25 abr. 2007


O EQUILIBRIO ELECTORAL EN FRANCIA

Andoliña 25 abril

Europeos coma nós, os franceses non son moi diferentes de nós mesmos: seguen as mesmas series televisivas, aman o seu cine (máis que en España), andan a loitar contra o tabaco e gustan tamén das humoradas do guiñol. Teñen máis fillos que os españois, iso si, e máis inmigración e uns valores laicos asentados, aquí máis minoritarios. En cambio, o seu sistema de partidos actual ten diferencias notables co dos seus veciños do sur. Velaí a ausencia electoral de partidos nacionalistas ou a forza relativa, na primeira volta, da estrema esquerda, moi dividida pero que supón case un 10 por cento dos votos (máis de tres millóns de votos). Teñen tamén unha estrema dereita racista e xenófoba, autónoma na súa organización, con Le Pen e mesmo Philippe de Villiers, cun 13 por cento electoral, con catro millóns e medio de votos.
Polo demáis, o peso electoral de esquerda e dereita semella equilibrado en dous bloques arredor do 30 por cento (con ventaxa do conservador Sarkozy sobre a socialista Ségolène) e un amplo colchón de voto centrista, perto do 20 por cento (desaparecido en España dende a disolución da UCD). Serán os electores do centrista F.Bayrou os que decidan ó final: solución que algúns mesmo envexan dende España.

4 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Jean Daniel hoxe en EL PAÍS fala con certa ilusión dunha nova clase política en Francia e dunha preocupación do país pola política que lle resulta moi positivo. Interesante a sinxela achega do director do Nouvel Observateur.

Anónimo dijo...

bayrou.....¿"nationaliste" basque?

Leituga 1 dijo...

Bayrou é occitano. Coñce e sabe falar esa lingua, outrora gloriosa e hoxe practicamente condenada a morte, aínda contando cun Premio Nobel. Mostrouse contundentemente a favor de que Francia asine a Carta Europea das Linguas Minoritarias, ao que Sarkozy se nega. Sego está pensándoo, seica.

Xosé M. González dijo...

Estará pensando, estará; pero falar falar de bandeiras e himnos hexagonais.

Bayrou fala occitano, ten casa na aldea -fronte da igrexa-, cabalos. Parece un home con certos perfís tradicionais que lle poden valer simpatía en sectores sociais con algunha relevancia. A min non me cae nada mal, no pouco que sei del.