28 jun. 2007


Códigos de amor

Pan por Pan xoves 28 xuño. Imaxe de Renoir, Retrato de Suzanne Valadon, 1885.
Nin sequera no amor os códigos son universais. Denis de Rougemont escribiu sobre “O amor e Occidente” (Oriente é outra cousa): o amor feliz non ten prestixio na literatura occidental. A concepción do amor colmado, do amor total, é sinónimo de sufrimento; é a paixón, e a paixón significa dor. O amor total é concibido como a paixón de amor”.

Un só exemplo, entre tantos posibles, neste soneto de Lope de Vega: "huir el rostro al claro desengaño,/ beber veneno por licor suave,/ olvidar el provecho, amar el daño;/ creer que el cielo en un infierno cabe,/ dar la vida y el alma a un desengaño;/ esto es amor, quien lo probó lo sabe." Quizais por iso a nosa Rosalía rexeitou nos seus versos o amor paixón: negros amores pezoñentos “que privan os espritos, que turban as conciencias”. Ante eles, dirá a autora de “Follas Novas”, “mais val morrer de friaxen/ que quentarse á súa fogueira”.

2 comentarios:

aume dos piñeiros dijo...

Lope de Vega xa saiu con ocasión doutro concepto amoroso. Mágoa para el que competira con Góngora e Quevedo e que fora tan amado nos taboados do teatro, porque a súa poesía (sobre todo as rimas humanas e divinas de Tomé de Burguillos) está varios pasos por riba da maior parte dos versos en español e noutros idiomas.

Anónimo dijo...

O amor é coma os eclipses de sol.Recorres medio mundo pra ver o primeiro.O segundo espéralo no balcón da casa.Do terceiro entéraste polos xornáis.

Jardiel Poncela reencarnado no Troll.