30 may 2007


Dobre discurso.
Pan por Pan 30 maio. Imaxe de Magritte.

Son estes días propicios ó dobre discurso: para dicir en público o contrario do que se pensa en privado. Vímolo antonte no debate postelectoral da TVG: Alfonso Rueda insistindo, ata o inverosímil, nunha victoria que deixa ó PP gobernando só sobre o 24 por cento dos cidadáns galegos. José Luís Baltar foi máis valente e guiouse polo sentido común: recoñeceu dende xa que os resultados do seu partido son moi negativos. Agora deberían pensar quizais nas causas desta situación: os estrategas do PPG ou a quen lle corresponda. Eu creo que algo teñen que ver co tono permanente de crispación promovido dende Madrid: ten algún sentido traer a Mayor Oreja a Galicia para dicir que “España se rompe”? Iso non lles favoreceu en nada ós “populares” galegos. Poderían ter unha voz propia, autónoma, sen interferencias enturbadoras: e creo que o electorado o agradecería.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Baltar recoñeceu en público que os resultados son moi negativos porque sen dúbida está a preparar unha estratexia para cando chegue a non lonxana noite dos coitelos no seu PPdG. Postularase, para daquela, como o tipo aquel que "Xa volo advertín eu..."
Debería de preocuparse máis da súa "provincia", porque eu resultados positivos da súa longícua xestión non os vexo por ningures.

Anónimo dijo...

a ver....aver... se chega esa noite de coitelos longos e deixan as navalliñas, a ver.. se dunha vez axustan contas cos grandes patróns de Madrid e os señoritos nobiliarios de birrete, e dunha vez demostran que son capaces de pensar por si mesmos, e pasar a acción, facer politica galega e universal.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Eu pensei que os do birrete son os bós, pero agora vexo que tamén os da boina non son malos. Non entendo nada. Claro que se facer política galega é ser Baltar, que vaia Gallardón mañán para As Burgas.

Anónimo dijo...

É todo moi complicado.
A xente vota a quen lle peta.
Ben o vimos desta.
E Baltar di o que pensa o sentido común... por iso empata tan ben coa xente.
Isto, e uns poucos favorciños, imaxe de accesibilidade, etc. e xa está.
Queimado o ruín de Cacharro de indigno perder, se cadra era hora de que pensase naquela cousa de CGalega da que veu noutrora e que Baltar trate da reconquista da independencia de Madrid...
Os de CiU seica son máis nacionalistas, pero non menos caciques...

Anónimo dijo...

A mentalidade caciquil é tan potente por aquí que absorve os amagos de modernidade.
Amais muta...amiguismo intelectual, endogamia universitaria...
Jimy de Rairo