1 jul 2007







CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL





1972: XENTE AO LONXE

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Tiña Beiras que estar pondo a punto "O atraso económico de Galicia". O 72, a máis das mobilizacións obreiras de Ferrol e Vigo, foi tamén o ano da segunda gran folga universitaria, cunha intensidade descoñecida desde o 68. Algúns chegamos daquela á política, e anos despois andabamos a cantar cousas de Heriberto Bens, entre outros: "Conto", "Espranza xorda", "Hespaña"... Ningunha do meu repertorio, pero sabidas e entoadas como expresión dunha vivencia e empuxe novo que chegaba no país.

Anónimo dijo...

Ai,que bunito o principiño...por certo ,non séi se existe traduzón ó galego de Xan Salvador Gaivota...

Mr Troll ágrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Ben bonito O Principiño, sen ningunha ironía, por suposto. Carlos Casares tiña (e ten a súa familia) unha longa colección de edicións do libro en todos os idiomas, que se expuxo en varias vilas ourensás. Habería que preparar algo importante arredor de O PRINCIPIÑO e pasealo por todo o país, polo seu significado en varias xeracións de galegos/as.

Anónimo dijo...

A vostede,Marcos,de seguro que lho fixeron lér en FranÇais,coma min...XDD
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Lín varias veces o principiho na miha adolescéncia,pero sigo sendo de Jonathan Livingston Seagull
Mr Troll

Anónimo dijo...

¿Será casualidade que os autores de ambos libros foran aviadores?
Mr Troll

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois si, creo que o lin antes en francés que en galego, se non falla a memoria.

Anónimo dijo...

O primeiro libro que lin en galego. Custoume moito pasar da primeira liña porque non entendía a palabra "año". Nin mirando para os debuxos.
Sintomático, non?

Anónimo dijo...

Boeno,sr swann,nótase que é vostede "de capital..."

Mr Troll

Anónimo dijo...

No debuxo,se non lembro mal,non estaba o agnus,había que imaxinalo dentro da caixa con buratos

Mr Troll

Xaime dijo...

Recordo que a nosa profesora de francés puña tanto empeño en que léramos o Principiño en francés qué, está claro, ningún o lemos.
Anos, moitos anos mais tarde, cando tiven fillos, linlles O PRINCIPIÑO en galego para durmilos e rematei cando o souberon de memoria.
Lembreime de Aida - recordas X.M.GONZALEZ, a nai de Pedro Vila, compañeiro do Carro de Antón Campelo- e linllo en francés e, desgracidado de min, ¡xa non se durmían, senon, -coma dicía Uxio o máis novo- soñaban

Anónimo dijo...

Non sei como non se lhe ocorréu a algún esrbir algúnha continuación do Principiño.Cando un persoaxe literario se fai famoso,outros autores o usan...Hay novelas de Sherlock Holmes que non foron escritas por Conan Doyle,por poñer un dos miles de exemplos...

Mr Troll ágrafo