11 mar. 2007


CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: 1958. NACE O GRUPO BRAIS PINTO.

Nacían os Brais Pinto en Madrid: estaban máis novos que nesta foto dos 90, iso si. Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Herminio Barreiro, Alexandre Cribeiro, etc.
Ferrín publicaba o seu Percival e outras historias. E Otero Pedrayo os poemas de Bocarribeira. E Fole Pauto do demo. E saía o primeiro tomo do Diccionario do Eladio.
E unha Antoloxía de poetas asturianos, con poesía en bable (en realidade en galego e en bable).

E Franco escoitaba firme o Himno Galego nun acto oficial. E celebrábase o primeiro centenario da morte de Aurelio Aguirre. E saía en Buenos Aires Eufonía.
E morrían Cuevillas, Luís Pimentel, Carlos Maside, Serafín Ferro, José Arriola, Avelino Rodríguez Elías e Sofía Casanova.
E nacían, entre outros, Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Forcadela, Arturo Casas, Luis Rei Núñez, Gloria Sánchez, Lois Pereiro, Alfonso Armada, Delmi Álvarez, Miguelanxo Prado, Xulio Ríos, Xosé López, José Luís Gómez, Xavier Villaverde, Luz Casal, Miguel Pernas, Laura Ponte, etc. O artigo remata así: "E o cronista que asina estaserie tampouco lle quere mal a 1958: xa se imaxinan o porqué."
(O artigo completo)

10 comentarios:

Trebi dijo...

Como pasa o tempo.....
Amigo Marcos o medio siglo telo
ahí.Estás no mellor,desexo alcances o siglo

bouzafria dijo...

Non esqueza nos Brais Pinto a Alexandre Cribeiro, un bo poeta e un home digno.

marcos valcarcel dijo...

Para o amigo Bouzafría: Xa incorporei no texto do blog a Alexandre Cribeiro (sinto telo esquecido no artigo orixinal). De feito, é un poeta que coñecín tarde, na antoloxía que publicou hai pouco Xerais, pero que me parece moi interesante. Falaremos del en calquera momento. Saúdos.

marcel swann dijo...

Brais Pinto, ou o que puido ser e non foi: pola emigración e o afastamento de Galicia, e porque os novos pintaban pouco no galeguismo oficial.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Dentro do grupo Brais Pinto, e sen sinalar, houbo xente mesmo perniciosa para a boa marcha da cultura galega. Outros non chegaron a ren. Non teño eu unha boa opinión, como poden ver, sobre ese grupo de estudiantes de románicas polo Madrid de postguerra.
Por suposto, a Ferrín, que non mo toquen, que así e Ferrín.

marcel swann dijo...

Que eu saiba non houbo ningún brais pinto pernicioso para a cultura galega, nin daquela nin despois, nin por omisión nin por entorpecemento.

arume dos piñeiros dijo...

Vese que vostede non frecuentou as aulas de Mazarelos.

a.p-c. dijo...

É que o señor Swann ten unha clara capacidade para a mitificación. Menos de Ramón Piñeiro, claro.

marcel swann dijo...

Isto parece un clue de damnificados da romanística. Alédome de que, canto menos, o interfecto non lles tirara o sentido do humor. Ao final seguro que a cousa non era para tanto.
Non son mitómano, sr a.p-c. O que pasa é que se cadra os meu mitos non son os seus.

arume dos piñeiros dijo...

Todo o contrario: eu amo a romanística, malgré lui. Pero creo que este blog impide, sen dicilo, as diatribas. Quede simple constancia de que non todo brais era pinto.