Nervios, caras demudadas
Andoliña 15 xuño. Imaxe: Retrato de muller, Goya.
Andoliña 15 xuño. Imaxe: Retrato de muller, Goya.
Nervios a esgalla, caras demudadas, consultas ó médico en busca de tranquilizantes… Primeira xornada da selectividade. Moitas mozas, inmensa maioría, os mozos son os menos. Pertencen a unha xeración que non viviu as reválidas nin o temido exame de ingreso. Enténdese a súa sensación de pánico. Algúns perden as etiquetas. Outra pega a da compañeira sen querer: menos mal que se deu conta. En castelán caen o eterno Bueno Vallejo e un texto ben pensado de Javier Cercas sobre o ensino, a memoria, a autoridade nas aulas e todo iso. En galego, un anaco de Xabier Quiroga e un comentario sobre a eutanasia: non son difíciles ningún deles. Coa Xeración Nós na teoría. Algúns xa parecen máis calmados. Non pasa nada. Sen infartos.
A mañá non foi difícil. Tampouco a tarde: en filosofía hai abondo para escoller. En historia, o mundo obreiro ou a Guerra Civil: a memoria do pobo en calquera caso. E o de inglés, máis fácil que outros anos, con audición e todo. Véselles a todas máis tranquilas.
Eu, que estou do outro lado, lembro cando estaba aí sentado, 1975. ERGA convocara un boicot ás probas. Pero non houbo valor. Como di o amigo X.M. González, coas cousas de comer non se xoga.

3 comentarios:
Aquel ano do boicot a selectividade, comenzou o declive de ERGA. Lembro a xuntanza o día anterior a selectividade en Santiago, a consigna era que se se vía ambiente, manifestar a itención de Boicot, acordáramos espallar panfletos antes dos inicios dos exames. No día seguinte, de ambinte nada, eu tirei os panfletos dende o alto da escaleira, debín ser o único, os demais nin acenaron. Logo daquel día, cubria o silencio as infulas militantes. Xa pouco antes, nese ano, comenzara a acudir as xuntanzas un elemento da costa, irmán de Xulio RIos, que viña en plan chulo como mensaxeiro directo da UPG, a dicirnos o que debíamos facer, non sei, se sería certo, os demais, mais apoucados, dubidábamos, e non nos caía nada ben a sua prepotencia . O ANo seguinte, acordaron montar un fantasmal sindicato de estudantes, impulsado por ERGA, cousa que moitos discutiamos como factibel. Pero as ordes eran montalo, e até se fixeron eleccións. O resulado: un fiasco completo do que se irresponsabilizaron os dirixentes clariviendentes de consigna e mando. Este foi o comenzo do declilve de ERGA.
Jimy de Rairo
Que che teñan sorte. E mira o correo cando chegues á casa.
Hai tempo comentaba que nos xornais italiáns outorgan á selectividade unha importancia extraordinaria. Velaí, se non, o que eu dicía: unha crónica en directo de todos os pormenores da proba. Hoxe, segundo día: www.repubblica.it
Publicar un comentario