertad sobre el chantaje de sus hijos. Detrás había quedado un largo proceso de neurosis paterno-filial que acabó con una sonora bofetada.

El hombre tiene cuarenta y dos años y pertenece a la izquierda fina, quiero decir que es progresista con dinero, un economista colocado, con una biblioteca selecta de dos mil volúmenes, pintura abstracta en las paredes, carnet del partido anterior a la legalización con la cotización al día, piso de doscientos metros por los altos de Chamartín, un año de cárcel y ciertas mataduras de la represión franquista, educado en el colegio del Pilar, un marxista de vía chilena, buenos modales, deportista de ducha fría diaria y perfectamente alimentado ya desde el útero de su madre. Cuida mucho el envase, pero ama la libertad antes que nada. Tal vez su punto fuerte es la elegancia interior.

Este tipo nunca ha comprendido muy bien por qué la izquierda ha caído en la trampa de dejarse arrebatar ciertos valores; por qué un progresista debía vestirse de guarro, aunque sólo fuera para epatar; por qué la disciplina, la eficiencia, el método, el deporte y la limpieza eran aspiraciones asimiladas a la derecha; por qué el respeto social y la educación férrea no eran reivindicadas constantemente por los de su ideología. Cosas así. En los momentos de duda él pensaba que esto eran residuos de su herencia burguesa, de modo que se dejó llevar por la onda, consciente de que hay que hilar muy fino para que tus camaradas no te llamen reaccionario. Ese siempre sería el peor insulto.

Cumplió todos los ritos. Se casó en una ermita de pueblo con traje de pana. Fue de viaje de novios a Rumanía. Tuvo tres hijos y los llevó a un colegio progre, los educó para que crecieran sin traumas, los metía con él en la bañera, los paseaba por la ruta del románico, se dejaba insultar por ellos y así las tres criaturas fueron creciendo a la sombra de unos padres comprensivos que no osaron jamás dar por zanjada una discusión sin antes mostrarles todas las salidas, opciones, contradicciones del problema par que fueran ellos quienes tomaran la decisión según su responsabilidad. Ponerles la mano encima hubiera sido un escándalo para su propia alma, contestar con una negativa sin más apelación le producía un desgarro en su sensibilidad progresista. Y el chantaje iba engordando como un tumor.

Este buen padre de izquierdas ya había pasado porque sus hijos no se lavaran los dientes o ni siquiera se ducharan una vez a la semana, soportaba que le llamaran viejo con cierta naturalidad displicente, pasaba por alto aquella indumentario zarrapastrosa del vaquero con remiendos, la pelambrera de profeta nihilista, el hecho de que se fumaran un porro en la pocilga de la alcoba y que no lograron aprobar el curso. Ante todo había que contar con la presión social, ya se sabe que la juventud no encuentra salida, la sociedad está muy deteriorada, cada generación tiene sus ritos, sus mitos, sus formas de comportamiento y eso había que respetarlo. Imponer la voluntad a rajatabla no es más que una agresión. Después de todo, no es malo que toquen la guitarra o que oigan a Led Zeppelín.

Un buen día, el hijo mayor no volvió a casa por la noche. Había tenido un percance en el colegio y decidió huir a Ibiza. La Policía lo encontró en Valencia, cosa que sucede a menudo, cuando no se logra pasar el filtro del barco. Otra hija se fue a vivir con un rockero. Después de un tiempo, el buen padre de izquierdas logró reintegrarlos a las suaves ordenanzas del hogar, lleno de traumas, explicaciones, consideraciones, pláticas razonables, amabilidades y sesiones antipsiquiátricas con un diálogo siempre abierto. Que hagan lo que quieran, lo importante es que están en casa, que los angelitos no sufran, que desarrollen la personalidad, aunque sea tumbados en el catre todo el día.

Cada tarde, la alcoba de su hija se llenaba con una panda de amigos que traían una calaña bastante atroz. No era lo peor que pasaran por delante de sus narices y que no se dignaran saludarle, sino el olor a cabra que dejaban en la sala. Que se limpiaran las botas en la alfombra, que se abatieran sobre las estanterías y manosearan sus libros con las uñas sucias, que se le bebieran el whisky y que mearan si tirar de la cadena. El viernes 14 de marzo de 1980 fue un día histórico para este amigo mío, un tipo de izquierdas, padre de familia que se liberó de sus hijos. Y al mismo tiempo se sacudió el terror de que alguien le pudiera llamar reaccionario. El estaba estudiando un informe del partido acerca de los índices del paro. El sonido de Led Zeppelín hacía vibrar las paredes maestras del piso. Fue cuando su hija salió de la leonera con el pelo grasiento y los dedos amarillos de nicotina, cruzó la sala, se dirigió a la biblioteca con la pretensión de llevar a sus compinches la “Sinfonía número 40” de Mozart. Mi amigo no sabe explicar bien qué dispositivo le hizo saltar. Otras veces también su hija le había llamado carroza. Pero en esta ocasión aquel hombre tan fino y progresista le arreó una bofetada, se lió a golpes contra todo dios y se deshizo el misterio. Echó de casa a patadas a aquella panda de golfos. Y hasta hoy. Mi amigo es un hombre de izquierdas ya liberado.”

Xosé M. González dijo...

Eu penso que, como hai cólera e cólera, tamén hai tipos de insolencia ou de insolentes. E non admito comparar a dos revolucionarios do 89 -algo bárbaros tamén, por certo- nin a dos dadaístas (aqueles tocacollóns un tanto desesperados) coa dos insolentes e insolventes, aparentemente tan fartos de contido coma carentes de formas, aos que se cadra se refire Giner, posiblemente o AP-C e desde logo eu mesmo.

Coñezo a urticaria producida por palabras coma "valores" tan venerable coma desprestixiada por motivos diversos, uns máis presentables se cadra ca outros. Véxase que a reacción alérxica se produce en individuos dunha xeración que, como a nosa, aínda recibiu bastante masivamente tal achega ou verniz ético. Non desbotemos, así e todo, que as minorías (non sei se moi amplas, oxalá que non) insolentes e insolventes, e mailos seus compañeiros de xeración, non estean clamando por máis ética, máis ancoraxe, non tanto relativismo... máis valores, ao mellor.

Leituga, non mo tome a mal: tan síntoma de ir para maior pode ser falar mal dos mozos coma falar demasiado ben. E Arume, ben agradecido por traer o artigo de Vicent co que tan ben o pasara eu no seu día; 1980, non?... tiña eu vinte e seis, e xa máis empatía co propietario do disco ca ca godalla da filla. Polo que fose.

Leituga 1 dijo...

Que quere que lle diga. Eu son de natural permisivo e ademais tamén gusto de escoitar a Led Zeppelin -"Ramble on", "Dazed and confused", "Lemon song"...- a un volume considerablemente alto, o cal constitúe unha tonificante e ao tempo electrizante experiencia estética.
Antes esaxerei un pouco falando das condutas das miñas fillas, en absoluto equiparables ás da filla e colegas do amigo de Vicent. Claro que se están civilizadas e son razonablemente ben educadas, teño que recoñecer que llo deben máis á súa nai que a min, que son un pouco perdulario

arume dos piñeiros dijo...

Ando co Vicent estes días e o artigo sobre a hiena que vai ás manifestacións da AVT tamén trata de educación e de valores:

Por su abrigo con cuello de marta cibelina, por sus finas alhajas y por su pelo blanco con reflejos azules, a simple vista nadie diría que no es una gran dama, si además viene de una estirpe con cuatro generaciones que ya se duchaban todos los días. Esta señora trata por todos los medios de que la buena educación que ha recibido continúe en los vástagos de su familia. A los nietos les enseña a manejar el cuchillo y el tenedor en la mesa, a usar la servilleta, a dar las gracias, a pedir las cosas por favor. Si algún niño pronuncia en su presencia una palabra malsonante, lo amenaza con llevarlo al cuarto de baño para fregarle la lengua con un estropajo, si bien nunca lleva a cabo este castigo porque en el fondo es una abuela demasiado tierna. Con sus amigas, que también estudiaron con ella en el colegio de las Irlandesas, se reúne muchas tardes en un salón de té del barrio de Salamanca para hablar de simplezas mientras toman canutillos de nata, aunque ella prefiere la tartaleta de fresas, su dulce favorito. Cómo este ser tan afable puede transformarse en una hiena, es un caso de licantropía, difícil de comprender. No obstante, este hecho se ha dado a la vista de todo el mundo hace unos días en Madrid. Sucedió cuando esta señora, junto con sus amigas, acudió a la manifestación contra el gobierno socialista montada por el Foro de Ermua y el Partido Popular con el pretexto del terrorismo. Rodeada de banderas nacionales y de pancartas con consignas terribles llegó un momento en que a esta señora, sin que nadie se lo explique, comenzó a crecerle pelo duro por todos los poros de su rostro, se le afilaron sus mandíbulas hasta formar un hocico agudo y de pronto su cabeza, que emergía por el cuello del abrigo de pieles, adquirió el perfil de una hiena. En ese instante se puso a vomitar insultos feroces contra el presidente Zapatero. Iba del brazo de sus amigas y azuzada por el fragor de la multitud sus gritos ya desgañitados semejaban simples ladridos, que finalmente fueron orquestados por el himno nacional. Excitada por los discursos de la tribuna, su cabeza conservo el aspecto de hiena aun después de que la manifestación de disolviera. Pero al termino del acto ella y sus amigas se reunieron en el salón de té y pidieron los dulces consabidos. Cuando la señora dio el primer bocado a la tartaleta de fresa su rostro perdió de repente el pelo duro que lo cubría por completo. Solo por la virtud de este pastel se dulcifico el color de sus mejillas y se convirtió de nuevo en la adorable abuelita de todos los días.

marcel swann dijo...

1980. Sigamos a evolución de papá corentón e da ex-nenita de papá. O pai, señorito de colexio de pago, pertence á altura de 1980 á "izquierda a la chilena". Ou sexa, ao Partido Socialista Obreiro Español. No ano 1982, coa chegada dese partido ao goberno, o noso corentón deixa a universidade, onde lle pagaban unha merda, e adquiere poder político: entra nunha subsecretaría do ministerio de educación e ciencia. Un yuppie máis, a cultura do pelotazo, etc. Cambia a súa compañeira-dona de corenta anos por unha siliconada de vinte. Cambia tamén de coche e de vivenda: agora vive nun super-chalet en Puerta de Hierro. Xa non le informes sobre o paro porque qué máis dá. Votou si á entrada de España na Otan. Fai e desfai nos sucesivos ministerios socialistas: máis universitarios (encher o país deles) pois iso é o que necesita España. Veña máis universidades, para ir colocando, via reinos de taifas, aos amigos progresitas. A inicios dos anos 90, apoia desde un alto cargo do ministerio a nova lei de educación secundaria obrigatoria, a LOGSE, que logo retoma o PP como quen non quere a cousa. O noso papá corentón xubilouse cunha boa paga. A el dálle igual que a LOGSE conducise aos resultados actuais.

Que foi da filla gandula? Estivo uns anos por Ibiza, de camanduleo, pero logo cansou e volveu con papá, porque en casiña cómese moi ben. Empezou unha carreira de psicoloxía, pero como lle gustan moito os nenos pequenos, deixou o que estudiara e comezou psicopedagoxía. Algúns anos máis tarde, alguén lle dixo que se podía estudar psico-pedagoxía, polo que aproveitou o cambio de planos de estudio para matricularse na nova carreira. Licenciouse por voltas de 1996, xusto cando chega ao poder o PP. Todos estes anos pasou unhas temporadas con mamá e outras con papá, dependendo de quen dese menos a lata. Agora, cumpridos os 43 anos, é unha mileurista máis, secreteria de dirección. Non ten fillos porque a vida está moi cara...

arume dos piñeiros dijo...

A verdade é que Vicent pon estas continuacións, como se di vulgarmente, a huevo. Daqueles polvos (con perdón) veñen estes lodos. Sería bo algún retrato máis daquela historia. Eu sei dalgunha filla gandula que non chegou a mileurista: quedou por entre Vilanova de Arousa e Corón, sen saber siquera que era iso da psicopedagoxía.

Leituga 1 dijo...

Pois eu creo que o pai, efectivamente, entrou no Ministerio de Educación cando os socialistas chegaron ao poder. Pero non se fixo yuppie (tiña xa 44 anos) nin deu pelotazo ningún, porque dende Educación, como non se fixese socio de Roldán para saquear o colexio de orfos da Guardia Civil, tampouco había moito con que. Cambiar de coche si que cambiou, coitado. E de muller, se cadra tamén, polo cal, se é feliz coa nova, non dubido en transmitirlle os meus máis cordiais parabéns. E o mesmo fago se é certo, como di o señor Swann, que contribuíu a que en España houbese moita máis xente con estudos universitarios. Se foi así, agardo que o home este sexa hoxe polo menos eurodeputado.
Da gandula prefiro pensar que non morreu de sobredose, como suxire don Arume. A traxectoria que lle traza o señor Swann non me parece descabellada. Aínda que, pensándoo ben, agora aquela rapariga desastrada e pasota terá uns 42 anos. Xa non é mileurista: montou un gabinete psicopedagóxico e non lle vai nada mal, aínda que é certo que o pai lle botou unha man con algúns contactos no Partido -é bo amigo de Peces Barba e de Rubalcaba- e cos vellos amigos do Ministerio. Os maiores problemas da ex-gandula psicopedagoga son de tipo emocional: non acaba de atopar o home da súa vida, aínda que o segue buscando. Casou aos 22 anos, preñada dun daqueles porronautas que lle andaban polo cuarto, pero tres anos máis tarde chegou o divorcio, que puideron executar grazas a que, dende había non moito tempo, exisitía unha lei que o permitía. El, que era o melenudo coa camiseta do "Ché" que andaba a sobarlle os libros ao pai, quedou en Ibiza, onde agora, xa coa cabeza toda pelada e un piercing na orella esquerda, rexenta un bareto do que vive bastante ben só cos cartos que fai no verán. Coñece a Pocholo, pero non se pode dicir que sexan realmente amigos.
Así que a psicopedagoga ex-gandula vive xa case soa, pois o fillo, con vinte anos, xa para pouco na casa, feito que á nai lle produce sentimentos contraditorios: por unha parte, gústalle que estea por alí; pero, por outra, moléstalle bastante que teña o cuarto feito un cortello, que lle leve por alí amigos e amigas que nin miran para ela, que lle baleiran a neveira e que non paran de fumar canutos e beber chevis mentres escoitan a todo volume aos Red Hot Chilli Peppers e a Pearl Jam. O que máis a irrita é que lle soben os libros que herdou do seu pai. E un día case lle mete unha labazada ao fillo gandul que pretendía levarlle os seus vellos vinilos de Led Zeppelin e Police a unha festa privada. Cada día é máis proclive a pensar que o mundo cambiou para mal, que hoxe xa non hai valores, que se está perdendo todo...

Xosé M. González dijo...

Estimulante lectura a dos seus particularmente motivados relatos. Sinto non contar con substrato -entendo pouco de madrileños- nin motivación puntual para facerlles a competencia, sempre no caso de ser capaz.

Non desboten, con todo, que o pai seguise na universidade concluíndo unha frutífera carreira -para el e a sociedade- en termos académicos e investigación; e que coa súa santa goce agora da satisfacción dun xubilado entre Mozart, Dickens, Kavafis e, ocasionalmente, algunha botella de Montrachet ou Mouton-Rotschild.

A godalla? Igual se espeliu coa losqueada, aproveitou algún estudo e agora é unha profesional que valora máis ter algún tempo ca nadar en ingresos. Se non ten fillos; igual está pensando en adoptar unha chinesiña, e participa nunha asemblea de barrio de IU ou colabora con Cáritas.

Algún domingo tranquilo e evocador, igual o pai considera que nunca un lampreazo a tempo resultou tan rendible. Nunca o dirá, desde logo, diante dos seus compañeiros do PSOE ou o grupo vagamente ecoloxista co que agora colabora.

E ao final saíu tamén un relatiño. Algo bárbaro en certos aspectos, como verán.

A.P-C. dijo...

Extraordinario!

Extraordinarias todas e cada unha das "historias de vida" que vostedes imaxinan, amigos contertulios.

Unha perfecta e extraordinaria síntese de socioloxía prospectiva + política da vida cotiá + literatura + historia contrafactual + ...

Os meus parabéns a todos.

Con xentes coma vostedes, dá gusto pasar por este recuncho.