28 jul 2007


Unha frase de Quintana na Quintana
Andoliña 28 xullo

Leo nos resumos da prensa que a arenga de Anxo Quintana en Compostela incluíu esta frase: "Nin o galeguismo histórico nin o nacionalismo contemporáneo entenderon nunca o exercicio do dereito de autodeterminación como un feito puntual nin como unha decisión plebiscitaria, senón como un proceso dinámico para lograr maior capacidade de autoorganización e de autogoberno". Eu estaría de acordo, se se me permiten algúns matices nese "nunca": en moitos núcleos nacionalistas pensouse sempre no dereito de autodeterminación co esquema clásico dos movementos anticoloniais dos anos 60.
A autodeterminación como un proceso vivo, constante e dinámico, que non se esgota nin se identifica necesariamente cun acto constitutivo no cal a nación se dota dun poder político propio. Non é, por suposto, un concepto novo. Hai bibliografía ó respecto: por exemplo, Gurutz Jáuregui, Contra el Estado-nación, 1986. Pero si supón un elemento modernizador no ideosistema desta forza política.
Agardo que o Bloque siga adiante nesas teses: as mesmas que defendían os militantes do PSG-EG nos 80. Daquela, por dicir iso, algúns alcumábanos como reformistas, liquidacionistas e traidores.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Certo é. Mais unha puntualización, amigo Marcos. Dentro do BNG, e mesmo da UPG, xa había voces a mediados dos 90 que dicían exactamente o mesmo, e que eran idénticas ás que no seo do PNV ou de CiU, e mesmo ás veces de ERC, incidían en que a autodeterminación había entenderse como un proceso dinámico, de construción nacional a partires do afianzamento do autogoberno e da creación de identidade nacional. Nada menos que Bautista Álvarez dicía algo semellante nunha entrevista alá no 1997 ou 1998, e engadía que cumpría ter paciencia, xa que se Galiza levaba 500 anos asoballada dende os Reis Católicos, podía agardar uns lustros. Con todo, o ponto final sempre se establece nunha consulta ou referendo. O que pasa sinxelamente, esa é a miña interpretación, é que a maioría dos nacionalistas con sentidiño se decatan de cándo convén exercer o acto da autodeterminación (cando se pode contar con maioría cualificada ou polo menos abonda), e cándo convén apelar á potencia (recoñecemento do dereito "a decidir") á agarda de que conveña transformala en acto.
En todo caso, coincido: talvez sexa o comezo dun proceso de reformulación coherente de estratexias e principios, e se abra un proceso de "aggiornamento" ideolóxico do BNG, fóra das xaculatorias usuais. Non sei se haberá dentro moitas mentes pensantes quen de acometer esa tarefa, mais iso será outro debate.

Anónimo dijo...

Canto a xaculatorias, a miúdo ou son pílulas concentradas para uso corrente ou avellentada reminiscencia. Non me atrevería a diagnosticar o estado actual de cousas no BNG, pero hai tempo que me pregunto cando se poñerá alguén a elaborar ideoloxía nacionalista actualizada. Eu penso que haber debe habelos, o caso sería que quixesen pórse a tal labor.

Marcos, unha ppuntualización: paréceme que a imputación máis habitual debía ser a de "pseudonacionalistas". Menos dramático, pero ben expresivo en termos de aparente displicencia e explícita descualificación.

Anónimo dijo...

A ambiguidade do BNG actual, en tantos aspectos, é moi eficaz para contentar a tirios e troianos. Non creo que modernice o seu discurso facéndoo coherente. É a incoherencia o que dá réditos.

Anónimo dijo...

O sentido nazonalista ou patriótico apóyase en diferentes factores, máis ou menos ponderados,en diversas partes do mundo
:Lingua,Territorio,Historia,etc...

Nos U.S.A.pasa unha cousa curiosa.O seu sentimento patriótico,moi arraigado,non está asociado á ningún destes factores clásicos,por motivos máis ou menos obvios.O seu patriotismo é consecuencia do Amor ás Leis Americanas,especialmente a leis
fundamentales:"Constitution"e"Bill of Rights".

O traballo de Castelao e outros parecia promover tamén algo así:unha componente do nacionalismo ligada o "Estatuto".Unha Lei fundamental para sempre-en-Galiza.Cicáis este aspecto esté descuidado polo nazonalismo galego actual...e miren qué resultado da nos U.S.A...

Anónimo dijo...

Eu dubido que o chamado "patriotismo norteamericano" de masas estea ligado fundamentalmente a tales valores políticos e cívicos; penso que nel ten máis forza a visión de si mesmos como nación construída a base de camiño e esforzo, chamada a dirixir o mundo, polo tanto cun certo dereito a meterse nos asuntos e territorios dos demais que se volve inequívoco cando estea en xogo iso ao que eles lles chaman "intereses americanos". Entre o providencial e o pioneiro, diría eu, dalgunha maneira.

Iso si, certos instrumentos básicos, como os que menciona Xan da Coba, constitúen o seu principal factor de cohesión, xunto con algúns principios de carácter social e económico. E non hai dúbida de que, internamente, certos valores claramente democráticos parecen fondamente arraigados. Dío un que nunca alí foi.

Anónimo dijo...

O que dí vostede non entra en contradicción có que escribín eu.A figura mítica americana por excelencia é o "home-feito-a-sí-mesmo" (self made man).
E o resto do que dice tamén e certo: Confunden os privilexios dos que disfrutan,con dereitos.Un dos que máis me "cabrea" é ese dereito que supoñen ter sobre todo o petróleo do mundo.Pra eles o "símbolo fálico" por excelencia é o automóvil.Nin pola cabeza se lle pasa que teñan que racionar a gasolina.Sería como pra nós regatearlle comida a un fillo...Por eso toleran calquer acción do país no resto do mundo pra garantizalo.
(De tódolos xeitos,as xeraciós novas e mimadas neste país levan tamén ese camiño egoista e arrogante...)
E xa que anda por aquí ancora,amigo X,M.Glz,unha pergunta que se me ocurre ao ver un cuadro dun café noutro post.Na Alameda de Lugo hai un café que ten dúas figuras humanas,un home e unha muller,sentadas,tomando cagé.El,lendo o xornal.¿Son meras figuras de adorno,ou representan a persoaxes conhecidos do pasado lugués?

Anónimo dijo...

Co petróleo, coa capa de ozono, cos mercados, co "perímetro de seguridade" arredor das súas costas/fronteiras... Ora ben, todo hai que dicilo: a institución xudicial dos USA parece funcionar sobre bases bastantes sólidas, aínda que a min iso dos xurados aparéntame considerablemente aleatorio.

Canto ao café, da Coba, supoño que se está a referir ao Centro, local no que eu entraba moito hai vinte e pico de anos e case nada nos últimos. Como experimentou notables reformas, teño vaga idea do que me fala, pero entendo que se trata de color ambiental (retrospectivo) e non personalizado. Heime dar unha volta por alí e xa lle contarei.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Antes de marchar de vacacións en Agosto, que me din do informe do Consello de Contas sobre a Cidade da Cultura? Vacances pode haber, pero o país segue a darnos disgustos. Agardables, por outro lado.

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que a maioría dos participantes no blog marchamos en agosto: mellor, así coincidimos e coincidiremos na entrada. O da Cidade da Cultura é para nota e para dedicarlle un post e tempo de vagar: as críticas do Consello de Contas son tanto para o goberno anterior como para o actual. Hai caña para todos.

Anónimo dijo...

Falo doutros informes do Consello de Contas no meu blog. Son moi rigurosos: excelentes e mesmo causan admiración. O que non sei é como non toman nota deles. Pero, en fin, agardemos para setembro para pensar e repensar o asunto. Porque para mín que non traspasamos o nivel de ocurrencias.

Anónimo dijo...

Tomade comentario de EL Correo Gallego. Para que vaiades quentes de vacacións.
"Los palmeros del catastrofismo barato están felices con el informe realizado por el Consello de Contas sobre la Cidade da Cultura, según el cual, a tenor de la interpretación sesgada que hacen del mismo, el proyecto del Gaiás es tal desastre que lo más sensato sería dinamitar lo ya hecho y evitar, de esa forma, el entierro de más millones en semejante engendro. Los palmeros del pesimismo han creído encontrar, en dicho informe oficial, un nuevo apoyo en sus tesis contra la Cidade da Cultura, pero ahora, ellos lo notan, deben palmear y cantar solos, porque ya nadie les apoya. Asumidos los errores iniciales, lógicos en obras de esta envergadura, y redefinido el proyecto inicial con el fin de fijar plazos, inversiones y contenidos, el complejo del Gaiás cuenta actualmente con el apoyo no sólo del Gobierno de Touriño, sino también de los partidos más críticos con la idea inicial, BNG incluido. Todos saben, en el fondo, que acabará siendo una obra de la cual Galicia, no sólo Santiago, podrá presumir en todo el mundo. Por mucho que moleste a los coruñesistas rancios."

Anónimo dijo...

No informe do Consello de Contas, segundo se pode ler en "El País", hai tamén un apartado dedicado aos "convenios" polos que a Xunta de Galicia outorgou, no ano 2004, 14 millóns de euros a medios de comunicación, maioritariamente privados, en función das máis variadas e mesmo peregrinas causas. "La Voz de Galicia", un dos medios máis beneficiados (case 2 millóns de euros) por este reparto abondo arbitrario de cartos públicos, non di unha palabra sobre este asunto.
Non nego o dereito do propietario de "La Voz" a manter unha campaña contra a Cidade da Cultura, aínda que sexa co persoal, intransferible e estrafalario obxectivo de convertela en sede da Xunta. Pero non estaría mal que aparecesen todas as críticas ao mal uso dos cartos públicos realizadas polo Consello de Contas, non só as referidas á Cidade da Cultura. Eu creo que o asunto dos agasallos crematísticos (¿a cambio de que?) ás empresas de comunicación privadas debería ter tamén grande importancia nunha sociedade que se quere transparente, democrática e veraz e honradamente informada. Un pode preguntarse con certa pertinencia se os moitos millóns de euros recibidos pola "Voz de Galicia" nos tempos de Fraga teñen algo que ver coa actitude diametralmente oposta á actual que mantiña daquela ese periódico en relación coa Cidade da Cultura, celebrada insistentemente como "el gran icono cultural de la Galicia del nuevo milenio".

Anónimo dijo...

Tempo haberá, sen dúbida, para esta e outras diatribas. É certo que a famosa Cidade leva traza de constituír un dos debes máis clamorosos en canto remate a lexislatura (manda pestana, xa a estamos mediando). Pregúntome, así e todo, se nos podemos permitir dinamitar os esqueletes mastodónticos, sen outra cousa. Xa que deixalos alí coma monumento permanente á monomanía e a imprevisión aparenta algo esperpéntico de máis: o escarnecido pode acabar sendo, doadamente, un mesmo.

Anónimo dijo...

Pois leva razón, González: tempo haberá. Agora o que toca é ir rañala un pouco por aí, que é exactamente o que eu mesmo me dispoño a facer xa dende mañá á mañá. Así que me despido de todos vostedes ata dentro dun mes, aproximadamente, non sen antes desexarlles a todos unhas inesquecibles vacacións.