14 jun 2007

Bob Dylan
Na foto con Joan Baez, na marcha dos Dereitos Civís, 1963.

Era o cantante preferido do meu irmán maior nos primeiros 70. El trouxo a casa os seus discos. El levoume, case escondido (eu non tiña aínda a idade), a ver "Pat Garret e Billy o neno". Eu sempre asociarei a Bob Dylan co meu irmán na súa fase "hippie" cando quería estudar Belas Artes en Madrid.

Recomendado. "Dylan, o premio premiado" (Manuel Ángel Candelas Colodrón, hoxe en Faro de Vigo).

Pan por Pan 17 xuño

“Cantos camiños ten que andar un home/ antes de que lle chamedes home? (...). “Si, e cantos anos pode existir unha montaña/ antes de ser bañada polo mar? / Si, e cantos anos se permiten vivir a algúns/ antes de que se lles conceda ser libres?/ Si, e canto tempo pode un home volver a cabeza/ e finxir exactamente o que non ve?/ A resposta, meu amigo, está a soprar no vento,/ a resposta está a soprar no vento./ Si, e canto tempo ten un home que mirar cara enriba/ antes de que poida ver o ceo?/ Si, e cantos ouvidos ten que ter un home/ para que poida oír á xente berrar?/ Si, e cantas mortes se aceptarán, ata que se saiba/ que morreu demasiada xente?/ A resposta, meu amigo, está a soprar no vento,/ a resposta está a soprar no vento”. Premio Príncipe de Asturias das Artes, Bob Dylan. Discútese no meu blog se tiña ou non boa voz: a estas alturas da película iso non sei se iso importa.

39 comentarios:

Moralla dijo...

Que sinxelo e bonito post, Marcos!
Pois contareiche unha anécdota. Cando comencei a estudar filoloxía inglesa, no 94, viviamos en Compos na zona nova, Elena, Emma, eu e Alfonso (que tocaba a arpa, a guitarra e a armónica, tiña un oído bestial, estudiara no conservatorio). El pasaba o día cantando aos Dires Straits e a Bob Dylan. Eu facía sempre coros con el coa canción de Mr.Tambourine, que aínda a canto polos pasillos e na ducha. Sempre me lembrará aos anos de carreira!
biquiños
Yoli

Anónimo dijo...

Vostede, amigo Valcárcel, coincidiu conmigo na elección da ilustración: Dylan acompañado dunha muller. Vostede preferiu a Joan Baez, eu a Suze Rotolo. Por que será? Somos uns puretas sentimentais.

Anónimo dijo...

If you see her, say hello,
she might be in Tangier
She left here last early spring, is livin' there, I hear
Say for me that I'm all right though things get kind of slow
She might think that I've forgotten her, don't tell her it isn't so.

We had a falling-out, like lovers often will
And to think of how she left that night, it still brings me a chill
And though our separation, it pierced me to the heart
She still lives inside of me, we've never been apart.

If you get close to her, kiss her once for me
I always have respected her for busting out and gettin' free
Oh, whatever makes her happy, I won't stand in the way
Though the bitter taste still lingers on from the night I tried to make her stay.

I see a lot of people as I make the rounds
And I hear her name here and there as I go from town to town
And I've never gotten used to it, I've just learned to turn it off
Either I'm too sensitive or else I'm gettin' soft.

Sundown, yellow moon, I replay the past
I know every scene by heart, they all went by so fast
If she's passin' back this way, I'm not that hard to find
Tell her she can look me up if she's got the time.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sangue nas pegadas, amigo Swann. Como sabe vostede!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

COMA UN CROIO ROLANTE (con perdón)
Hai tempo vestias de puta madre;
botabas uns pesos aos vagamundos, non era?
A xente dicia: terma, moneca, vas caer.
Pensabas que se rían de ti
e ti rías sempre
de todos os que estaban pendentes de ti.
Agora non falas tan alto.
Agora non tes tanto orgullo,
porque andas a pedir para comer.

Que sintes?
Que sintes,
sen casa,
coma unha completa descoñecida,
coma un croio rolante?

Ti fuches a bos colexios, vale, miss solitaria,
pero sabes ben que andabas todo o día colgada
e ninguén che ensinou como se vive na rúa
e agora daste conta de que telo que facer.
Decías que nunca te habías meter
naquel puterío misterioso, pero agora sabes
que el coartadas non vendía
mentres mirabas ao baleiro dos seus ollos
e preguntabas se quería algo contigo.

Que sintes?
Que sintes,
mirándote,
sen camiño para casa,
coma unha completa descoñecida,
coma un croio rolante?

Ti nunca miraches para atrás para ollar a tristura
nos caretos dos xoglares e dos paiasos,
cando viñan onda ti e facíanche trucos;
nunca entendiche que iso non estaba ben;
sempre deixache que outra xente dera os paus por ti.
Ías sempre galopando no cabalo de cromo, co teu diplomático,
mentres levaba nos ombreiros un gato siamés.
É fodido descubrir
que realmente el non está,
despois de que che roubara todo o que puido.

Que sintes?
Que sintes,
mirándote,
sen camiño para casa,
coma unha completa descoñecida,
coma un croio rolante?

Princesa na torre e toda a xente guapa
bebendo, pensando que teno todo feito,
intercambiando todo tipo de preciosos agasallos e cousas así.
Pero preferías mangar o teu anel de diamantes, e despois empeñalo.
Parecíache tan divertido
o teu Napoleón en farrapos e o estilo que empregaba.
Vai con el agora. Chámate. Non podes rexeitalo.
Cando non tes nada, non tes nada que perder.
Agora es invisible; non tes secretos que gardar.

Que sintes?
Que sintes,
mirándote,
sen camiño para casa,
coma unha completa descoñecida
coma un croio rolante?

Anónimo dijo...

Coñazo de mitómanos co Robert Zimmerman este.Qué bonito tocar a guitarra mentras os negros iban andando os seus traballos kilómetros enteiros pra protestar pacíficamente pola discrminación nos autobuses...Qué canciós tan nostálxicas pra mandarse unhos porros...(E moitas das suas letras sólo comprensibles si un xa os fumóu)

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Señor Cisne (Swann en "tedesco")
as letras do Dylan tennas todas na rede,e os acordes tamén...
O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

É mellor non mirar para atrás, Arume. Corre un o risco de ficar estantío, "ecuestre por mi vida definitivamente anclada", que dicía Lorca.

Anónimo dijo...

Sexamos xustos: Bob Dylan canta bastante mal; por outra banda, ten pouca voz, pero desagradable. Pero que ben queda todo xunto!

"Mr. Tambourine" e "Blowin' in the wind" posiblemente poderán superar a hipotética barreira do alzheimer.

Noutra orde de cousas: vostedes xa non souberon nada de Donovan, ou?

Anónimo dijo...

Boeno...a súa canción "colours" aparece no anuncio televisivo de TITANLUX...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Amigo González: Se Bob Dylan canta mal, daquela tamén o fan mal os mellores cantantes de rock, dende Mick Jagger ata Rod Stewart, Robert Plant (Led Zeppelin), Tom Waits ou Johnny Rotten (Sex Pistols). Bob Dylan, ou calquera dos devanditos, cantan "mal" dende canons alleos ao rock, que é a veta musical na que se insire Dylan. Dende os criterios de calidade do rock, eu creo que Dylan é un dos mellores cantantes que deu este tipo de música. Claro que se o compara con Plácido Domingo ou con Domenico Modugno... Pero poña vostede a Domingo ou a Modugno a cantar Tom Thomb´s Blues ou mesmo a máis melodiosa "Like a rolling stone" (o "croio rolante" de Arume) e xa me contará se o fan mellor que Dylan.
En canto ás cancións, creo que só os Beatles lograron fabricar un número tan grande de "clásicos". Dylan ten, polo menos, cuarenta ou cincuenta cancións merecentes dese título. E iso que aínda están sen revisar criticamente os seus discos dende finais dos 70 ata mediados dos 90, os anos da "travesía do deserto" dylaniana.

Anónimo dijo...

Señor González: Moitísimas grazas. Acaba vostede de devolverme parte da miña autoestima.A min gústame moi pouquiño o Dylan cantando, pero tiñao moi caladiño.O que non deixo de valorar é a súa intención de querer cambiar o mundo nunha época moi determinada.

Anónimo dijo...

Creo recordar nalgunha biografía de Dylan,que un dos primeiros que lle dixo que cantaba fatal foi o seu propio primeiro mánager.Pero tamén lle dixo que eso non tiña importanza...
Hay tantas cousas que na altura da verdade importan pouco,e que os perfeccionistas non acaben de aceptalo...
O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Unha das frases que me gusta de Dylan é a que dixo unha vez de que non lhe importaba tirar mil canciós ó lixo,ou dúas mil,pra sacar unha boa...
O troll ágrafo

Anónimo dijo...

Leituga, discrepo calorosamente. As interpretacións de "Whole lotta love", "Satisfaction" ou "Baby Jane" falan de facultades e execución moitos graos por riba do bo do Zimmerman.

Pero léase o meu comentario na súa integridade: poucas combinacións con materiais de eficacia limitada deberon resultar tan afortunadas. Díxoo alguén sobre o Álvaro Pino: sacáballes o máximo partido ás súas miserias físicas; pero PIno suaba, e Dylan aparenta facelo coma sen darlle maior importancia.

Probablemente, cifra dun xenio. Así é que, Doniña, posiblemente non estaremos tampouco totalmente dacordo.

E co de estilos ou execucións operísticas, pop ou rock, non convén tampouco xeneralizar. Aínda lembro ao Zucchero non sei se co Pavarotti, a Freddie Mercury (en paz estea) coa Caballé, e soaban. Madia leva se soaban.

Anónimo dijo...

Moi bo o artigo de Miguel Ángel Candelas, sen dúbida un gran dylanita.

Debería, na miña opinión, facer aínda un par de artigos máis dedicados ao de Duluth (e digo dous por non dicir douscentos).

Eu son, xa se nota, dylanita até as cachas.
Membro, pois, da secta do Planeta Waves.

Anónimo dijo...

Perdón: Manuel Ángel...

Anónimo dijo...

Excelente semblanza a de Candelas Colodrón no Faro. Unha magnífica síntese da traxectoria de Dylan.

Entendo os matices do seu post, González, pero sigo pensando que Bob Dylan non canta mal, senón magnificamente ben. ¿Que fai da necesidade virtude? Evidentemente. Incluso Beethoven o facía. No que discrepo por completo é no da voz "desagradable". A min cando menos me gusta a súa voz é nos primeiros catro discos, cando aínda non sabe sacarlle partido. Se é ese o momento ao que vostede se refire, ata podería chegar a estar de acordo. Pero a partir de aí, excelente, reinventándose como intérprete en cada disco e mesmo demostrando nalgúns, como "Nashville Skyline" ou o inxustamente infravalorado "Sefportrait", que podía terse convertido nun pasable cantante de country. Nos últimos discos, a súa voz, topicamente definida como "nasal", pasou xa a augardentosa. Está nun dos seus mellores momentos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O que hai que lembrar é que nestes momentos ten previsto cantar durante case todos os días do verán en EE.UU. e en agosto en Australia: TOUR DE DYLAN VERÁN 2007
Impresiona, sobre todo tendo en conta que cantar Highway 61 Revisited con sesenta e cinco anos coa poderosísima banda que o acompaña non é coma cantar unha country tipo Donovan ou John DEnver ou andar polas televisións tipo Nicola di Bari facendo playback.
Lucio Dalla era o que cantaba con Pavarotti (quen probablemente cantou tamén con Zucchero) unha espeluznante Caruso.

Anónimo dijo...

Se o estilo consiste en facer dos propios defectos virtude, tal e como sentenciou outro xenio de voz mediocre, hai que admitir que Bob Dylan ten un estilo cargado de virtudes: desafina, nasaliza, entra a destempo. Pero iso é o que o fai inimitable. O Sábado actua, en Vigo, o grupo de rock do que eu formo parte. Cantaremos All along the watchtower, I shall be released e I´ll be your baby tonight para celebrar o premio.

Anónimo dijo...

Máis datos, amigo Morrison, onde vai tocar? Que ao mellor me animo e fago coros gospel a I'll be yoooooooooooour, baby, toniiiiiiiiight.

Anónimo dijo...

Cómo... pero é que actúan The Doors en Vigo? Pero se eu pensaba que morrera...

Xosé Manuel Carreira dijo...

Mágoa que o outro Dylan (Dylan Thomas) do que tomou emprestado o alcume non sexa tan coñecido.

Anónimo dijo...

"Pouca voz, pero desagradable" é probable expresión luguesa, a miúdo máis pándiga ca realista; pídolle desculpa, Leituga, pois neste caso resulta hiperbólica, indigna seguramente de ser tomada totalmente en serio. Non é a de Bob Dylan, para nada, unha gran voz; pero xa falei tamén do efecto artístico.

O noso Morrison particular díxoo moito mellor ca min, e máis preciso.

Anónimo dijo...

A mín as canciós de Dylan que me gostan moito son

"Knockin´ in the Wind" ("Petando no aire")

"Bike a rolling stone"
("manexa un coio redondo coma se fose unha monocicleta")

Lewis Ca(T)rroll ágrafo

Anónimo dijo...

Faro de unha xeración...
A mín pouco me alumbróu o tipo ese...
Se non fora por outros Premios Nobles...
A moitos amigos meus alumbróunos de carallo,e andan ahora coas sinapsis en estado gaseoso,ou xerando mucílago ("criando malvas")

How many times must a man hear a lie,before he starts the fight?

(Estrofa da miña cosecha,non a busquedes na canción)

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Nalgún momento entre as 20 h e as 23, no Ensanche. Pero temo que non haxa entradas. Esgotounas o noso Clube de fans.

Anónimo dijo...

No Ensanche? Ao lado da miña casa! Pero isto non pode ser. Terei que conformarme con intuilo desde a miña watchtower.
Por certo, o DJ é moi amigo de poñer varios minutos de Hurricane, cousa ben rara nestes días. Eu, sen chegar a ser asiduo, son cliente habitual.

Anónimo dijo...

Lástima que eu non vou poder estar. Creo que as rapazas xa se citaron para ir todas a arrincarvos a camisa. Que sexa unha gran noite, Morrison.

Anónimo dijo...

Teña coidado, amigo Leituga 1, que comentarios como o precedente seu poden ser acusados de intolerablemente sexistas e misóxinos por ofreceren unha visión estereotipada e negativa do rol da muller que afonda na secular discriminación de xénero: as rapazas carecerían de miolos e de reflexividade, polo que só se deixarían levar polos instintos máis primitivos estimulados polos alienantes mass media e a súa oferta de visións do varón dominante e triunfador.

Xa, xa sei que vostede o fixo coa mellor das intencións e co propósito de agasallar ao seu amigo. Eu compréndoo, pero é que hoxe...

:-)

Anónimo dijo...

Vaia,o roio do políticamente correcto está conseguindo os mesmos efectos que a censura clásica...XD
Dejad que las "grupis" se acerquen a mí...XD
O Troll anágrafo

Anónimo dijo...

Non se decatou, Troll anágrafo, que puxen un :-) que é equivalente ao seu XD?

Pois iso...

Anónimo dijo...

Joer ,con tantos "smiles" ,un ten que ser un "Smiley" de John le Carré pra entendelos todos...
Por certo,un velho chiste inglés dice que "smiles" é a verba máis longa do inglés,por que hay unha milla ("mile") entre a primeira e a última "s". 8-)
(Nao tenho óculos,son os olhos inchados de durmir pouco...)

O Troll änágrafo

Anónimo dijo...

Ahhh....considerando as prudentes palabras de APC, sería bembida tamén unha vocalista, ou instrumentista.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

A verdade é que nin se necesitaban "smiles" ou como se chamen de ningún tipo para percibir inmediatamente a ironía do post do señor AP-C. Vaia acostumándose, señor Troll Ágrafo, que aquí xa lle fomos todos frades antes de andar cociñando polos blogs adiante.

Marcos Valcárcel López dijo...

BOB DYLAN E VICENTE ARAGUAS. Conta Iolanda Castaño hoxe, en GH, que o crítico e poeta Vicente Araguas fixo unha tese sobre a pegada cultural de Dylan, supoño que aínda inédita.

Anónimo dijo...

¿Non vistedes o artigo de Camilo Franco na Voz,especulando coa posibilidade de que Dylan non acudira a recoller o premio prea non ter que por un traxe?
A mín sempre me gostaron esas actitudes de coherencia persoal:Sartre rechazando o Nobel,ou o ex-alcalde de Vigo negándose a poñer corbata por moito que o pedira o protocolo...

O Troll ágrafo...

Anónimo dijo...

Que quere dicir Camilo Franco neste artigo e en moitos outros? Eu confésoo: cóstame traballo entendelo.

Anónimo dijo...

Moito coincido con vostede, señor Arume, incluso nestas cousas un pouco menores. Recoméndolle que non pase moitos traballos intentando entender a Camilo Franco. O segredo é que non hai case nada que entender.