3 jun. 2007


I N V I T A C I Ó N Editorial Alvarellos

ALVARELLOS EDITORA E O LICEO DE OURENSE

CONVIDAN A VOSTEDE AO RECITAL E PRESENTACIÓN DA OBRA

Teoría de Galicia. Artigos esquecidos en Vida Gallega, 1926-1963,
deRamón Otero Pedrayo
Día: martes, 5 de xuño de 2007.Hora: 17: 30 h.Lugar:
Salón de Tertulias do Liceo de Ourense, rúa Lamas Carvajal.
Participan: o profesor, historiador e autor do limiar Marcos Valcárcel; as recitadoras do Liceo Tereixa Devesa e Loli Conde, e o editor, Henrique Alvarellos.

49 comentarios:

Trebi dijo...

Recibin a amable invitación, sinto moito non poder estar .
Supoño que o Limiar o verei no blog.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
a.p.-c. dijo...

Mire vostede, avinagrado Anónimo. O señor Valcárcel non borra o que non lle gusta. Non. Para nada. En absoluto. O único que borra son os insultos gratuitos que poden poñer algúns ociosos coma vostede. Nada máis. Así que... xa pode ir tomando as de Villadiego. Ciao, bambino.

Anónimo dijo...

Ciao Ciao Bambinooo
un baccio ancoraaa
e poi per sempreeee
ti perderóoo
Ho avuto molto piacere de la sua risposta,caro a.p. mi sembra que lei e un grande amico di Valcarcel.
Io come de solito ho expresato la mia impressione de Otero Pedrayo que non é per niente favorabele...
Non credo di guadagnare la morte..

Signato: Il Troll Ágrafo

Xosé M. González dijo...

AP-C, faga coma se non. Isto era un lugar civilizado, mesmo gladiando. A mala crianza parece ser tan pouco evitable coma a morte e os impostos; sempre podemos deixar que esvare.

Tralaira dijo...

Guarde, signore anonimo:
Noi siamo gente respectabile che vogliamo parlare de tuto, ma la nostra educazione non é abbastanza per dire che en questo posto i stronzzi sono benvenuti.Hai capito il mio bruto italiano? Alora ciao.Definitivamente.

a.p.-c. dijo...

Lamentándoo moito, señor Troll ágrafo, non pensamos levalo con nós á viaxe a Florencia.

Con Arume, que acaba de chegar remozado, e con Tralaira, recén incorporado á troupe, chéganos e bástanos.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Ay,non,que o karrabouxo é X.Lois...qué falo...

a.p.-c. dijo...

Non sei quen é ese señor que cita. Mais se o que di é certo, xa sabe o que ten que facer: presentar unha denuncia onde corresponda.

Eu, asegúrollelo, nin podo nin quero vixilar a ninguén.

marcos valcarcel dijo...

Neste blog non se permiten nin insultos gratuítos nin acusacións persoais que non se poidan demostrar sen pasar polo aparato de Xustiza. Si, argumentacións e debates políticos e ideolóxicos, sempre que se garden unhas mínimas formas de respecto mutuo.
Son as normas da casa dende o seu inicio (non sei se as coñece o Troll que hoxe nos visita con tanta insistencia).

Anónimo dijo...

Para tralaira: Poderíalle falar en catro ou cinco idiomas moito máis extravagantes ca o italiano,pero eso sería dar pistas acerca da minha identidade,e non quero arriesgarme.Non por nada.Qué carajo importa quén son eu.O que importa é a loita das ideas.A logopedia.¿Ou era logomaquia?.Ah...o vello amigo Fernando,mestre de filosofía...morreu...(snif)...cando o BNG aínda era o BNPG...o Rúas ("Solidaridade coa madeira")...O Xocas...
Por certo .Falando de idiomas raros.O Valcárcel escribíu fai tempo un artículo sobre un velliño,que ,cando morrera,perdíase un idioma,pois era o último que o falaba...As veces este carallo do Valcárcel escrebe cousas boas,sementa ideas que un lector anónimo recorda pasados os anos...
Xa pasaréi a outra hora a tocarvos os testigos...Xa sabedes...os testigos son isas dúas pedriñas arredor do marco principal que separa dúas leiras ."Señales de término" que lle chamóu o Fiorentino Kuevillas,mediocre funcionario de Hacienda,Ten unha pedra na alameda...máis cerca de donde cantamos "se va el caimán..." ó Teminho,nunca lle perdonamos o do "suicida" Tornillo...
Faime falta unha fase de MOR (Movemento rápido de ollos) soñando coa amada terra das miñas (G)raíces...

Anónimo dijo...

Coa cogorcia(cogorza) da cerveza olvidéime de firmar (asinar) a trapalhada anterior.Procedo quizás no en tiempo pero sí en forma hilémórfica.
O Troll ágrafo.
(Podía decir a-unicursal .Hay contestos en que "grafo" e "unicursal" son synonimous)
A ver si leo o do Lamas e non me recorda (lembra) a I L D S de Kundera...

Ollo que todo o olla dijo...

Non sei se nos serás o ...este, cómo se chamaba, ho, si, home, este que vai de escultor, si, o que lle ten teima a Marcos e a medio país, si, este amargadiño que é tan delgado, si, home, o Pepe B...

Etxeokeai dijo...

Por favor, sr. Ollo que todo o olla, se quere indicar algunha identidade, non o faga con insultos. O ton, as argumentacións, a estética, non son do estilo de que menta, por favor. Se é bo escultor e delgado... sorte que ten.
Ademais, no fondo, importa o nome? Hai moito profesor medio chiflado solto. De galego, de latín, de grego, historia, física, educación física, tecnoloxía, etc. etc. Moitas xente que daquela, cando o enterro do tornillo, eramos rapaces... xentes da CNT, ácratas... xentes que se qeuimaron, que nos queimamos, etc. Hai bastatante diverxente, etc.... ¿amargados? non é así. Non cualifiquemos/ descualifiqeumos. Un pouco de xenerosidade. En fin, se nos chegamos a crer os discursos dos libros de texto de galego, eu compartiría moitas das prevencións contra o establishment....

ollo dijo...

Chist, por favor, que eu só usei a retranca e non dixen o nome de ninguén. E que fale vostede de descualificar cando ten feito algunha intervención política que...

ollo dijo...

E se hai xente que leva trinta anos "queimados" por non sei que cousas, deberían facerse ver ese problema. Non se poña de avogado de causas inexistentes, señor.

Etxeokaei dijo...

Veña, meu. Tranquilo.
Dicía que podía ser moita xente... e non me cadraba co que vostede sinalaba. E se quere, tomamos unhas cervexas, e especulamos cando guste.

Anónimo dijo...

As vosas ideas sempre son as mesmas.Levades trinta anos movendo os mesos osos dun cemiterio a outro,(por parodiar creo que era a Bertrand Russelll...)
Menudas ideas se vos ocurren.Reeditar libros que nadie vai ler.Qué linces.Sempre coas vosas Utopías Retrospectivas.

Falades de que moito aprendimos en tal colección e tal.Pero tí non te das conta de que hoxe en día a actitude hacia o libro é totalmente diferente.Cando eu iba pró monte coas vacas,levaba un libro,eso situabame nun plano diferente da realidade,era un escape a vida labrega."Os meus zapatos xa non son a pezuña animal,pero aínda non son as aladas plantas de Mercurio...",Oskar Morgenstern,mentras oía as esquilas das vacas...

Vaille contar eso os que xogan coa plei esteixon...

No fondo,o que queredes e escarallar o galego pouco a pouco,pra que acabe sendo unha lingua solo pra vos,unha élite,unha tribu,como ises islamistas que radicalizan cada vez mais as ideas e os ritos da súa relixión,pra que acabe sendo sólo de eles poucos,acabar considerándose superiores e así xustificar calquera cousa que se lle faga ós "inferiores".

E seguide pelexando,carallo,pra que se anime esto...
Gladiamus Igitur Xovenes somos...

Hasta outra "Hora",que está xa acaba de fiar na súa Roca...

O Troll ágrafo, acético e ascético...(AAA)

Anónimo dijo...

Por certo,o libro do Lamas,Altísimo Nivel.Eso é o que lle fai falta ó galego.Que se escriban cousas de ese nivel e non merda...
O Troll...

marcel swann dijo...

Non sei se o sr anónimo leu algunha vez unha novela de Ray Bradbury: "Farenheit 451". Xa sabe: unha sociedade na que os libros están prohibidos, e onde a xente non pensa. Xa pensa o Estado por nós, ou a Play Station.
Se cadra hai que tirar con todo o que sexa ensinar e espallar a cultura, dedicarse a facer negocios e lamberlle o cu, virtualmente, aos famosetes da tele. Se cadra esas son as elites que a vostede lle agradan, máis que estas do galego...
É mellor non crer en ningún tipo de utopías. Xa o mercado se encarga, non?
A actitude cara o libro mudou algo, si, pero aquí estamos catro lectores defendendoo, empregando unha tecnoloxía que nos permite chegar a moita xente.
Escarallar o galego escarállao quen nin o fala nino o le nin o escribe. Así que vaia darlle a murga a eles.

Anónimo dijo...

O malo é que as campañas que se lles ocurren a vostedes sólo convencen os convencidos,como as campañas antidroga do Goberno...
O de Bradbury é mais vello que andar a pé.Eu sei de memoria un libro que aprendin daquela influenciado.Tamén lín as novelas do Montalbán na que o detective Carallo queimaba os livros pra quentarse,e tiven que esperar ó Ribas pra saber que arden mal...

Anónimo dijo...

Olvidéime de firmar.O Troll

marcel swann dijo...

Vaia. Comprendo.

ollo dijo...

Pois veñan logo esas cervexas. Saúdos.

marcos valcarcel dijo...

Eu tamén me sumo ás cervexas. E convido eu. Saúdos tamén.

ollo dijo...

Diso nada. Convido eu.

(E desculpas a Etxe)

Etxe dijo...

Pois como tamén quería convidar eu, tomaremos, de partida tres cervexas cada un. ¿Nes pa?

Anónimo dijo...

Por fin hai debate neste blog!, hai moito tempo que leo diariamente este blog e recoñezo a súa calidade e a participación nel de xente ben sabia e interesante, pero non deixa de ser un grupo de "amigos" (dito con todo o respeto para esta palabra),un grupo homoxeneo que dominan un saber elitista, e, digo sen mala fe, excesivamente serios, educados e medidos ou comedidos, non sei moi ben pois eu non domino nen a linguaxe nen a medida.
Por iso a aparición deste troll ágrafo supón para este blog unha bocanada de aire fresco, por favor mimenno, eu hoxe ademais da lectura interesante do que vostedes escriben, sonrín ao ler un que pensa diferente e dio.
Un saúdo

Unha trolla ágrafa

Anónimo dijo...

Trolla? sona ben mal, a ver se me aconsellan vostedes algo que sone mellor

a.p.-c. dijo...

Pola miña banda, se é vostede un "trasno zumbón" e dá sutil e intelixentemente "caña" a destro e sinestro sen caer na vulgaridade ou nos lugares comúns, sexa benvido se trae ese aire fresco.

Pero non pense que aquí somos, sempre e en todo momento, tan serios e circunspectos como vostede cre.

Iso débese a que non ten lido suficientemente este blog desde que comezou.

Xente brillante, culta, interesante e ocurrente haina de abondo (descontñandome eu, xaora).

E isto non ten pretensións de inmortalidade nin de xactancia algunha. E menos de arranxar o mundo ou de representar a ninguén.

Simplemente -e non é pouco- é un lugar civilizado onde debatir e comentar as máis diversas cousas.

Amigos? Por suposto, pero a gran maioría somos amigos virtuais e non persoais. A amizade -no máis nobre e desprendido senso- tamén se pode cultivar na rede.

Así que, se entende ben isto, sexa benvido polo que a min respecta. Dito sexa co permiso do anfitrión, que pon a disposición de todos e todas esta acolledora estancia, e que, por suposto, ten a última palabra.

Leituga 1 dijo...

De acordo coas palabras sempre sabias e ponderadas de AP-C.
A Trolla a min non me cae mal. E se nos axota intelixentemente, igual aínda nos deixamos levar un algo polo seu carreiro.

Anónimo dijo...

Claro que son unha panda de amiguetes,pero non solo neste bloc.A literatura galega parece copada por unha panda cun ...digamos 85% de mediocres.Se lo guisan y se lo comen entre ellos.E como ises videos familiares de bodas ou bautizos.Os membros da familia divírtense moito con eles,e pensan que merecen un Oscar de Jólivud.Pero pra xente de fora son unha... "certa cantidade de deposiciós fecales" (a ver se non me chimpan fora).
Estes,igual.Coñécense entre eles,léense entre eles,prémianse entre eles,homenaxéanse entre eles...Pásano pipa entre eles,arróganse a posesión en monopolio do jallejo "correuto"...sempre os mesmos co mesmo rollo auto- referencial...
Xa decía noutro sitio que as súas campañas de promoción do galego son coma as antidroga do goberno: Convencen ós convencidos.Se quixeran de verdade acabar coa droga farían outras cousas,pero o que queren é salvar a imaxe propia e que todo siga igual,que si non váiselles ó carallo o chiringuito.
Estes fan unhas campañas de promoción da literatura galega con moi boa imaxe,mólalles o rollo de salir nos medios máis que os resultados ,que saben totalmente inútiles desde o punto de vista da praxis.O que lles importa é manteñerse eles como "encarnaciós vivas do galego",superiores...
Veña,poñédeme a parir.
"As verdadeiras guerras son as que se libran na cabeza da xente"
(Herbert Marcuse)

E ahora vou escribir algo no do libro do Xocas Lorenzo,do que enorgullezo de haber sido alumno...
O Troll garfio

a.p.-c. dijo...

Non, ho, non, non o imos poñer a parir.

Repare nunha cousa:

Se acaso fose certo que os que por aquí andamos fósemos unha panda de amiguetes mediocres que temos "un chiringuito", vostede pensa que íamos escribir a gran maioría de nós con nicks que case ninguén sabe a quen pertencen?

Pensa que non poriamos, en plan fachendoso, os nosos ilustres nomes?

Pensa que Arume ou Leituga 1 ou Marcel Swann ou Descrido ou Isildur ou Jimmy de Rairo ou Etxe ou González (o único con verdadeiro nome, pero que non é ningún "pope", senón home cabal e tranquilo, culto e campista) ou... (e aquí póñase a unha media dúcia longa de participantes habituais), son os "amos da pista"?

Non, home non, desengánese. Nós -mutatis mutandis- somos coma vostede... ou case. Nós nos vendemos mercadorías trucadas, asegúrollelo. Porque se quixesemos vender algo defectuosamente miragoso montariamos unha tele-tenda, que parvos non lle somos.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Hai que recoñecer, amigo APC, que eu si, eu teño que confesalo. Eu son o amo da pista. Eu, que padezo (e disfruto) de doble personalidade, sintome, cando saio de noite (e teño que recoñecer o meu espíritu boniem) sempre Tony Manero. De feito, agora mesmo, estoume preparando para mañán: xa levo sacados tres botóns da camisa e ampliado convenientemente o volume das partes. Pistaaaaaaaaaaaa.

Leituga 1 dijo...

Señor Troll, decepcióname vostede ¿É o mesmo que a Trolla? Argumentos vulgares, archirrepetidos, sobados ata o fartazgo, que valen igual para a Real Academia Galega, para a Xunta, para unha editorial, para un blog ou para o bar da esquina: ou sexa, para nada. Incapacidade para discriminar, para discernir, para distinguir as cousas e, xa que logo, incapacidade para criticar. Disparos ao vulto, tópica magmática, panfleto contra o todo, nihilismo cutre do que está de volta sen ter ido aínda a ningures, visión pretendidamente sideral e en realidade galiñácea e acomplexada, redación confusa, revelacións paupérrimas... Un aburrimento, señor Troll. Así non hai quen xogue con vostede. Moito me temo que este é un caso de xente nova e leña verde: todo fume. E nin sequera de canuto.

a.p.-c. dijo...

Ben, teño que recoñecer que o meu foi un falso ataque de modestia. Prometo que non se vai volver repetir.

En realidade, o meu nome é Fred. Fred Astaire para servilos a todos vostedes e, preferentemente, as súas delicadas damas.

(Sospeito que Leituga 1 é Gene. Gene Kelly, outro que tal baila)

Anónimo dijo...

Vaia,vaia, Fred Aster e Llein kely bailando "chik tu chik" fermoso y finojoso espectáculo...
(O Troll desgañítase a aplaudir)

a.p.-c. dijo...

É vostede un comodón, señor Troll, e por iso non fai máis ca defraudarnos.

Esfórcese por retrucar con algo que sexa máis orixinal, con algo que sexa menos manido e menos tópico.

arume dos piñeiros dijo...

Amigo APC: a primeira regla e máxima é Don't feed the troll. Coma se non existise.
http://es.wikipedia.org/wiki/Troll_(Internet)

a.p.-c. dijo...

Coñezo esa regra de non dar de comer aos trolls. Pero eu, amigo Arume, qué quere que lle diga, sónlle un pouco do de Asís.

Anónimo dijo...

A regla esa é moi fácil de entender na teoría,pero moi difícil de levar á práctica,como non beber unha copa máis prós alcohólicos,non meter unha moneda máis os ludópatas...
A base de todas as adiciós é: parece moi fácil salir,pero hay unha trampa oculta...
O Troll Ägrafo

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Estrea mundial: os amos da pista das uvas na solaina coa coreografía para este sábado á noite. Desveladas, por fin, as identidades dos participantes, visitantes e paseantes deste blog:
O BALLET DAS UVAS NA SOLAINA

a.p.-c. dijo...

E iso que era un día que viñamos de tremenda resaca. En condicións normais bailamos moito mellor, onde vai parar!

marcos valcarcel dijo...

Moi simpático, Arume. Pero gustoume máis o da moza india aquela que me lembraba a Esther Williams. Polo que vexo os que producen videoclips musicais indios (e vai acabar vostede meténdonos esa afición) tamén viron moito cine de Hollywood cando nenos. Velaí outra mostra:
http://www.youtube.com/watch?v=xOYTaIWoh4g&mode=related&search=

marcos valcarcel dijo...

Engado dúas cousiñas: nestes videos as mozas son moito máis guapas que os mozos, ou é un problema meu de percepción?
Imaxinan o video desta última ligazón rodado no Canón da Ribeira Sacra?

arume dos piñeiros dijo...

O Prabhu Deva ese é impresionante. Eu non coñecía nada do Bolly wood, pero quedo completamente impresionado por estes talentos. E pensar que millòns de persoas (moitas máis das que contemplamos a enésima producción de Hollywood) ven estas películas totalmente entregados: a mín non me estraña en absoluto.

a.p.-c. dijo...

En exclusiva tamén.

O Tony Manero da India