Trinta anos despois (Igrexa e franquismo)
Andoliña 19 xuño
Andoliña 19 xuño
O proceso de transición democrática que se abriu coas eleccións do 15 de xuño do 1977, hai agora trinta anos, non foi unívoco: houbo freadas e mesmo retrocesos. Hainos aínda hoxe. Por exemplo: os lectores/as lembrarán que un sector da Igrexa, mesmo da xerarquía, tivo problemas serios co franquismo. Monseñor Añoveros, bispo de Bilbao, estivo a punto de ser expulsado con Arias Navarro por unha homilía na que falaba dos dereitos non recoñecidos do pobo vasco. E o cardeal Tarancón acabou nas pintadas da ultradereita ("Tarancón ó paredón") por dicir cousas como que El-Rei debía ser o rei de "todos" os españois. Esta Igrexa do 77, cando menos en parte, estaba xa moi lonxe dos bispos que saudaban brazo en alto ó carón de Franco cando o ditador entraba nas catedrais: as fotos están en internet.
Hoxe a Igrexa está recuando e non se recoñece naquela imaxe de hai 30 anos. Antonio Cañizares, unha das máximas voces da xerarquía eclesiástica, desfacíase onte, nun xornal de Madrid, en gabanzas do xornalismo antisistema (Jimenez Losantos), afirmaba que en España só hai rexións e mesmo falaba das "Vascongadas": eu podo adiviñar o ton despectivo desa expresión tan dos tempos do ausente.
49 comentarios:
O tipo da dereita saúda flácido. A mán dereita parece despedirse con recelo (ou tal vez o xastre non atinou a sisa) do divino salvador da súa alma. A man esquerda, que terma de luvas e sombreiro, está máis próxima ao pecado cá salvación.
Boeno,boeno.Vostede sabe que a Igrexa en Euskadi era algo aparte...Tamén sabe que os primeiros escondrixos de explosivos naquela época foron certas igrexias parroquiáis...
O Troll ágtafo...
Sabe Deo cantos curas escreben en blogs coma este o que realmente pensan,coma aquel Bispo dunha novela de Casares que escribía nun xornal liboral con seudónimo o contrario do que decía coma Bispo...
O troll ágrafo
Non sei se isto ten que ver co fío pero sempre me chamou a atención ese tremendo fervor relixioso que se deu en Hespaña despois de guerra civil, polo menos o que se manifestaba exteriormente, con todas esas misas multitudinarias. Era todo pura comedia parar non espertar sospeitas entre os adictos? Foran abducidos pola propaganda? Había un sentimento de culpa?!? Ou era medo, simplemente?
Eu creo que era medo simplemente. E utilizar a relixión como escudo contra unha posible represión maior: non esquezamos que nesa época moitos curas, sobre todo do rural, mandaban tanto como a Guardia Civil. E o odio que tan ben se transmitiu e tan ben se reflicte na escena final da película baseada nos contos de Rivas: cando todos berran contra o mestre detido e o neno vai correndo detrás da camioneta... O odio, a gran achega da cultura política do franquismo, sen dúbida.
SE HAI ALGÚN ESCRITOR LENDO, que tome nota, gratis, da suxestión que fixo Troll Ágrafo: daría para unha novela ou cando menos para un bo conto. Un cura facha escribindo nos blogs coma un poseso, p. ex., textos en defensa do ateísmo... É un bo fío para comezar. Superaría ó "San Manuel Bueno, mártir", de Unamuno: por aí van os tiros.
Eu creo que Gustavo Bueno (e mártir) é un caso excelente.
Lembro ben a foto de Añoveros en coche, presentándose en Madrid, a onde fora requirido, con sorriso compacto e máis ben plácido; na cabeza, en troques de tella ou barrete, enorme txapela.
No meu arredor quitábanlle mérito ao do monseñor. A min aquela imaxe parecérame espléndida.
Pois eu creo que era unha suma de todas as cuestións que enumera Swann e dalgunha outra máis. De medo unicamente, non.
ESTE DEBATE plantea un tema que a min me parece interesante: xa se falou aquí noutras ocasións que o franquismo tivo unha base sociolóxica nada despreciable. Non foi só o medo, por suposto. Estaba o desexo de integrarse. E de medrar. E o beneficio económico. E a coincidencia dos católicos máis ultramontanos. E moitas cousas máis. Pero como se mide ese apoio? Sabemos que había manifestacións masivas na Praza de Oriente. E resultados plebiscitarios unánimes, como mandaba o réxime. Pero como se mide realmente? Canta xente, de que sectores sociais, de que zonas xeográficas do Estado en maior medida, etc. apoiou o franquismo con maior ou menor entusiasmo? Hai estudos ó respecto. Como se mide todo iso?
Non todo é mensurable cuantitativamente. Pero hai datos e testemuñas cualitativas que amosan claramente que houbo unha importante "recatolización" de España. E non só iso.
A Guerra Civl primeiro e o Franquismo despois tamén "crearon españois".
Nun primeiro momento a "experiencia da guerra" e da mobilización bélica, tanto nun bando como no outro (pois os dous usaron o "nacionalismo" como argumento lexitimador), foron un chanzo fundamental neste sentido.
Logo, o desenvolvemento do "NACIONAL-catolicismo" profundou en tal tendencia, no sentido de acelerar o proceso de "nacionalización das masas" (Mosse) nunha dirección, claro está, autoritaria e excluínte. Pero tamén cómpre precisar que foi unha nacionalización que non só se fixo "dende arriba", senón tamén "dende abaixo".
Consúltese, verbo da contenda, X.M. Núñez Seixas, "¡Fuera el invasor! Nacionalismos y movilización bélica durante la guerra civil española (1936-1939)", Madrid, Marcial Pons, 2006.
Supoño que houbo distintos graos de integración no franquismo, dependendo de qué época falemos: desde a participación máis activa (pertenza a Falange) até o apoliticismo, pasando por todos os que asistían ás manifestacións, participaban nos tinglados tipo "Sección femenina" ou "Ex-combatentes", etc. Supoño que non me engano se afirmo que a meirande parte da poboación non tivo que ver, para nada, co franquismo. O cal non quere dicir que estiveran en contra: moi poucos o debían de estar, por activa ou pasiva.
Eu creo que o rexime se sostuvo desde abaixo, sobre todo nas dúas primeiras décadas, polos agraciados cos "dons" recibidos en forma de empregos no sector público (e non só me estou a referir só á escola e o exército). Sería interesante ver que sectores sociais se integraron en Falanxe.
O chamado "caso Añoveros" planteaba unha cuestión verdadeiramente paradóxica no final do franquismo: o funcionamento de chamar a sagrado para librarse da cousa temporal de ir a cadea. Os cregos roxos do cinturón madrileño, co padre Llanos, as comisións obreiras, os partidos católicos realizaban as súas reunións e asambleas políticas baixo manto vaticán. Coma na idade media. Cuestión de xurisdiccións coa apelación ruidosa ao concordato. O "caso Añoveros", de orixe e contido nacionalista, acabou convertíndose en problema diplomático entre os estados pontificios e o Estado español. Se non recordo mal, o propio cura de txapela e rostro adusto (as fotos en branco e negro da época amouran a faciana) chamaba ao sagrado da sé román como único (e infalible, engado) amo e señor a quen servir obediencia, por suposto, divina. Eran tempos en que xa Franco perdera a potestade outorgada na cruzada de nomear el mesmo algún obispillo.
Aquel cura, Moncho Valcárcel, que estivo nas Encrobas e logo viviu moito tempo en As Pontes, mesmo para recibir a homenaxe de que o seu nome figure nun dos institutos do pobo, non será algo parente seu, amigo Marcos?
De adusto nada, Arume, medio sorriso entre o pousado e o seguro. Ben me lembro, estaba eu en terceiro de carreira.
Como o imperio da lei non é quen de coutar a cruel inclemencia, lamento que este noso tempo non contemple os espazos inviolables. Que non sempre eran respectados, pero aínda así.
Por certo, estrañárame daquela que aquel bispo reivindicase con signo vasco, sendo el navarro. Non sabía, eu.
Sospeito, amigo González, que vostede tivo -e aínda ten- moito que ver co clero (e non mo tome a mal, eh).
O fulano aquel...¿Carballo? que era de MaÇaeda de Limia que escribía sobor da Igrexa en Galicia ¿Ten algún libro recente sobre o tema?
Xa miro na rede a ver se o hai...
O Troll ágarfo
"Adusto hijo de este Pirineo" decía o seu amigo cordobés da barba de Polifemo, por negro, oscuro o queimado. Esa era a miña acepción de adusto.
O " Hespaña " , Señor Marcel Swann , que é ? : termo derivado da Hispania romana, tiponimia reintegrata modernista , impulso estético ... moito lle agradecería que me clarexara esta miña dúbida.
Inclínome, Arume. Tocante a min e o clero, o trato non é alá moi frecuente, agora que nin no Instituto hai cura. Añoveros con txapela caérame ben, así e todo.
Posiblemente unha falta ortográfica, e non sei xa se intelectual. Se isto último o convence, pois quédese así a cousa.
Vou aproveitar o uso que fai da expresión de cortesía "moito lle agradecería" (que non sei por que, pero me sona moito que xa a lin neste blog, ou se non era esta expresión era unha parecida), pois iso, eu moito lle agradecería que nos explicase aquí, ao público qué significa "tiponimia reintegrata modernista", sobre todo a primeira palabra.
Señor swann,nótase que non leéu a Lewis Carroll.Eso é o que se chama unha "palabra maletín" en inglés.Non sei o nome en español.Genera una sinergia positiva entre dúas palabras,neste caso "tipografía" e "toponimia".Estas "palabrss-maletín" incentivan a intelixencia,como xa descubríu o Reverendo Dogson,experto matemático en Oxford,que era a verdadeira identidade de Carroll.
Segúran os expertos tamén foi un mecanismo importante na propia evolución neurobiolóxica hacia a linguaxe,filogenéticamente falando.
Grazas pola nova Verba,X M Glz. No Principio sempre foi O Verbo.
O Nova Verba fai a lux na escuridade do noso celebro.
O Tróll ágrafo
Trabuquéime no agrazamento.
o "obrigado" é para Eminencia.
O troll ágrafo
Para o Sr Swann .Parece vostede molesto polo contido do meu post. Nada máis lonxe da miña intención que molestalo, non é o meu estilo, simplemente sentín curiosidade , porque unha, na súa ignorancia , só coñecia con H en España un poema épico do século dezasete. Cometín un erro no cambio do o polo i que unha mente aguda coma a súa seguro detectou , o resto é obvio que non precisa máis explicacións.A expresión " moito llo agradecería " é tan vulgar... non creo que neste blog a lera, dende logo a min non, que pouco me deixo cair por estes lares. De todos xeitos mil disculpas.
Para o Troll ágrafo: escolleu ben o nick.Soamente "a palabras necias oidos xordos".É vostede moi ruín.
Non se nos amolen, amigos. Como moito tan só un chisquiño...
Grazas eminencia,pero o nik puxéronmo no bloc.Por eso digo que é o único apodo real,por que mo puxeron outros.Habería que ver qué mote lhe quedaría a swann,ou a arume,ou a apc,se o mote lhos puxeran unhos ós outros...
A palabras necias,pocas razones.
En casa del herrero,no manda marinero...
Casa con dos puertas,no entran moscas...
(Sempre me encataron os refrás...)
O trollus agraphus
(A repasar segunda declinación do latín...)
Outra cousa.Estou moi contento po los dez mandamientos que sacóu o Vaticano prós conductores.Sobre todo o de rezar o Santo Rosario,durante a viaxe, e o de facer "a porla" antes de salir.Por fin alguien se toma en serio o dos accidentes...
O bonito do tema,é que os tipos eses,os curas, están convencidos de esas carallahadas.Viven no seu propio mundo,teñen a razón ó marxe da xente iñorante que pasa deles,nadie osa discutirlles nada...Vamos.Coma moitos nazonalistas radicáis...
O Troll ágrafo
Por favor, prosigan o debate sen recorrer ós insultos. Non quero sacar de novo as tesouras... E hai moitas cousas interesantes nas súas intervencións, que sería unha mágoa ter que pasar pola criba...
Alguén estaría interesado en comentar neste blog porque a igrexa católica é ,posiblemente,a única no mundo que renunciou a utilizar a lingua do seu pobo?
En Cataluña, a igrexa non renunciou a utilizala.
Seguindo as novas correntes histórico-sociolóxicas de corte hispánico-liberal ("hispánico" con "h"), a explicación máis axeitada do que ocorreu en Galicia sería: "Porque os curas, bispos e demáis xerarquía decidiron libremente e sen coaccións misar en latín e algo de español, que eran linguas que dominaban os feligreses"
Seguindo as teorías obsoletas de certa historiografía nacionalista, pois xa saben a resposta.
Total, para o que hai que entender que máis dá unha lingua ca outra. En latín era mellor, e canto máis lonxe da república román, mellor. Menos se entende. Co gorigori e o ita missa est ben vale.
Eu a unha misa toda en latín, co cura oficiando de costas e con toda a parafernalia ad hoc, aínda asistiría.
A Igrexa foi a grande normalizadora das linguas en occidente. Desde aquel documento de francia do setecentos e pico...
Pero aquí non picaron...
De todas formas ACunqueiro dicía preferir as misas en latín... A relixión é msiterio... e se calquera pailán entende "O señor esta convosco", aí se esfuma o interese dun "dominus vobiscum".
En fin. QUe lles dean.
Eu creo que o mellor é o rito ortodoxo. Cando era neno impresionábame o Patriarca Atenágoras. Tiña un nome que xa metía respeto. E logo aquela pinta, unhas barbas longas longas e unha especie de pucha que parecía unha mantilla española. E a cara que tiña de home de fe. Supoño que estes darán a súa misa en grego e non andarán con misas yeyés con versións blandiñas e ilegais de cancións de Bob Dylan. ¿Non se apuntaban vostedes a unha misa destas en Santa Sofía de Costantinopla?
Agora mesmiño me apuntaba. Abofé que si.
Y va el "capitán leituga",
mientras se cambia de ropa
Asia a un lado,al otro Europa,
a misa a Constantinopla...
(Extracto de "capitán leituga el cismático de occidente")
O troll ágrafo
Hai máis curas pederastas en España que en EEUU. A min, de pequeno, un cura meteume man. A cousa non chegou a maiores...gracias a Deus. A que non fun o único?
Nunha viaxe á URSS da perestroika, entrei en Moscú nunha igrexa e puiden asistir, un anaco, ao enterro dunha velliña que xacía á vista de todo o mundo no medio da cerimonia. O espectáculo (supoño que rito, pero para mín coma se fora unha película) era fascinante. A igrexa iluminada coa luz dos candís (abstéñanse espectadores de Luar de facer o chiste), o sacerdote ledaiñando non sei se nalgún idioma e un feixe tamén de vellas acompañando o monótono fungar. Aquelo metía medo. Saímos tan axiña como a perplexidade nos deu tempo a decatarnos do incómodo da situación.
Deixei antes sen responder: non, non teño nada que ver, a nivel familiar, con Moncho Valcárcel, o crego das Encrobas. Vino nalgún acto do Bloque (tamén foi candidato nas eleccións) e pouco máis. Si estiven entre os moitos manifestantes que fomos varias veces á cidade coruñesa a amosar a nosa solidariedade cos veciños de As Encrobas: nunha delas rematamos correndo polos Cantóns diante dos grises, deporte habitual daquela época.
Sei que non é exactamente tema desta entrada pero como vexo ao O Troll ágrafo moi lanzado, gustaríame saber (sempre que non lle moleste, claro) porque mudou o nick que utilizaba antes (tamén pode contestar cunha faltada macarrita, claro..)
¿cal era o nik que supostamente usaba denantes?
Eu non levo moito tempo entrando no blog de forma habitual.Entraba de vez en cando,case nunca escribía,lía o que puñan.Cando escribía,usaba nicks variables.Agora entro con máis asiudad nos blogs nos que se fala moito do BNG,por estar melhor informado dados os cambios políticos.Cando insulto,non tenciono certamente ofender.Cicáis estoú habituado de máis a outros blogs máis salvaxes,algúns extranxeiros,nos que se trabalha coa técnica do "brainstorming",e os "insultos" toléranse bastante máis...Por exemplo,cando lhe dixen a Marcos "escrebe algo melhor,que pareces un adolescente",noutros contextos internautas non se toma tan a mal.Ou cando dixen que os artigos de Casares na Voz eran moi mediocres somentes dixen o que pensaba.Pero simplesmente por que eu lín libros seus,bós.E penso que a columna escribíaa polo nome.Fama e a durmir.Houbo a quén lhe molestóu...Por aiquí anda moita xente "seria".Pero así como ó volante un compórtase ás veces como nunca o faría a pé,en internet ás veces funciónase tamén diferente que nas tertulias cara a cara...o medio é a mensaxe,o medio é a conduta.
O troll ágrafo
Non serei eu quen saque a luz a identidade que vostede intenta ocultar. Compre dicir que gusto das súas intervencións, non sempre tan "politicamente correctas" e previsibles (a pesar de esaxerar as veces o que non pensa para poder construír o seu personaxe) como as de moitos compañeiros de tertulias (por certo ton que aparece tamén nas columnas doutros compañeiros de espazo)
E xa ve, eu teño asinado mais dunha vez (e de dúas e de tres e de...) neste blog pero agora son anónimo tamén.
Señor troll ágrafo.
Xa está medio domesticado.
NOn se entende nada do que din. E, ala, eu tamén son anónimo agora. Ou como vai ser...
Señores, prégolles que non se encirren gratuítamente. Cabréense pola nación, polo idioma, polo partido, por Galicia, por España, por Europa, pola globalización, pola identidade, por un libro, por un artigo de Monxardín ou de Sarille, por un concelleiro ou un alcalde, por Touriño ou por Quintana, por Rajoy ou Zapatero, por unha opinión de AP-C ou de Swann, por África, Irán, Mozambique ou Calvos de Randín, por El Fary e por Bob Dylan. Pero por un "nick" non, por favor...
¿Vostede se cabrea por todo isto Sr leituga1? parécenme a min demasiadas cousas e todas elas moi miúdas. xa ve, eu vou ó revés dos medios de comunicación, ós temas da miropolítica déixanme cada vez mais fríos, pero xa que sacou estes temas, seica algúns poderían chegar a cabrearse incluso pola Sociedade esa do "ínclito" Riera e o seu satélite.E, por cambiar de tema (dentro do ámbito papal) ¿Sabe alguén si dende Presidencia da Xunta pensan montar outra Sociedade/fundación para o fomento da Cultura, paralela a Consellería dese nome?
E xa postos, como ven vostedes os expertos da micro e macropolítica, o tema da Comisión do Voto Emigrante.
Xa que se falaba máis arriba do 23-F voulhe contar un dato incontrastable,señor Valcarcel.
Un ex militar de alto rango díxome fai anos que o golpe do 23-F falhóu somentes por que a un garda civil se lhe afloxóu o dedo e disparóu físicamente no Parlamento.Ises disparos físicos que ao parecer non estaban no guión e que víu toda Hispania cambióu todo o tinglado.Contóume varios detalhes,moitos dos cales lhos dera Franqueira en persoa e pódolhe decir que nombróu a S.M. en varias ocasiós.
Como en calquera caso todo eso non é xa contrastable por que ese señor morréu e a mín contóumos a solas tomando un café,a cousa non vale máis que pra reflexionar sobre esa idea.(O melhor debémoslhe todo a ese senhor de dedo floxo).
(O cabaleiro que me contóu eso acompanhaba moito nos séus derradeiros anos á señora que sae coa súa nae na foto do Vida de hoxe día de S.Xoán).Por certo, a súa nae de vostede mantense guapa...
O Troll ágrafo
Eu cabréome, amigo Descrido, por poucas cousas, case sempre moito máis banais, á vez que máis importantes, que as devanditas. Pero nun blog creo que hai que cabrearse por cousas como esas. Se non, a ver onde estaba o debate. ¿Nos nicks que cada un de nós ten a ben autocolocarse?
Publicar un comentario