24 jun 2007




CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL


Gallego 1 (libro que eu usei pouco despois nos cursos de galego da Auriense). Adiós, María, Xoana Torres. Retorno a Tagen Ata, Ferrín.
Paco Martín. Fariña Jamardo. Neira Vilas. Xosé Mª Álvarez Blázquez.
Lueiro Rey, Matilde Lloria, Pura e Dora Vázquez, Abelardo Santorum...

Primeiro poemario de Vergara Vilariño. Dende América, Revoeira; Pensamento e sementeira... Carmelo Lisón Tolosana
Galicia 1970. Gonzalo López Abente. Nace TVE-Galicia. Quiroga Palacios, misa en galego.
Voces Ceibes. Euloxio Ruibal. Fermín Penzol. Bouza Brey.

O Sacho de Padrón. Breogán de Ourense. "Roxos" no Ateneo ourensán.
Versos galaicomiñotos de Manuel María, Margarita Ledo, Blanco Amor...
Alonso Montero: o galego non chegará ó ano 2000 sen escola e medios de comunicación.

(Engadido. 1971: Tiña eu 14 aniños. E a historia do país confúndese xa con algúns datos biográficos. Eu estudiei, dous anos despois, ese manual do ILG, nun curso da Auriense. Cónstame que nestes anos empezaba a ler con entusiasmo o xornal (vicio xa para toda a vida). Coñecería despois a moitos dos autores que publicaban os seus libros nesa andaina (Alonso Montero, Manuel María, Margarita Ledo, Pura Vázquez, Neira Vilas, etc.). Asistiría os recitais de Voces Ceibes en Ourense e ás charlas dos "roxos" no Ateneo. Escoitei as misas en galego de Santorum e a algún acto do Sacho de Padrón iría anos despois: velaí unha páxina, tamén, da miña educación sentimental).

20 comentarios:

Roque Soto dijo...

Se non me trabuco, o libro que recolle de X.L. Méndez Ferrín, Retorno A Tagen Ata, foi editado pola inesquecible O Moucho, e a capa pertence o debuxante Bofill.

Anónimo dijo...

En efecto, o libriño de Ferrín pertencía a aquela inesquecible colección da editorial Castrelos. Moitos anos máis tarde, fixerase unha nova edición, luxosa, tapa dura, gran formato, en Xerais.

Anónimo dijo...

Botámoste de menos en Trasalba, Marcos.

Anónimo dijo...

Posteo dende o nomadismo, ao non ter de momento dirección internáutica propia.
O "Retorno" teñoo entre os libros fetichizados, na primeira páxina loce un carimbo dunha prisión provincial coa palalabra "CENSURADO"

Ao retorno valga a redundancia sempre se volve, Ferrin estaba onte por Trasalva.
A politica a corto prazo está a afogar o pais, e ao medio e longo, volven a resucitar as ideas de Piñeiro.
Jimy de Rairo

Marcos Valcárcel López dijo...

Non vexo a relación entre esas ideas: Ferrín en Trasalba, a política, a volta das ideas de Piñeiro? Ou é que non son quen de ver algunha relación si existente?

Anónimo dijo...

Eu tampouco entendo, prezado Jimmy, qué quere dicir con iso de "resucitar" as ideas de Piñeiro. Pódese explaiar un pouco?

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, o amigo X.M.GONZÁLEZ incorporouse nesta entrega á serie, coa mención ó dúo Ideales, con R. Romaní, que el mesmo citou aquí anteriormente.

Anónimo dijo...

Hein?

Anónimo dijo...

Refírese a Heinrich Heine,sieur Swann?

Pode encontrar fermosos poemas seus na rede. O máis famoso cicáis é "Was soll das betzalen".Narra coma os navegantes naufragaban nas augas do Rhin,por mirar pra unha rapaza que se peiteaba, a "Lorelei"

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Vostede perdoe,swann.O verdadeiro título do poema é:
"Ich weiss nicht,was soll das BEDEUTEN"
Debe ser o Alceimer,fálhame a memoria...
O TRoll

Anónimo dijo...

Non tiña nada que ver, aínda que teño que recoñecer que por algunha Lorelei todos naufragamos (no pasado; en casos coma este é cando boto a faltar en galego un tempo composto coma o doutras linguas)

Anónimo dijo...

Sen pecar de Hegelianismo, as veces ainda qeu debilmente conven recoñecerlle a razon a sua astucia. Unha maior obxectivacion pola miña parte e un maior aguzamento pola sua permitirianos ver non so relacions senon tamen funcions, mais daria para longo, o mellor seria que se o ten a ven Marcos, abrise nos proximos dias un novo tema: O testamento politico cultural de Ramon Piñeiro.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

O tema que propón, amigo Jimmy, é interesante, sen dúbida. Mais de verdade que, por moito que trato de "aguzarme", non son quen de ver esas relacións e funcións ás que se refire. Limitacións miñas, claramente.

Supoño que Valcárcel non tería problema para abrir tal tema. Pero para iso faría falta un breve texto introdutorio. Por que non se anima a facelo vostede, prezado Jimmy?

Propoño un título: o legado político e cultural de Ramón Piñeiro.

Marcos Valcárcel López dijo...

O tema de Ramón Piñeiro xa saiu aquí moitas veces e seguirá saindo, sen ningún problema. Non habería tampouco problemas para inserir ese texto de Jimmy de Rairo como pé para o debate, asinado por el, claro. Eu nestes días (e ata a segunda semana de xullo) dificilmente terei tempo para asumir ese reto. Pero sairá en calquera momento adiante, seguro.

Anónimo dijo...

Estes dias venme a min tamen bastante mal, pero neste veran trataremos de Ramon Piñeiro e os seus herdeiros.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Ai pero aínda lle quedan herdeiros a Ramón Piñeiro?

Anónimo dijo...

Pois si. É posible que aínda haxa herdeiros de Ramón Piñeiro. Non lle vexo ningún problema.

Anónimo dijo...

E ao mellor mais dos que parece.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Veña, Jimmy, escriba esa entrada ao tema, ho, que moito propoñer pero logo sempre se escaquea. Total en dez minutos pódense escribir dez liñas: suficientes como para dar pé ao debate. Anímese, home, e non nos deixe colgados.

Anónimo dijo...

Non séi por qué se me acordóu esto oindo falar de Piñeiro,pero...¿Algún de vostedes sabe quenes estaban na caseta da feira do libro de Madrí cando se aprensetóu a Ed.Galaxia pola primeira vez nesa feira no 6o..e pico? (ó melhor hasta era algún dos que andan por aquí)

O Troll ágarfo