19 sept. 2007

en poleiro alleo

Sobre algúns temas tratados nesta casa:
* a educación para a cidadanía: O triunfo da Educación (Miguel Anxo Fernán Vello en Galicia Hoxe
* as oposicións e os interinos: Escándalo nas aulas (Moncha Fuentes Arias en Faro de Vigo)
* Antón Losada e Anxo Quintana: O éxito de Losada (Lorenzo Fernández Prieto en La Voz de Galicia)

42 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O artigo de Moncha Fuentes amosa a opinión extendidísima entre mesmo os membros dos tribunais con que puiden falar sobre a inxustiza cometida cos opositores por libre. Non sei se os interinos deben ter unha pequena vantaxe por aquilo da antigüidade, como ven sendo habitual nas oposicións celebradas ata o de agora. Deamos por boa (discutible tamén, cómo non) tal pequena vantaxe: o que parece fóra de todo sentido é alonxar, non permitir, obstaculizar que persoas con méritos sobresaíntes queden fóra da selección. O perxuízo non recae só nos interesados (agora afectados) senón na propia sociedade que non desfroita da excelencia (dentro do interinato hai excelentes profesionais, sen dúbida) destas persoas que contribuiu a formar. Parece, ademáis dunha nítida falta de equidade e de igualdade de oportunidades, un dispendio inadmisible.
De todas maneiras, a súa pregunta ao marxe, gustoume: "Por certo, ¿alguén sabe para que serve o CAP ou curso de adaptación pedagóxica, se non é para desinflar falsamente as listas do paro?".
Para que certas persoas cobren por unha inutilidade manifesta, certificada por todos e cada un dos asistentes a tales cursos.

marcos valcarcel dijo...

Creo que no Faro de Ourense de hoxe veñen as declaracións dunha opositora por libre que quedou sen praza con máis dun 8,5 na oposición. Absolutamente escandaloso...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Saen agora os casos porque este venres sairon as listas de interinos que era o lugar onde podían colocarse os opositores que non acadaron praza. Como algúns quedaron fóra de novo, saltan as alarmas, pero o caso debeu saltar en Xullo, pero a estivalidade fai maravillas. Eu, desde logo, non me opoño a que os anos de traballo poidan ponderarse, pero non ata o punto de pechar o camiño a persoas con méritos sobrados para estar ao fronte das aulas.

Jimy de Rairo dijo...

Completamente dacordo con Moncha Fuentes. A lición é que pasaba con anterior goberno, pasa con este...acostumamonos as inxusticias, non cumprimos como cidadáns pero as veces un "conatus" como este apelanos a responsabildade ética, e a denuncia de impostores, ben estén no goberno ou no sindicalismo.
Bravo polo artigo!

Ana Bande dijo...

E logo nos preguntaremos hipócritamente "que pasa coa ensinanza"...e botaremos as culpas aos cada vez más incultos alumnos, ou as amapolas, que tamén teñen culpa...pero todos calan, e os que falan mellor que calaran, como un profe desta miña universidade que se laiaba de que a súa dona (profesora tamén) tivera que aprobar obrigatoriamente a candidatos que non tiñan nin que demostrar que sabían traducir nin "alea jacta est"....ou outra de inglés que o mesmo...claro... mira ti, é que non podes deixar de participar nesta farse, ¡OBRÍGANTE! e claro, non é cuestión de deixar de cobrar dous duros por facer o parípé...en fin, señores, a verdade é que falar por falar é tan doado ¿no si? o caso é subir a unha roda e esperar o tempo preciso, refírome a esta caste de moda, os que presumen de ser do pobo máis rancio e que acadan postos de responsabilidade vitalicia porque lles contan non só a antigüidade, senor o cantar nun coro de pequeno (sen presentar título) ou ter feitos os exercicios espirituales, (caso verídico)...

marcos valcarcel dijo...

Non sei se é pertinente dicilo, pero pode haber xente que non o saiba e quizais o dato sexa importante e significativo: a autora deste artigo sobre as oposicións, Moncha Fuentes Arias, é a dona de Méndez Ferrín.

Jim Morrison dijo...

Non concordo coa asignatura EpC por razóns moi distintas á Igrexa. Coido que teñen razón os que a entenden coma unha intromisión do estado nas opcións ideolóxicas do neno, e o estado deber ser, a todos os efectos, neutral, un "espacio valeiro no centro", como calificaba un emperador persa, con intención despectiva, á polis grega. Non é axioloxicamente indiferente falar de pluralidade de modelos matrimoniais, defender o aborto ou estar en contra da pena de morte. Naturalmente que o profesor do caso pode e debe dar a súa opinión ao respecto (niso consiste a liberdade de cátedra), pero fóra do currículo, que, nese aspecto, debe ser o máis neutral posible. E digo "o máis neutral posible" porque, se nos paramos a pensar, o que non é nada neutral é a propia noción de "neutralidade" aplicada ao estado: toma partido a prol dunha determinada visión do mundo e en contra doutras. Eu estou de acordo en que iso sexa así; tanto, que considero que, coa supresión ou non entrada en vigor de EpC, se debería reclamar dunha vez por todas a abolición do infame concordato que permite o ensino da relixión católica e con ela e no seu momento, a modificación das referencias ao catolicismo na constitución, pois esa é a clave (o chamado "dereito de mención") de todo problema. Ensino laico nun estado laico.

apicultor dijo...

O das oposicións preparadas como coladeira dos interinos e como barreira practicamente insuperable para os "libres" foi, é e será algo ignominioso, inxusto e imposible de admitir desde a perspectiva da igualdade de oportunidades.

Pero o conto xa ven de vello. A administración -sexa socialista, popular ou de perico dos palotes- é a principal culpable, por permitir tamaña aberración. Pero tamén os sindicatos, si, todos os sindicatos -CC.OO., UXT, CIG, etc.- sen excepción ningunha son igualmente culpables, presionando á administración cunhas demandas que tiran por terra calquera mínima idea de equidade.

E os propios profesores que gañaron a súa praza tamén teñen culpa, cando calan hipocritamente nos claustros cando o sindicalista de turno presenta unha proposición de apoio aos interinos, e despois en petit comité expresan o seu desacordo.

Segundo teño entendido, os membros dos tribunais non é que se visen obrigados a aprobar a interinos. É que estes viñan xa cunha puntuación dada nalgúns apartados e coa exención de facer determinadas probas. Todo o cal se sumaban á nota obtida nunha proba, que era a única que si podían cualificar. E, por lei, cando un funcionario é elixido para formar parte dun tribunal non se pode negar, agás que alegue motivos que sexan admitidos pola propia administración. Pode ser que haxa algúns que se alegren de formar parte dun tribunal por cobrar uns cartos ou por ter a ridícula sensación de "crerse importantes", pero estou seguro que unha elevada porcentaxe deles non lles presta nada facer ese labor.

APICULTOR dijo...

Tiña que dicir: E os propios profesores que XA TEÑEN GAÑADA a súa praza tamén teñen culpa...

Ana Bande dijo...

Hai veces que na vida hai que tomar decisións personais á marxe de presións de administracións, sindicatos ou calquera persoa/institucion. Non me veñan co da obrigatoriedade, o obrigatorio é ter sentido común, si un se pon de baixa por estrés por ter que traballar á semana o que calquera traballador fai nunha xornada canto máis xusto sería facelo para non participar nunca desfeita como esta de convertir en profesores a unha chea de candidatos que non teñen outro mérito que a interinidade. É máis, ¿cómo é posible que se manteña e se dean prazas a persoas que son incapaces de pasar unha proba práctica? Esto xa deixou de ter sentido hai tempo. Deixamos que medre un grupo de profesores sen mérito ningún e logo cada certo tempo hai que metelos con calzador, ¿para ensinar que? pois eso, como medrar sen mérito algún e un par de fórmulas matemáticas para disimular. Terrible. E os nosos nenos sen saber ren de xeografía, historia, lingua, física, matemáticas, etc, etc.

marcel swann dijo...

Coincido co exposto no artigo de Moncha Fuentes e tamén con Ana Bande, mais quixera facer algunhas matizacións que puideran resultar non politicamente correctas e ferir algunhas, digamos, sensibilidades.
1. Valor da educación.
A educación deixou de ser un dereito para se converter unha obriga. Hoxe hai estudantes que non se senten motivados polo que fan. Antes aprendizaxe e educación eran sinónimos de luz, progreso, liberdade. Hoxe hai outros valores e a educación e o saber xa non dá prestixio. Teriamos que cambiar a sociedade, eses valores, e a mentalidade de moitos pais. Moitos alumnos de secundaria/bacharelato saben que gañarían máis cartos de electricistas (e non estarían tan puteados) ca o ser profesor, con ter un montón de anos de experiencia laboral.
2. Educación secundaria/bacharelato e seleción profesorado
- Ningunha oposición garante que o candidato que a aprobe vaia ser un bo profesor. Só con acreditar unha serie de coñecementos non chega. O sistema de seleción tería que funcionar doutra maneira pero, por algunha razón, todo o mundo cala.
- Isto quere dicir que hai moito profesor funcionario ("fixo") por aí que non debía estar impartindo docencia. Outros saben pero non están motivados, e están aí porque pagan ben e o choio é fixo. Se mañá a Consellería (nunha decisión que eu apoiaría 100%) decidise acabar coa figura do funcionariado no ensino, habería un proceso de decantación e só ficarían os mellores profesores.
- Hai moito profesor funcionario ("fixo") que se está a escaquear das súas labores docentes mentres que sustitutos (sustituto, "prostituto") están a dar os cursos que ninguén quere dar. Que se comisións, que se historias. O das baixas, moitas delas finxidas, é unha cousa que ofende o sentido común.
3. Educación universitaria
- A contratación de profesorado baséase, sobre todo, no amiguismo: "hoy por ti y mañana por mí"
- A educación universitaria tamén está desprestixiada. Unha titulo de licenciado (con boas notas) xa non garante o acceso a un posto de traballo. A seleción xa non se fai na licenciatura, senón máis tarde, cando os fillos de papá se poidan permitir pagar por facer unha docena de másters. Nestas condicións o que se agarda do profesor de turno é o aprobado simplemente por quentar o asiento, pois o estudante é agora un "cliente". A educación universitaria tamén forma parte deste proceso de marquetización da sociedade.

marcel swann dijo...

Acabo de ler o comentario de ana bande. Voulle facer unha puntualización. Algo sei destes temas por motivos familiares.
Coñezo unha persoa que leva varios anos traballando de sustituto. Quince días en Camariñas, un mes en Santa Comba de Bande e tres semanas en Boiro. De autobús en autobús, e de pensión en pensión. Do paro ao traballo e volta ao paro. Facendo o traballo suxo (os exames) do titular de turno, que aínda por riba ten o morro de estar tomando o aperitivo no bar da esquina á vista de todo o mundo. Logo, cando chegan as vacacións, o "titular" da praza, por arte de birbiloque, ponse ben e regresa ao seu posto (é dicir, desfruta das vacacións pagadas).
Quen é mellor profesor? Quen merece ese posto de traballo?
Canta hipocrisía...

hormiga dijo...

Gustoume o artigo de Lourenzo, a pesares da cantidade de erros que hai nel (debeu pasar un trasno polo corrector da Voz). Unha análise directa ó asunto.

Ana Bande dijo...

Marcel Swann, esquece vostede que a diferencia entre interino/fixo xa non ten sentido, os interinos só están no corredor durante un tempo e si aguantan serán fixos, ¿ou non é esto o que está a pasar? O mesmo pasa cos funcionarios / contratados na administración. O sistema está viciado xa porque ben se ve que independientemente de quen nos goberne as fórmulas non mudan. O caso é meter a cabeza por algures e aguantar, xa chegará o teu día. Eu só digo que hai que voltar ao razoable, e mentres non teñamos outra forma de seleccionar ao profesorado (nin teremos en anos) o sistema debería de garantir xustiza, igualdade nas probas. Eu tamén sei do que falo, estiven a preparar opositores durante 14 anos e créame, non hai nada máis inxusto que moitas das probas que nas máis das veces non garanten moita preparación e sí templanza e sorte, pero por favor, se son inxustas que o sexan para todo o mundo ou fagamos algo por cambialas, o que non me vale e o "e que me obrigaron a participar", "e que xa veñen cunha media moi alta", pois NON PARTICIPES desta farse e traballa por cambiar o sistema. Agora xa foi, estaremos uns anos a barbeito e dentro de 4, 5 ou 6 ala interinos para dentro. V e r g o n z o s o !!! Sei dalguna que sen ser interino acadou unha praza cun esforzo moi grande, claro, levaba todo o temario estudiado como manda a convocatoria e presentou una programación didáctica de calidade, non unhas miserables fotocopias de mala calidade que ofenderían a calquera tribunal cun mínimo de decencia.

marcel swann dijo...

Eu tamén me estiven preguntando este verán, mentres escoitaba a uns e a outros, por que esta consellería presuntamente progresista argallou este tipo de oposicións. E a verdade é que non o entendo... A verdade é que temos unhas consellerías socialistas que están dando o cante jondo-jodido neste goberno.
O sistema non o cambian porque para iso habería que saltar por riba dos sindicatos. Agora, garantízolle que o nivel educativo elevaríase a cotas nunca imaxinadas. Imaxine un sistema de contratación onde es avaliado non por unha proba que non te capacita para nada, senón por expertos. Imaxine os elementos menos válidos dos sistema (incluídos algúns sindicalistas) fóra. Todos interinos! Pero interinos como Deus manda, como cando te contratan nunha empresa privada e tes que rendir contas do que fas! Imaxine unha profesión ben pagada, moito máis do que o está (para esixir, hai que recompensar). Imaxine un sistema educativo que fai unha seleción axeitada das capacidades, con bolsas e axudas para os que teñen uns pais con ingresos reducidos. Un sistema de educación pública de calidade, e non iso de facer pasar a todos os alumnos con catro suspensos. Un sistema de aulas con grupos reducidos. Uns alumnos que estudan dous idiomas estranxeiros, e galego, e castelán, e portugués. Un sistema eduvativo que promove o intercambio de alumnado con outros países. Un sistema que copia o mellor de nacións como Finlandia. Uns profesores ben pagados, respetados. Un sistema no que ser intelixente non está perseguido.

Ana Bande dijo...

Completamente de acordo, especialmente coa derradeira frase "...Un sistema no que ser intelixente (eu engadiría -e traballador-) non está perseguido..." ¡que grande verdade! se eu lle contara...

apicultor dijo...

Non me parece realista, e si un inútil brinde ao sol, ese chamamento á insubmisión que fai Ana Bande. É máis, e que non lle pareza mal, dubido de que ela, se estivese nesa tesitura, se arriscase a ser expedientada.

Por outra banda, entrar en tantas casuísticas particulares (eu sei, eu coñezo, ...) non axuda a clarificar os problemas. Estamos no de sempre: "jetas" e inútiles hainos en todas as profesións e en todas partes, entre os interinos e entre os fixos, entre os bibliotecarios, os profesores de medias e os de universidade; entre os fontaneiros, os electricistas e os albaneis, etc. Profesores funcionarios e profesores interinos que pillan baixas indebidas polo morro hainos tamén, e isto inclúe desde os que son de educación infantil até os que son de universidade, como tamén inclúe os demais traballadores das administracións públicas, desde bedeis a catedráticos de universidade.

Mais tamén hai bos profesionais, cumpridores e serios, en todas esas actividades. Ou non?

Polo tanto, ten que haber normas e regras que sexan iguais para todos, e moi especialmente para os que acceden ou queren acceder ás administracións públicas. Impugnar o sistema de oposicións con novas casuísticas tampouco arranxa o problema. Garantan ou non plenamente que quen as aprobe está capacitado para a docencia, é o único sistema coñecido que hai, sempre e cando se fagan baixo unha igualdade real de condicións. E isto vale para todo tipo de prazas, de ensinantes ou de bibliotecarios, de bedeis ou de administrativos. O que nunca escoitei son ideas concretas para mellorar e perfeccionar ese sistema de oposicións. Aplicar criterios estritos de empresa privada penso que tampouco sería ningunha solución.

E para os gorróns, para os "jetas" que collen baixas, un eficaz sistema de vixilancia médica e administrativa, e as conseguintes sancións contundentes, das que ninguén se poida librar. Tampouco teño escoitado ideas de reformas que conduzan a isto.

apicultor dijo...

Pois eu non me considero nin un gran traballador nin unha gran intelixencia. Normal nunha cousa e normal na outra. Ou a ver se cremos que só somos nós os intelixentes e os traballadores e os demais uns burros e uns vagos?

Ana Bande dijo...

Aí estamos, o que eu dicía, a cultura do pelotazo está tan fortemente instalada que non e vostede (apicultor) que de crer na posibilidade de que hai xente que non participe do sistema, así non se arranxan as cousas, amigo, dubide vostede o que queira pero asegúrolle (se quere quedamos e llo conto en persoa) que me é moi gratificante non participar de farsas fóra do teatro, iso si, poder para cambiar o sistema, ningún, porque para iso hai que participar do xogo, así é a cousa, e non son derrotista pero malia que non crea ou non lle guste teño renunciado a moitos pelotazos, son unha romántica empedernida...¡que lle imos facer! pero o dereito a criticar un sistema do que non quero participar, todo...e non me considero especialmente intelixente nin traballadora, teño por costume considerarme unha privilexiada mirando para os que non consiguen chegar a fin de mes. Un auténtico pracer sempre este recuncho do señor Marcos, corto e pecho que hai que durmir....

Xoan da Coba dijo...

Ana Bande,eu non me metín con vostede pra que teña que mentarme ¿ou a quén se refería con eso de non chegar a fin de mes?

apicultor dijo...

Desde o momento que vostede é funcionaria, está dentro do sistema e participa nel. E isto é unha verdade incuestionable. Daquela, non se pode estar dentro e fóra ao mesmo tempo. Por iso a min non me ofrecen credibilidade, por moi ben intencionadas que sexan, aquelas posicións que por querer impugnalo todo, rematan por non impugnar nada, colaborando implicitamente ao mantemento dos trazos máis inxustos do sistema, que os hai. E falo en xeral, non por vostede, que non coñezo a súa traxectoria.

Eu, por outra banda, non me considero ningún privilexiado. Todo o que teño -moito ou pouco: máis ben tirando cara o segundo- é froito exclusivo do meu traballo e do meu esforzo. Ninguén me regalou nada. Polo tanto, non me considero privilexiado. Privilexiado é aquel a quen, se facer nada en concreto, lle veñen as cousas dadas de seu: unha familia rica, unha herdanza, unha primitiva, ... Neste sentido, todos quixeramos ser privilexiados (eu, sobre todo, debezo porque me toque unha primitiva).

marcel swann dijo...

Lamentable, Apicultor, lamentable... (co debido respecto á súa cara), o xeito en que dubida de todo e de todos. Ou sexa, según vostede non se poden cambiar as cousas, nin desde dentro nin desde fóra. Xa lle saiu a vea dilentantista, "m'enfotista". Fágase o que se faga, vostede non cre en nada nin en ninguén. Bota abaixo calquera tipo de solución.
Non dubide tanto. Crea. Dúas e dúas son catro. E non o tome coma un ataque persoal...

apicultor dijo...

Corolario á primeira parte da miña anterior intervención.

Ou dito doutro xeito: eu adoito non crer nos espíritos puros. Máis ben tendo a desconfiar deles, e case sempre a miña desconfianza vese confirmada polos feitos.

Boa noite.

apicultor dijo...

Os seus prexuízos cara min, monsieur Swann, xa empezan a fartar. Sinceramente llo digo. Se ten a bondade de ler con atención e non con anteolleiras de burro miope o que eu digo, decatarase perfectamente de que non se pode tirar das miñas palabras esa precipitada conclusión que vostede fai. Ou, ao mellor, non se decata. Daquela, o seu problema é moito máis grave por irresoluble.

marcel swann dijo...

Xa sabe que os burros, aínda os que teñen lentes, teñen unha paciencia infinita. En canto á súa suposta falta de intelixencia, cómpre dicir que non é moito menor que a dos pretendidos asnólogos que sobre eles se teñen pronunciado.

apicultor dijo...

Non abuse da miña paciencia, que non é tan infinitiva como a dos burros. Así pois, e se fai o favor, abtéñase de deslizar argumentos ad personam. Se quere discutir as ideas que eu expoño, adiante, pero limítese en exclusiva ao plano das ideas e deixe fóra calquera alusión persoal. Que a este paso nunca me van entrar gañas de invitalo a tomar café, e sei que iso lle doe no máis profundo do seu ser.

marcel swann dijo...

Paciencia, paciencia...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Parece que, segundo La voz de Galicia, están a barallar eleccións anticipadas. Estes homes/mulleres da Presidencia len este blog, non si?

Ana Bande dijo...

Uf! mágoa que un tema tan serio remate ao estilo dos do tomate, a apicultura ás veces ten a eiva de que tódalas abellas se cren as raíñas (dou por descontado de que se sabe que nunca foi a miña intención molestar a ninguén cos meus comentarios, pero si un non ten a conciencia tranquila porque non se ve capaz de actuar con responsabilidade / xustiza /ética, ese xa non é o meu problema, eu penso seguir brindando ao sol e chamando á insubmisión contra a corrupción sempre que poida)
¿funcionaria? é o malo de falar baixo nome real con pantasmas..
...Bos días e boa sorte!!!

Xoan da Coba dijo...

Bravo,apicultor.

apicultor dijo...

Vostede saberá por que lle sentaron tan mal as miñas palabras, señora Bande, que, como xa dixen, non ían dirixidas a vostede e menos aínda contra vostede, senón que tiñan un carácter xeral. Daquela, están fóra de lugar algunhas das súas expresións nesta última intervención súa, que máis que falar contra min só falan contra vostede.

E a conciencia téñoa moi tranquila dende hai moito tempo, como tamén hai moito tempo que non me dedico a pontificar e a dar leccións morais sobre o que teñen que facer os demais.

marcos valcarcel dijo...

DOS INTERINOS trataba este artigo de Monxardín, en agosto:

camiño do vao
Tres noites de insomnio
06.08.2007
AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN
En decembro do 1994 pasei tres noites sen durmir. Cadrárame estar nun tribunal de oposicións e dous alumnos que sacaron cadanseu 9,5 e 10 nos exames feitos perante nós, os profesores que xulgabamos competencia e sabencia, non obtiveron logo praza por non sei qué argallada de despachos, puntos, sindicatos, pactos, acordos, etc.

Cando me enteirei como era a cousa, abrín a boca. Pero calei porque escoitara dicir que era a última vez, que se facía para regularizar unha situación de non sei que colectivo e que a partir daquela todo ía ser oposición libre. (Busquei ao do dez ata encontralo, deprimido, detrás dun mostrador familiar nunha vila de Ourense. -Máis de dez non vou sacar... así que non me volvo presentar. Pedinlle desculpas aínda sen ser responsable, e tratei de animalo. Tampouco durmín aquela noite-).

E agora, para o meu absoluto pasmo, trece anos despois, outra aínda peor. Anúnciase, incluso, que os que non deron interpretado expresións tan escuras, estrañas e dífíciles como "número de páxinas" ou "tipo de letra", pasarán nas listas de futuros profesores substitutos por diante dos que levan hoxe sobresalientes pero non tiveron oportunidade cronolóxica de teren "experiencia".

Mi madriña! ¿Como se chama isto? A progresismo non cheira. Un meu amigo sindicalista aclaroumo hai trece anos dunha forma diáfana. Gañoume puntos pola súa sinceridade e ao tempo contribuía a aclararme algunhas cousas. Díxome textualmente: "Os sindicatos defendemos os intereses dos afiliados e non xustiza ou dereitos sociais abstractos".

Exactamente. Ás veces, moitas, ambas as cousas poden ir na mesma liña -condicións de traballo, subas salariais...- pero outras, como no caso presente, en sentido oposto, ou sexa, os sindicatos foron neste tema, en contra da xustiza e dos dereitos sociais da maioria "abstracta".

Esa maioría social representada polos opositores libres que ven prostituído o seu dereito a competir en igualdade polo posto de traballo ante a presión sindical e a transixencia da Administración en favor da minoría privilexiada. E entre os privilexiados, aínda unha pequena minoría concreta e afiliada que non aprobou a oposición, sen competencia contrastada pois, e que, cos seus competidores pexados e maniatados, seguirá ocupando un posto de traballo aínda que algúns non entendan ben o significado da críptica expresión "sesenta páxinas". Moito ollo. Que así, pouco a pouco, auparon a Sarkosí.

apicultor dijo...

Concordo plenamente con este artigo de Monxardín.

A frase do sindicalista... de antoloxía.

arume dos piñeiros dijo...

No seu primeiro día de clases, en horario nocturno, descubriu sentado no chan entre dous pupitres un cadelo silandeiro e semidurmido. Era un can visitante que, naquela idade de ouro do ensino moderadamente ácrata e pouco ordenancista, non molestaba a ninguén. Pero a Pilón sumóuselle ao medo da primeira lección impartida o receo fronte a insólita presenza do cánido alumno nocturno. Ao chegar á casa quixo transmitirlle a Mante(cón) a confusión do seu ánimo logo da rara experiencia docente: "Había un can na aula". "Pilón, non me fales do ensino", foi a expeditiva reacción de Paco, que ese día tiña unha noite non enciclopédica.
X. M. Álvarez Cáccamo, Memoria de poeta, pp. 319-320.
Adicado ás e aos que comezaron estes días a dar aulas.

marcel swann dijo...

Sobre o tema das elecións anticipadas, Arume, os psocialistas quererán convocalas para soltar lastre (especialmente despois das súas últimas cagadas) e que non cadren moito despois das triunfais "xerais" zapateiriles. Todo queda na casa.

escándalo, é un escándalo dijo...

Escándalo nas oposicións

(Do blog "Brétemas")

Sabemos que hai noticias que corren no ruxe-ruxe dos cafés e dificilmente chegan aos medios (coa excepción dalgún blog). O escándalo das oposicións do profesorado de Secundaria deste pasado verán foi unha delas. Sabiamos que os interinos foron claramente beneficiados pola Administración educativa. Sabiamos que opositores con exames extraordinarios, quedaron á porta sen posibilidade ningunha, mentres interinos con probas penosas, aprobaban. Sabiámolo e todos calamos coma petos. Foron estas oposicións "restrinxidas" (aínda que non aparecesen como tales, por que a Lei da Función Pública impide esta figura) un sistema de acceso á función pública baseado nos principios constitucionais de "igualdade, mérito e capacidade"?
Afortunadamente hai algunha persoa afouta que hoxe no Faro levanta a voz da dignidade denunciando este escándalo e defendendo ao colectivo de opositores que até agora non tiña nin sindicato que piase por eles. Non teño dúbidas de que estas oposicións trucadas foron máis unha descarada regularización de interinos ca un sistema fiable de acceso igualitario e transparente á función docente. Temo que, ademais, van contribuír ben pouco a mellorar a calidade da nosa educación. Desta volta a Consellaría de Educación e os responsables dos sindicatos do ensino erraron primando intereses corporativos. Unha mágoa!

Ana Bande dijo...

Fermoso a acaidísimo artigo de Monxardín.

agresión a un docente dijo...

Protesta hoxe en Ourense pola agresión sufrida por un docente

. EFE
A Xunta de Persoal do profesorado da provincia ourensá denunciou onte nun comunicado a agresión sufrida por un docente da cidade, e convocou unha concentración de protesta hoxe, día 21, ás 19:00 horas. O colectivo esíxelle á delegación da Consellería de Educación unha "postura decidida" en defensa dos dereitos do profesorado, para o que reclama que os servizos xurídicos se poñan a disposición do profesor afectado e que acuda como acusación particular no proceso xudicial.

Fontes policiais explicaron que a agresión se produciu o martes día 18 nun centro escolar do barrio das Lagoas e recoñeceron que ata o momento só presentou denuncia o director do centro e non o profesor afectado.

Xoan da Coba dijo...

Falta por decir se a agresión a consumóu un alumno,un pai,outro profesor,ou un animal doméstico.Maxino que é o caso do pai.

apicultor dijo...

Alguén pode informar desta agresión a un profesor en Ourense?

arume dos piñeiros dijo...

XORNALISMO DE QUALITÉ
El ex presidente del Gobierno Felipe González manifestó el pasado jueves en Madrid, durante el acto cívico en homenaje del fallecido presidente de PRISA, Jesús de Polanco, su preocupación por las consecuencias de la llamada segunda guerra del fútbol (la ruptura por parte de la productora Mediapro del modelo de explotación de los derechos televisivos). "Me preocupan el fuego amigo, los daños colaterales y otras cosas absurdas que estamos viviendo. (...) Como en la guerra de Irak, hay dos versiones. Y la segunda de la de Irak no parece que esté resultando tan apropiada como la primera. Me preocupa", remachó el líder socialista en un mensaje dirigido a los ministros del Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero presentes en el Círculo de Bellas Artes de Madrid, encabezados por la vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega.
La Sexta nació de una Ley de 2005 diseñada por Barroso, entonces secretario de Estado de Comunicación
Las palabras de González tuvieron un impacto inmediato en el auditorio y han provocado revuelo y alarma en el seno del Gobierno y del PSOE. ¿La razón? Varios de los implicados en la citada guerra del fútbol, en particular quienes con su comportamiento han provocado el conflicto, son personas que se dicen próximas al entorno del presidente Zapatero.

Éste fue, precisamente, el sentido de la pregunta que el director de EL PAÍS, Javier Moreno, realizó a Zapatero en la entrevista que el periódico publicó el pasado día 3 de septiembre. "Algunos de los accionistas del grupo que está violando los acuerdos firmados

[para la explotación de los derechos del fútbol], se proclaman amigos suyos. Entiendo que eso supone un conflicto político", señaló Moreno cuando el presidente aseguró desconocer cualquier asunto relativo a derechos de emisiones de fútbol por televisión. "Yo, afortunadamente, puedo tener amigos en muchos campos, incluso en los medios de comunicación. Tengo amigos en todos los grupos. Por lo menos yo creo que tengo amigos", respondió el jefe del Gobierno.

Por amigos de Zapatero pasan varios de los más destacados accionistas, directivos y promotores de la cadena de televisión La Sexta, de la que es accionista la productora Mediapro, cuyo presidente, Jaume Roures, promueve el periódico Público, de próxima aparición. Felipe González también lanzó un mensaje sobre este asunto en el homenaje a Polanco cuando recordó cómo se deshizo de los "periódicos del Gobierno". "No quería tenerlos. Me parecía una contradicción en sus términos", señaló.

La cadena de televisión La Sexta nació de una ley ministerial de julio de 2005. Esa ley fue diseñada por Miguel Barroso, entonces secretario de Estado de Comunicación. Barroso abandonó su puesto dos meses después de publicarse dicha ley (denominada Ley de medidas urgentes para el impulso de la televisión digital terrestre, de liberalización de la televisión por cable y de fomento del pluralismo). El consejero delegado del nuevo canal de televisión, José Miguel Contreras, había sido socio de Barroso en varias iniciativas relacionadas con la comunicación y la imagen de candidatos socialistas y pasaba por ser un viejo amigo de Zapatero, con el que compartía su afición al baloncesto. Diversas fuentes aseguran que Contreras forma parte de los amigos del presidente con los que juega algún que otro partidillo en La Moncloa.

Tras su paso por el palacio presidencial, Barroso pasó a dirigir la Casa de América, un consorcio integrado por el Ministerio de Asuntos Exteriores, a través de la Secretaría de Estado para la Cooperación Internacional y para Iberoamérica, la Comunidad de Madrid y el Ayuntamiento de la capital.

Durante años, Barroso y Contreras compartieron tareas de asesoría de imagen para las campañas de líderes socialistas, entre ellos Felipe González, Joaquín Almunia o el propio Rodríguez Zapatero. Más recientemente, y según personas próximas a ellos, también ayudaron en las campañas por la alcaldía de Madrid de la secretaria de Estado Trinidad Jiménez y Miguel Sebastián, ex asesor económico de Zapatero y gran amigo del presidente.

Barroso y Contreras también colaboraron en negocios relacionados con el mundo de la comunicación que desembocaron en la creación del Gabinete de Estudios de la Comunicación Audiovisual (GECA) y en una alianza con la productora Globomedia, liderada por Emilio Aragón y promotora de series de éxito como Médico de Familia, Periodistas, Policías, Un paso adelante, 7 vidas, Aída o Los Serrano.

El director general de La Sexta es Antonio García Ferreras, que trabajó como profesor, con Contreras, en la cátedra de Carmen Caffarel en la Universidad Rey Juan Carlos. Ellos fueron importantes valedores de Caffarel cuando ésta fue nombrada directora general de Radiotelevisión Española, en 2004. Entonces se destacó que, desde la cercanía del nuevo poder socialista, la influencia de ambos era destacada en La Moncloa.

El núcleo duro del accionariado de La Sexta (con un 51%) está formado por GAM, un consorcio de productoras en el que Globomedia (a través de su matriz, el Grupo Árbol) y Mediapro tienen la mayoría de control. En GAM también participan las productoras Bainet, del cocinero Karlos Arguiñano (12%), y El Terrat, presidida por el showman Andreu Buenafuente (8,25%). Drive, de José Manuel Lorenzo, abandonó este grupo poco después del arranque de La Sexta. Más tarde entró en el accionariado la caja de ahorros vasca BBK, que posee el 9,8%. La televisión mexicana Televisa es propietaria del 40% del capital de La Sexta y Gala Capital del restante 9%.

Árbol y Mediapro sellaron su fusión en 2006 y crearon el holding Imagina, al que se adhirió en abril de 2007 el grupo inversor Torreal, de Juan Abelló, que compró el 20% del capital.

La cabeza visible de Mediapro es Jaume Roures, socio de Contreras en La Sexta y a quien atribuyen una magnífica relación con Barroso. En las últimas semanas, Mediapro y La Sexta han combinado sus actividades e intereses, en connivencia con la Liga de Fútbol Profesional y TV3, para perjudicar a Sogecable (grupo propietario de Canal + y Digital + y cuyo principal accionista es PRISA, editora de EL PAÍS) en el conflicto del fútbol televisado. En las dos últimas semanas, Sogecable ha caído en Bolsa un 5,57%.

De la buena relación entre Rodríguez Zapatero y los socios de La Sexta da idea la autorización del presidente del Gobierno para que un equipo de producción de Mediapro, la empresa de Roures, le acompañara durante meses en casi todos los viajes que hizo (incluido un partido del Barça que vio con Guardiola, contratado por Roures para el reportaje). Mediapro tiene contratos con TVE, entre otras cadenas, y produce, por ejemplo, los programas España Directo o 59 segundos (hasta el comienzo de la actual temporada). También se hizo en 2004 con el contrato para emitir la señal del Canal Parlamentario, que difunde las imágenes de todas las actividades del Congreso de los Diputados.

Roures es también el principal promotor del periódico Público. El proyecto de dicho diario le fue presentado a Zapatero hace ya bastantes meses, como ha admitido el propio presidente en círculos íntimos. Zapatero, aseguran fuentes próximas a él, ve "con simpatía" la llegada de un periódico que esté "más a la izquierda que EL PAÍS". "Si Zapatero quiere, el periódico saldrá; y, si no quiere, no saldrá", aseguraban a comienzos de año algunas fuentes próximas a Moncloa. El jefe del Gobierno niega tener semejante influencia.

Tanto Barroso como Contreras o García Ferreras eluden todo comentario sobre estas cuestiones. Miguel Barroso declara a EL PAÍS que no tiene nada ver con asuntos relacionados con los medios de comunicación "desde hace tiempo", y renuncia a hablar sobre temas que pertenecen, dice, a su vida privada, como sus supuestas relaciones con quienes diseñan la estrategia de comunicación de Moncloa o la propia estrategia de desarrollo de La Sexta. La Casa de América es su única preocupación ahora, declara.

Antonio García Ferreras afirma que es amigo de Zapatero "igual que de Chaves, de Egibar y de muchos otros políticos". La suposición ("una leyenda urbana", según él) de que acude con frecuencia a La Moncloa a jugar al baloncesto con el presidente del Gobierno la desecha con el argumento de que él está lesionado desde hace tiempo, así que eso "es una mentira y una falsedad".

García Ferreras atribuye el interés por relacionar su amistad supuesta con Zapatero al actual conflicto del fútbol al "nerviosismo de PRISA". García Ferreras fue director de la cadena SER hasta 2004. Allí, dice, se fraguó su amistad con el presidente "y con muchos otros líderes políticos españoles".

Para algunos, Ferreras fue un gozne decisivo en la relación del entonces presidente del Real Madrid, Florentino Pérez, con Zapatero, a quienes puso en contacto en momentos decisivos de la llegada del presidente a La Moncloa. Ferreras sería luego elegido por Pérez como director general de Comunicación del club blanco.

Anónimo dijo...

¿¿¿ pero que tontos sodes.......???

en realidad pensades que aprobarian todos los libres ou interinos que quitasen mais dun 5 de nota?????-logo haberia mais profes que alumnos...dgo moitisimos mais ----a centos de miles .....