13 jul. 2007


Imaxes agrarias (pero non só...)

Pan por Pan venres 13 xullo. A imaxe é de Egon Schiele (Nu femenin au bax bleus)

Moitas das imaxes da nosa poesía popular cargadas de connotacións sexuais proceden do mundo agrario, cousa ben lóxica nunha sociedade tradicional, que foi quen as creou. Por iso son os homes casados os que saben manexar o arado: “Quen quixere ter amores/ téñaos cun home casado:/ sabe gobernar a vida/ e mais temperar o arado”. Do mundo labrego veñen metáforas como “meter o carro no palleiro”, “meter a pá no forno” , “montar a cabalo” ou “meter un ferro no lume da forxa”.

Pero sorprende a capacidade de adaptación do xenio popular ós tempos modernos: velaí o ferrocarril, que Curros cantou como símbolo do progreso. Nesta copla, quizais por semellanza co forno e coas súas calores (a máquina de vapor a máis carbón, máis calor), ten outro sentido: “María ten sete saias/ todas sete lle están ben;/ debaixo das sete saias/ ten a máquina do tren”.

16 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Xa sei que a sabiduria popular é as máis das veces tradicional, serei un pouco susceptible pero a min esas alusións sexuais non che me gustan nadiña. Falando de cabalos e de sabiduría popular, vai algúns anos, no cine do meu pobo poñían "Leyendas de Pasión". Cando Brad Pitt voltaba a casa, galopando coa melena ao vento, cando a música arreciaba violins oíuse unha voz (femenina) que dixo :"Quen fora cabalo!"
Síntome máis identificada con esta outra sabiduria popular. Un bico.

a.p.-c. dijo...

Comparto a opinión de Lula Fortune (nome que saía nunha película de David Linch, non?). A min esas alusións sexuais populares, por moita "sabiduría" que teñan detrás, déixanme ben frío. É máis, abúrrenme mortalmente. E iso que, infelizmente, non me parezo a Brad Pitt nin no branco dos ollos. (Tómense isto último como unha mostra retórica de humildade, he, he).

Anónimo dijo...

A verba "sabiduría" na expresión "sabiduría popular" non debe ser tomada coas connotaciós positivas que penso que apriorísticamente lhe dades.É mais ben "saber",no senso de "conhecemento".E non é pra ser xuzgado,senón analizado e interpretado.Simplemente,está ahí.Feita por unha xente moi diferente de nós (eso pensamos desde a nosa suficiencia e autocomplacencia).Con unhos prexuizos diferentes dos nosos,simplemente.Veremos en qué queda esa outra "sabiduría" do "pensamento correcto" tras pasar polo filtro de un par de xeneracións.

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Nesa clase de cousas nas que intervén o subconscente nunha alta proporción,poden deixar fríos a uns,coma ap-c, i encantarlhe a outros ,coma mín.Pasa coma có humor,tan variable según as épocas i as culturas,e con todo.A mín déixame 100% frío unha rubia da que se está falando noutro post porque neurolóxicamnete son máis tactil e auditivo que visual.Sólo me chaman a atención as mulheres en catro dimensións (tres dimensións+que se movan).E que poida tocalas...

Mr Trolh ágrafo

Anónimo dijo...

Esquecéuselhe unha moi usada,Mr Marcos."sachar o monte".Xa sabe que as metáforas entre o acto sexual e trabalhar a terra son moi frecuentes en todo o mundo,sobor de todo por analogía semen-sementeira,da mesma orixe etimolóxica.
En certo país de África ,se morre a mulher,o home toma unha irmá solteira coma companheira pra coidarlhe os filhos.Por iso,a traducción literal da verba "cunhada" é "o eido de atrás",có senso de "eido de repuesto (¿reposto?)".

Mr Trolh ágraph

Xosé M. González dijo...

Entre as diversas metáforas con termo figurado de alcance laboral (a miúdo agrario) e real non necesariamente coital aínda que lonxe non lle andará, achego notable expresión luguesa; sobre muller ben dotada: "aí hai moito que labrar".

Non me parece que as mulleres o deban levar a mal.

arume dos piñeiros dijo...

Instrumentos con afinidade a cilindros alongados, sempre activos, e unha superficie con furados ou onde se poida facer afuracamento trae inevitablemente copla popular. Que para iso das analoxías (como lle gustaba chamar a Aristóteles ás metáforas) a xente resulta espilida de máis. Outra cousa é que o resultado final sexa inxenioso: eu creo que na maior parte non. E se por riba lle metemos a nosa mirada hodierna na que o coito polo coito non é o importante, logo o "chistecillo" deixa de ter a presumible gracia.

Anónimo dijo...

Fai anos fixen un deses "test" de intelixencia, e chamóume a atención unha pregunta que dicía:¿É vostede quen de rírse dun chiste que non tenha conotaciós sexuáis nen políticas?.A resposta afirmativa sumaba pontos...

Esas expresións populares naceron nunhas condicións sociáis moi diferentes,i eran unha maneira de rodear a censura social que o poder relixioso imponhía en materia de sexo.Hoxe non fan gracia precisamente porque non existe esa censura,e porque desde a nosa perspectiva instrumentalizan á mulher e tamén ó home.Vemos cousas diferentes,por que temos problemas mentáis diferentes...Daquela faciase énfase no carácter de represor sexual do poder,y hoxe no caracter continuista do poder no que se refire ás desigualdades de sexo.Por iso, a interpretación subconscente é diferente.O que pra éles é un chiste,pra nós é un "anti-chiste".

De todolos xeitos,tanto que che fagan gracia como que che repugnen visceralmente é proba de que certos prexuizos seguen vivos na mente.O que cambia é a actitude hacia eles.A quen emocionalmente lhe son indiferentes e se limita a estudalos,é quen tén superados eses prexuizos...

MR Trolh ágrapho

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Convén lembrar que o verbo "foder" en galego pide un complemento de lugar: foder nela ou foder nel. Como transitivo, fodela ou fodelo, ten outro significado.

Anónimo dijo...

A xuventude actual atópase respecto das drogas nunha situación similar á doutras épocas respecto do sexo.
Estáse por tanto a desarrolhar toda unha linguaxe metafórica pra cubrir os aspectos do consumo,do tráfico e da producción das drogas.Unha filha pode estar a mantenher unha conversa aparentemente inocente diante do pái,e sabe Deus o que está dicindo en realidade.Como non estóu no mundilho non pódio poñer exemplos concretos...
Se algún día as drogas se legalizan,un Marcos Valcarcel do futuro,recopilará esas expresiós,xa sóio polo séu valor histórico.A xente non lhe atopará "gracia".Dirán."¿Por qué non falaban claro?".Ó melhor hastra lhe soan de mál gosto.
Ese cambio de atitude respecto a unha metáfora podémolo ver cun exemplo:
Un drogadito atual dilhe a outro "asa o cabalo",pra querer dicir que lhe prepare heroína.Maxinar que algún día as drogas son legales pero desarrolhóuse unha sensibilidade forte contra o maltrato óa animáis.Non lhe van ver ningunha gracia á expresión.Iso é o que nos pasa a nós con moitas no pasado...
Posibelmente unha linguaxe metafórica semelhante exista no mundo homosexual etc...Quen esté nos mundilhos poderá ponher melhores exemplos concretos.

Mr Trolh ágrapho

Xosé M. González dijo...

Debo discrepar con vde., Arume, en materia sintáctica. Na cláusula "foder nela", considero que "nela" desempeña función de suplemento (tamén chamado complemento de réxime) e non complemento circunstancial de lugar; igual ca en "comía nas mazás" ou "mallaba no polbo". E "fodeuno/-na", con sentido de obra secual, é corrente na fala.

Hai matiz entre unha e outra, pero é matiz moi estilístico.

arume dos piñeiros dijo...

A noción de suplemento (Alarcos) ben sabe vostede que é caixón de xastre no que entran efectivamente moitos dos complementos de réxime. Pero teño para mín que no caso de "foder en" hai, desde un punto de vista semántico (non rexeitada pola súa construcción sintáctica), substancia locativa, aínda que tamén conserva boas relacións coas construccións transitivas. Con perdón.
A estas horas do domingo esta discusión pode estropear un vermú, mesmo rebaixado con soda.

Xosé M. González dijo...

Pola contra, na hora do solpor vén que nin buscada a materia reflexiva. Verá, como a expresión "foder en" historicamente se usou con suxeito masculino (sen mediar casua gramatical), podería eu aceptar a referencia locativa mediando a consideración da muller -non exclusivamente corpo feminino- como realidade tan ampla e vasta que nela podemos encontrarnos e ata perdernos. Non sendo tal motivo estilístico (obxectable), a transtividade paréceme clara, tal e como no caso de "comer en" (como non consideremos lugar operante unha morea de mazás, por exemplo) ou "mallar en" (transladando a corpo físico o campo de actuación).

A gramática galega (Freixeiro Mato) en todo caso así o indica, se ben o seu matiz, Arume, é lícito como hipótese.

Anónimo dijo...

Guau! que bóm! ó final o uso das preposiciós no galego vai (a) ser máis fodido ca no inglés!!
Venme de gostar esta pequena discusión de alto nivel lingüistico.Moi interesante,sim,X))
De tódolos xeitos,aparte de todo eso,eu percebo connotacións diferentes na frase "Comía mázas" i en "comía nás mazás".As diferentes connotacións que percebo correponderíase coa chamada "función enfática"...

Mr Trolh ágrapho




Vai unha pequena anedota:

"É un campión.Leva trinta anos casado e aínda COME NA mulher..."

Mr trolh

Xosé M. González dijo...

O da función enfática está francamente ben pensado.

marcos valcarcel dijo...

Imaxes agrarias e sexo
ANDOLIÑA 20 xullo 2007
MARCOS VALCÁRCEL
Moitas das imaxes da nosa poesía popular cargadas de connotacións sexuais proceden do mundo agrario, cousa ben lóxica nunha sociedade tradicional, que foi quen as creou. Por iso son os homes casados os que saben manexar o arado: "Quen quixere ter amores/ téñaos cun home casado:/ sabe gobernar a vida/ e mais temperar o arado". Do mundo labrego veñen metáforas como "meter o carro no palleiro", "meter a pá no forno" , "montar a cabalo" ou "meter un ferro no lume da forxa", todas elas recollidas no estudo de Mariño Ferro sobre o sexo na poesía popular. A analoxía seme e sementeira, da mesma raíz, está presente aínda en "sachar no monte" e en expresións como "aí hai moito que labrar", referida a unha moza.


E sorprende tamén a capacidade de adaptación do xenio popular ós tempos modernos: velaí o ferrocarril, que Curros cantou hai máis de cen anos como símbolo do progreso e da liberdade. Nesta simpática copla, quizais por semellanza co forno e coas súas calores (a máquina de vapor a máis carbón, producirá máis calor), a máquina do tren ten outro sentido ben diferente: "María ten sete saias/ todas sete lle están ben;/ debaixo das sete saias/ ten a máquina do tren".