15 jul 2007


Humor galego
E outra de humor galego, que tamén temos referentes de calidade, como Xaquín Marín (esta é do sábado 14 de xullo). Noutro fío máis abaixo reflíctese o desconcerto de moitas persoas progresistas que apoiamos o cambio para encontrarnos agora con algunhas actitudes cando menos sorprendentes. Por exemplo, os soldos nos Concellos de coalición (o de Ourense é só un exemplo) despois de criticar con dureza parecidas remuneracións cando gobernaba o PP. Ás veces ata se agradecería un mínimo de autocrítica: cantas veces se criticou a política do PP como escurantista e manipuladora cando se negaban no seu goberno a dar información sobre os incendios forestais? Pois, agora, acórdase o mesmo: quizais sexa ata unha actitude ben fundada e con razóns, pero tampouco sobraría dicir logo que alguén falou de máis noutras ocasións...

9 comentarios:

Anónimo dijo...

A mín o que me costa entender é o balbordo cos soldos. Eu son partidario, en xeral, de descentralizacións administrativas, pero non son quen de explicarme por que non hai uns soldos xa regulados polo estado (sexa quen sexa ese estado) para alcaldes, tenentes alcaldes, concelleiros e demáis fauna, en función duns baremos establecidos por poboación ou por outros criterios que o lexislativo marque. Soldos razonables que eliminen a arbitrariedade das dietas por comisións ou por viaxes, dos gastos de protocolo ou dos fondos de reptís. O que parece fóra de toda lóxica é que decidan os soldos os mesmos que os van recibir.
Tamén parece sorprendente que no concello de Ourense non haxa recadación controlada ou domiciliación dos impostos. E tamén sorprendente que os anteriores partidos na oposición non se deran conta desta "irrelevante" circunstancia ata chegaren ao goberno. Pero, por non poñer o caso de Ourense, paréceme fóra de toda lóxica que agora os grupos que antes estaban na oposición descoñezan por completo o estado de contas dun concello. Eu nono entendo. E, de verdade, alguén que traballara nun concello mo pode explicar?

Raposo dijo...

Moi boa a viñeta de Xaquín Marín.

Anónimo dijo...

O exercicio ordinario e corrente do goberno, e en concreto o manexo do orzamento, é habitualmente realizadopola Xunta ou Comisión de Goberno (non sei ben agora como se chama) e non pasa peneira nin control da oposición non sendo que esta se interese polos temas, pregunte ou pida os documentos; aínda postos no caso de que o goberno forneza todo o pedido (=actúe con lealdade e responsabilidade), dificilmente a oposición pode seguir cada un dos casos en cada un dos seus extremos. Isto trae consigo que nunha circunstancia de mudanza política os novos xestores deban pórse ao día e descubran o auténtico estado da situación.

Deixo, por falta de tempo e de momento, a cuestión das retribucións municipais. Canto ao outro asunto: entre os descubrimentos que realiza o que chega ao goberno por vez primeira figura o de que é diferente gobernar de exercer a oposición. De aí, por veces, mudanzas de criterio que poden aparentar incoherentes ou mesmo escandalosas; para evitar tal efecto, sería razoable proceder a unha explicación do agora con referencia, no seu caso, ao antes dun mesmo: se é distinto, en que; se é o mesmo, en efecto, recoñecéndoo.

Anónimo dijo...

Unha volta,aínda no "Antigo Réxime" ao (ex)profesor de Filosofía Ramón Area chamáronhle a atención da Dirección por que dixo un taco na clase e os pupilos "chiváronse":
DIRECTOR-Dicen los alumnos que dice Vd. palabrotas en clase.
RAMÖN AREA-Tiene Vd razón,Sr Director.Pero lo que Vd no sabe es la cantidad de las que consigo reprimir...
DIRECTOR-(OK.)

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

O editorial de EL PAÍS de hoxe luns apunta, con pouca vehemencia, eso si, algunhas solucións que aquí apuntabamos.

Anónimo dijo...

Tén moita razón no escrito.Cantas veces se criticóu ó PP por non dar información acerca dos incendios forestáis,e hoxe díse que esa información pode incrementar o seu número.De seguro que é certo.Os medios de comucicación de masas fan na actualidade o papel que noutro tempo facian as profecias autocumplidas,das que tantos exemplos hai na literatura.
A solución podería ser: dar esa información a través de medios non de masas,pra que calquer ciudadano interesado poida conhecela, sen os negativos efectos secundarios dos "mass media".Ou ben chegar a acordos cós medios pra que incorporen ó seu código deontolóxico o tratamento estrictamente informativo e non sensacionalista do problema (Información non en portada,tipografía discreta,etc...)
E,desde logo eliminar o tema do debate político electoralista, e limitalo ó debate técnico.

Anónimo dijo...

Manifesto en relación coa Planta de Gas que Reganosa constrúe dentro da Ría de Ferrol
Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa esta construíndo sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman mais de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Tamén, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a declaración de patrimonio da humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto de as poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Denunciamos o anuncio da súa entrada en funcionamento saltándose ditos condicionados. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.

Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, non debe ser autorizada a súa entrada en funcionamento, trámite que ten a obrigación de solicitar.

Desde o ano 1994 en Cabo Prioriño existe unha ubicación idónea para unha Planta de Gas en Galicia, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.

Anónimo dijo...

Portada de EL JUEVES

Anónimo dijo...

No pasado, moitas mulheres pobres parían ex-profeso pra poder criar filhos de ricas coa leite dos seus peitos, e sacar así unhos cartinhos.Os seús propios filhos,sabe Deus como iban criados.Non séi por qué me vén iso á cabeÇa vendo a portada desa revista que sae os Mércores...