24 abr 2007


DÍA DO LIBRO. PAN POR PAN martes 24 abril
(A imaxe é do debuxante de BD italiano Giardino. En comentarios adxuntarei o listado de textos lidos e de alumnos/as participantes)

Celebramos onte no Instituto da Carballeira o Día do Libro. En mancomún varios departamentos organizamos un recital poético no que un amplo grupo de mozos e mozas recitaron máis de 60 poemas en diversos idiomas: en galego e en castelán, tamén en inglés, en francés, en latín e en grego. Un power point de retratos de escritores e imaxes de artistas foi o único decorado necesario para os versos de Lorca e de Alberti, de Pedro Salinas e de Miguel Hernández, de Paul Éluard e de Shakespeare, de Emily Dickinson e de Neruda, de Celso Emilio e de Antón Tovar, de Ferrín e de Manuel Luís Acuña, de Olga Novo e de María do Cebreiro, de Catulo e de Ovidio, entre outros. Foi un acto sinxelo, si, pero conseguimos que durante case dúas horas un cento de rapaces escoitasen poesía en silencio, ese xénero que algúns queren dar por morto. Pero a poesía aínda pode facer moitos milagres neste mundo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

DÍA DO LIBRO. IES A Carballeira. 23 abril 2007.
Recital poético en varias linguas.
Tras unha introducción musical e cantada (cursos de 2º de ESO), o recital estará dividido en tres partes: poemas en castelán, poemas en galego e poemas noutras linguas. Participarán alumnos/as dos cursos de 4º de ESO, cursos de 1º de Bacharelato, cursos de 2º de Bacharelato (estes a partir das 13,10 h.).

Primeira parte: Poemas en castelán.

Alba Silva, Mi corazón oprimido (Alba), de F. García Lorca
Diego Puga, Empieza el llanto, de Lorca
Rebeca Padrón, Romance de la luna, luna, de Lorca
Xosé M. Salgado, Romance de la pena negra, de Lorca

Tirso Watson, ¡Qué alegría vivir…!, de Pedro Salinas
Ana Rodríguez, Perdóname por ir así…, de P. Salinas
María López, Si me llamaras, si…, de P. Salinas

Víctor Mira, Si mi voz muriera en tierra..., de Rafael Alberti
Pablo Fernández, Se equivocó la paloma, de Alberti
Pablo Vaz, El mar. La mar, de Alberti

Paula Campos, Romance del Duero, de Gerardo Diego
Adrián González, Era mi dolor tan alto, de Altolaguirre
Catarina Fernández, Me sobra el corazón, de Miguel Hernández
Christian Alonso, Como el toro he nacido para el luto, de Miguel Hernández
Blanca Gómez, Vientos del pueblo me llaman, de Miguel Hernández

Adrián Gómez Lois, Para vivir no quiero, de Pedro Salinas
Manuel Janeiro Valcárcel, Si mi voz muriera en tierra, de Rafael Alberti

Lorena Meno Fernández, Los besos, de Vicente Aleixandre
Leticia Rodríguez Vilachá, Para vivir no quiero, de Pedro Salinas
Alberto Sampedro Pérez, La Venus del espejo, de Gerardo Diego
Sandra Campos Fernández, Donde habite el olvido, de Luis Cernuda

Hugo Fernández Vázquez: Ruina, de Federico García Lorca
Adrián García Fernández: Llegó con tres heridas, de Miguel Hernández
Sandra Gil Blanco: La casada infiel, de Federico García Lorca
Pablo Rodríguez Martínez: Amaranta, de Rafael Alberti

Segunda Parte: Poemas en galego.

Andreina Lorenzo Infante, Cando penso que te fuches, de Rosalía de Castro
Laura Blanco Rodríguez, Cada esprito é un paxaro prisoeiro..., de Eduardo Pondal
Estefanía González Fernández, Paseniño, paseniño..., de Rosalía de Castro
Cristina Pérez Rodríguez, Unha vez tiven un cravo, de Rosalía de Castro

Alba Silva, Irmaus, de Celso Emilio Ferreiro; e Patria das miñas palabras, de Antón Tovar
Francisca Losada, Primeiro amor, primeira morte, de Avilés de Taramancos; e Conto, de X.L. Méndez Ferrín
Paula Campos, Galicia é isto..., de Salvador García-Bodaño

Catarina Fernández, Coa miña pel, de Olga Novo
Diego Puga, Poema nuclear, de Celso Emilio Ferreiro
Xosé M. Salgado, Xaneiro 1972, II, de Celso Emilio Ferreiro
Pablo Fernández Marchetti, Bando, de Manuel María

Miguel Ferreiro García, Monólogo do vello traballador, de Celso Emilio Ferreiro
Fátima Álvarez Fernández, Forma e contido, de María do Cebreiro
Alejandro González Urdiquién, Cantiga da romaxe de Santa Sabel; Terra Cha; Terra; Dimensiós, de Manuel María
Erika Araújo, Mil e Lírica, de Manuel Rivas
Jonathan Domínguez, Letanía de Galicia, de Uxío Novoneyra

Iria González Céspedes, Pastora de sorrisos fuches onte; Quero ser enterrado na Xabreira, de Fiz Vergara Vilariño
Noemi Vázquez Amaro, Miña nai traballan unha fábrica de conversas, de Luísa Castro
Valeria Rivera Toledo, Ás veces digo amor, de Pilar Pallarés
Noemi Vázquez e Valeria Rivera, Regueifa, de Manuel Luís Acuña
Isabel Rivero Rubio, A muller de Seraogna, de Alfonso Pexegueiro
Mónica Rodríguez Martínez, Contemplamos a mar de Vigo, de Luz Pozo Garza

Terceira parte: outras linguas e outras materias.

Francisca Losada e Sandra Campos, Petals of sand (Pétalos de area), de Juan Pomponio
Alberto Sampedro Pérez, Pour toi mon amour, de Jacques Prévert
Libertador Gómez Yahia, Viramus, mea Lesbia, de Catulo

Olaya Taboada Rodríguez, Poesía LXXXV, de Catulo
Cristina Feijóo Álvarez, Ars Amandi, de Ovidio
Ada Ndong Lameiro, Poesía, de Safo (Me parece igual a los dioses)
Adrián Nóvoa, Poema al átomo, de Pablo Neruda
Noemi Vázquez e Valeria Rivera, ¿He de compararte a un día de verano?,
de W. Shakespeare.
Fátima Álvarez e Ada Ndong, Hay una soledad, de Emily Dickinson
Adrián Nóvoa e Laura Blanco, Cómo te amo, de Elisabeth B. Browning
Lectura colectiva (4º ESO-b) do poema J’ ècris ton nom, de Paul Éluard

bouzafria dijo...

Magnífica idea e magnífica selección (odi et amo). En inglés estaría ben o recitado do coñecido Funeral Blues de Auden: Fermoso poema de amor e dor.

Anónimo dijo...

Parabéns por tan abranguente acto, Se non son impertinente, suxiro para o ano que vén algunha quadrinha do Pessoa ou Agustina Bessa Luis.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas, amigos Bouzafría e Xosé M. González. Este tipo de actos, sinxelos, teñen un significado especial para os rapaces/zas e unha funcionalidade evidente. O único defecto, se algún houbo, foron as presas na súa organización: eu paseime toda a tarde do domingo buscando os textos galegos (poemas que a min me gustan de sempre, por suposto) e preparando o power point con máis de cen imaxes de arte (como as que colgo aquí a cotío) e imaxes de escritores galegos e casteláns (a xeración do 27 no que encontrei en Internet, sobre todo). Profesores e rapaces quedaron encantados. E ten razón XMG: na próxima, no Instituto ou no Liceo, hai que engadir autores portugueses, como os que el suxire (que eu tamén aprecio) ou outros como Florbela Espanca, Miguel Torga ou Eugénio de Andrade. E, por suposto, ampliar a selección franco-inglesa, que corresponderá ós profesores de idiomas (resultou emotiva en calquera caso, o recitado colectivo do poema de Paul Éluard).

Anónimo dijo...

Está a todo, amigo Valcárcel. Realmente é vostede incansable. Felicítoo pola iniciativa: un gran labor, sen dúbida.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Véxome obrigado a lembrarlle que un soneto de Petrarca non pode faltar. Por favor. Estou abatido.
Por outra parte, Vostede non é incansable, vostede, amigo Valcárcel, é un heroe.

torredebabel dijo...

No día do libro, nunha noitiña fermosa de outono en Bos Aires, ceaban nun bonito restaurante María do Cebreiro, Francisco Fernandez Naval, Anxo Angueira, Carlos Arias, Pabo Milanés e a sua dona, Nancy, o historiador Ruy Farías Iglesias e a sua moza, e algúns mais. Das moitas maneiras de lembrar a importancia dos libros cada 23 de abril, custame imaxinar unha mellor para onte aquí.