21 jul. 2007


O zoo de cristal.

Pan por Pan 20 xullo

Foi a obra que lanzou á fama ó dramaturgo norteamericano Tennessee Williams (na imaxe) e para moitos a súa obra mestra, por riba de Un tranvía chamado deseo e Unha gata sobre un tellado de zinc. Disque tamén é a obra máis autobiográfica do autor, escrita dende a dor, e o personaxe nomeado Tom, o propio escritor. Din tamén que a súa irmá, a moza coxa e tímida que colecciona figuriñas de cristal, está inspirada na propia irmá do escritor, Rose, que rematou nun psiquiátrico onde lle fixeron unha lobotomía, carga que sempre pesou na cabeza do dramaturgo. Desa carga saíron estes versos: “Rose. A súa cabeza cortada aberta. Unha navalla punzando no seu cerebro. Eu. Aquí. Fumando”. Paga a pena achegarse a ela e esquecer todo isto que acabo de contarlles: síntoo polos apaixonados do teatro de vangarda, pero o entusiasmo deste cronista vai por outros vieiros, xa ven.

3 comentarios:

peke dijo...

Que espanto! Unha lobotomía! Menos mal que agora xa non se fan. Ao tempo que arrincaban a suposta enfermidade, quitaban a alma, radique onde radique.
Unha aperta de Uxía Casal.

marcos valcarcel dijo...

Graciñas polo visita, Uxía. Sorte de viviren nos tempos que nos tocou: do que facían cos "tolos" noutros tempos escribiu David Simón (en Galicia) e outras xentes. E todos os seus relatos meten espanto...

Anónimo dijo...

Eu lin a obra e vin a representación. Merecen a pena CON MAIÚSCULAS, penso que todo T.Williams.É increíble como este autor profundiza no coñecemento emocional e psicolóxico da muller dun xeito tan sublime
apertas
Yoli