20 oct. 2007


Fugacidade.
Pan por Pan, sábado 20 outubro
Onte entrou na miña casa o cuarto ordenador que compro (algúns din que en galego sería máis axeitado computador). O primeiro merqueino a finais dos 80: aínda escribín a máquina o meu primeiro libro (1987) e os artigos de entón, nunha vella e pequeniña Remington. Aquel era un pesado ordenador de mesa e logo veu outro para a filla; e logo un portátil para min e agora o portátil que precisa ela.
Case non lembro a fasquía física daquel primeiro aparato, quizais porque usei outros diferentes no traballo e noutros lugares. Hoxe sería incapaz de escribir noutro formato que neste informático: non son un romántico radical das vellas máquinas de escribir.
Aínda que quizais quede unha certa saudade daquelas máquinas imperfectas, incapaces de arquivar os nosos documentos. As novas tecnoloxías son moito máis útiles. Pero tan fugaces que tampouco dá tempo a collerlles cariño.

42 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Tamén pode ser computadora ou ordenadora, depende do xénero do/a que o/a emprega. Esto aprendino cando chamei a casa dunha amiga e dixo aquelo de "Esta é a contestadora automática..."

Xoan da Coba dijo...

Nos tempos pioneiros,os equipos informáticos usábanos os científicos pra facer cálculos complexos.De ahí o nome "computadora".Logo entraron nas empresas e nos fogares fundamentalmente pró tratamento de archivos,de ahí o de "ordenadores".Este último uso é o que lle da hoxe a maioría dos usuarios.Dende logo,a capacidade de cálculo dos ordenadores aumentóu moitísisimo,pero son cálculos internos da máquina,non pró usuario,como cando eran "computadoras".

Xoan da Coba dijo...

O que sí me chama a atención é que os ordenadores sexan "portátiles" e os teléfonos "móviles".

Xoan da Coba dijo...

O inventor das máquinas de escribir dispuxo as letras do xeito que están ("QWERTY") pra imprimir rápidamente un texto concreto,có que impresionaba ós potenciáis clientes,con movementos sinxelos dos dedos.Marketing puro pra él.Pra nós un suplicio antiergonómico.

Xoan da Coba dijo...

Se queredes,podedes leer esta reflexión sobor do "QWERTY"

EIQUÍ

Xoan da Coba dijo...

Ai,qué risa.Fixádevos nestas equivalencias "QWERTY" pra un piano,un reló,un taboleiro de xedrez.Queñes toquen o piano,fíxense bén na colocación das notas alteradas...

JA JA JA

roamn ulmeiro dijo...

Primeiro convencéronos de que necesitabamos un ordenador porque viñan cun procesador de textos ("xa verá que cómodo é redactar o testamento: pode facer varias versións") ou unha base de datos ("para ordenar os vídeos, os/as mozos/as e os libros que aínda non leu"), e unha folla de cálculo ("para contar os cuartos que lle leva Facenda"). Antes diso xa nos bombardearan cos xogos, e ben axiña chegou o correo electrónico ("cánto papel se va aforrar...": xa!), e xa nos engancharon co mercado mundial da WWW ("las bibliotecas de medio mundo en su casa al apretar un botón"). Cando xa estabamos empachados e podia producirse unha baixada nas ventas dos cacharros, chegou a piratería musical (mp3, emule, etc), a fotografía dixital (aínda me acordo cando dicían, a principios dos 90, que algún día veriamos as fotos na televisión...), o PC-equipo de música (de súpeto deixou de ter sentido mercar aquelas cadeas de sonido con cincuenta mil vatios, búferes, subbúferes e ecualizadores).
E aquí seguimos, enganchados á nova relixión. Eu, con correo electrónico desde 1994 (aínda que xa oira falar de telnet, pine, ftp, veronica...), empecei a navegar naquel "Mosaic" precedente de Netscapte ("Netesqueip" dicía a xente). A primeira muxidoira que manexei foi en 1991, nun país con máis adelantos ca o noso: un Mac Classic e logo un Mac LC, e xa entón me din conta de que non sempre o que é mellor (o Mackintosh) é o que logo se impón ou é máis popular (PC).
En Galicia creo que as primeiras páxinas web (WWW, dicíase entón) foron as da USC. Corríxanme se me trabuco.

X M Carreira dijo...

O de computador ven da tradición anglosaxona da computer science que ve fundamentalmente unha máquina para facer contas; o de ordenador ven da tradición francesa da genie informatique que ve unha máquina para ordenar a información.

A web da Facultade de Física da USC foi a primeira, creada en 1995. Outra das históricas é galego.org , creada en 1996.

A evolución da computación pódese ver nesta mostra do CESGA

arume dos piñeiros dijo...

En Italia empregan o anglicismo de computer, pronunciado á inglesa: compiuter.

roalmn ulmeiro dijo...

En Italia, italianizano todo: "John Ford" é "Johno Fordo"... Bonito país, Italia. Mágoa de italianos...

X M Carreira dijo...

...e tamén Miquelino il topolino (Micky Mouse) e l'uomo pipistrello (Batman).

Xoan da Coba dijo...

Eu,á primeira vez que uséi unha computadora (e digo usala,non aprender a facelo) foi prá automatizar o método de Runge-Kutta.Ah,qué tempos aqueles.Un era tan novo,e tiña tanto pelo...

Xoan da Coba dijo...

E ten razón neso de que agora xa non se lle ten "cariño" ás cousas concretas.Todo é de "usar e tirar".No pasado,os obxetos formaban parte da familia:o reló que fora do abó,a cubertería da nae,o espello de tocador da abóa...recibían vicariamente o cariño que merecían os seus antigos donos.

Xoan da Coba dijo...

Se o fabricante das "Remington" lera no pasado algo parecido ó seu post,poría nas súas máquinas a lenda "tempus fugit",coma se foran vellos relós de parede.Imaxíneo impreso na da foto.

Xoan da Coba dijo...

Cando penso que te fuches,
negra deuda que me afoga,
hai que preparar caudales
pra comprar as cousas novas

Etxeokeai dijo...

Me cago na nai que pariu aos ordenadores, computadoras ou como carallo se chamen estas máquinas diabólicas.
Teño varias instaladas na casa, unha por filla e outra para min e arestora estou tratando de reconfigurarlle por vez número cen mil o dunha delas que se non lle vai a interrede á primeira xa lle fedella nos sangumiños.
Nada, nada. Lapis e pluma. (Se tal, concedemos fe ao invento do hungaro Laslo Biro -fuxido a Arxentina no cincuenta e tantos- e usamos bic. Laranxa ou cristal.
Cantos miles de horas non levamos perdidos cos ordenadores? Porque enviamos mails en vez de tomar viños? Vale para Fios invisibles e outros transterrados, pero nós, nesta patria pequena, en fin de semana de bo tempo... patada ao ordenador, palique e conversa directa.
Ah. Que ben quedei.
Agora seguirei traballando... na computa.
By the way, fixástesvos como non é apócope chamarlle "ordenata" que ten as mesmas sílabras que "ordenador". Así pois será un amodo de hipocorístico.Trato de familia ou colegueo. Pois a min que me trate de excelencia ou desenchúfoo, que lle teño ganas.

Etxeokeai dijo...

E que me din do Homero Simpon de hispanoamérica?
E do Guillermo Shakespeare?...
Nós aquí, Gillermo II de Inglaterra e William Shakespeare? E logo?
En Barcelona hai a rúa Joan Carles I... Pois logo en Medrí se cadra o carallo do Rovira -que me gustou moito o outro día- tamén podería ser José Luís... se non fora dito con mala hostia e con ganas de amolar e meter o dedo no ollo.
Isto dos nomes propios é a caraba.
A cidade de San Pablo...prós arxentinos, a nosa San Paulo brasileira...

Xoan da Coba dijo...

Xa estóu vendo un novo chiste do Forges:
Varias persoas en fila relaméndose de gusto anticipado,cún ordenata baixo o brazo,a carón dun barranco.No borde do barranco un fulano cobrando boa "pasta" cún rótulo que dí "Escache o seu ordenata en mil cachos dende eiquí,200 euros"

Xoan da Coba dijo...

En canto ó Rovira,as malas formas sobraron por tódalas partes.
E xa sabemos que as formas son o único que nos diferenza das bestas.

Xoan da Coba dijo...

Eso era doutro post,sorry...

lourixe dijo...

Eu non me queixo para nada da evolución... por aí anda todavía a máquina de escribir "portátil" do meu pai, que pesa os seus kiliños... E o primeiro computador, un "Amstrad" ao que lle había que cargar mediante diskette o sistema operativo cada vez que o acendías e despois o programa que foses usar. O salto aos Macs e PCs da universidade a principios dos 90 foi brutal, traballando en MS-Dos até a xeneralización de Windows. Xa vou polo segundo portátil e confeso a miña dependencia. O día que chegue o ADSL de verdá á miña Chaira vaime dar un soponcio.

Xoan da Coba dijo...

Penso que se refire vostede,Lourixe, ó Amstrad PCW512,que tiña as entradas de diskette a un lado da pantalla.¿Ou ó Amstrad 128,que viña có Dr.Logo&Help,e o procesador de textos Wordstar? En calquera dos dous casos,temos algo en común no noso pasado,Lourixe.Se tamén usóu o Spectrum,o Commdore64,ou o PC Elbe naqueles primeiros tempos,entón xa eramos almas xemelgas nos primeiros "eighties"

roamn ulmeiro dijo...

Os ordenadores ían ser a salvación dos escribáns coma nós, facilitándonos o choio e dándonos máis tempo para por no papel ("ecrán" ou "pantalla" en galego RAG) as nosas ideas.
Ao final, resultou que de máis tempo para reflexionar, rien de rien. O que temos é que escribir tres veces máis no mesmo tempo.
Por certo: para cando un "post" sobre instrumentos de escritura (sermo bolígrafos)? É un dos poucos vicios que teño. Confeso que teño centos...

Xoan da Coba dijo...

¿E cada ún tén un libro metido dentro esperando ser escrito,R.Ulmeiro?

Lembre aquela viñeta na que o irmán de Mafalda pintarraxea toda a parede e dí: "¡Cantas cousas hai dentro dun lápis!"

roamn ulmeiro dijo...

O problema é, efectivamente, parir o que hai dentro do lápis. Polo demáis, dá igual se é un Bic ou unha Waterman. Das Problem ist cómo parir.

Haberá que botarlle unhas pingas de Ceregumil á cuecacuela do xantar our ao colacado do almorzo.

Xoan da Coba dijo...

O que se chama "A maiéutica do lápis"...XDD

Xoan da Coba dijo...

Non sabía eu que o bolígrafo tivera tantos nomes en español:

Ver en "Nombres"

Fai anos non valían os cheques firmados a bolígrafo.Tiña que ser pluma.

roamn ulmeiro dijo...

Como xa dixen aquí arriba, son un "ouseso" polos bolis. Téñoos de todas as fasquías.
Aínda estou buscando o boli (roller ou gel) perfecto. Se alguén o atopou, razón aquí.
Se gratificará.
Gracinhas

Xoan da Coba dijo...

Pra mín era o "BIC naranja",pero desaparecéu.Só queda o "BIC cristal".

roamn ulmeiro dijo...

Parece, da coba, que este tema non ten tanto tirón que o da teoloxía, tema que a min me provoca, xa non unha soneca, senón unha semana enteira durmindo co papo arriba.
En fin. Dotores ten a igrexa...

Xoan da Coba dijo...

Non durma papo arriba.Rematará por roncar.Desenrolará unha apnea do sono e,a longo prazo,unha cardiopatía.

Pero estóu dacordo con vostede que é moi importante dar có bolígrafo axeitado.Eu xa só uso rotuladores de punta fina,que escriben sós.Úsoos de diferentes cores,según o tema.E papel en blanco.Son incapaz de escreber en cuadriculado ou rayado.Debe de ser psicolóxico.

apicultor dijo...

Non se sintan marxinados nin vostedes, amigos, nin os esfereográficos.

A min tamén me gustan moito todo tipo de bolígrafos, plumas, rotuladores, lápices, lapiceiros e gomas de borrar. E comprendo a pulsión coleccionista en quen a teña.

Porén, apenas escribo a man, só o estritamente necesario. O teclado é xa a estensión das miñas mans.

Eu escribo sempre, ou case sempre, con rotuladores de escritura fina, en especial co Uni-Ball Eye Fine de Mitsubishi Pencil Co. Ltd., e a ser posible en cores violeta ou negro.

Xa ven que sempre pode haber afinades inesperadas.

Xoan da Coba dijo...

Cando era novo,inventéi unha taquigrafía persoal.A clave non estaba nos trazos,senon no propio papel,pautado dun xeito especial:Un teselado parecido a un panel de abellas.Parte da información "potencial",impresa xa no papel.Un hexágono,unha sílaba.Cada ángulo levaba asociado unha vocal e a forma do ataque determinaba a consonante anteposta ou posposta según un criterio sinxelo.Ademáis non era incompatible coas forma habituáis de simplifcación taquigráfica,que os adolescentes redescubren non telemóbels.O meu "trampitán particular"...

roamn ulmeiro dijo...

O bic laranxa aínda se vende, da coba. O que pasa é que o trazo non é dun "azul" tan intenso coma o "normal".

O Uniball Micro non está nada mal, pero prefiro o Uni-ball Vision Elite, pois non estoupa nos avións.

Tamén están os famosos Pilot V5 (tanto o de punta de agulla coma o rollerball). Creo que o de punta de agulla foi o pioneiro de toda esta gama de "retuladores" de tinta líquida. Corríxanme se me equicoco, pero creo que o Pilot V5 existe desde mediados dos anos oitenta.

Últimamente estoume decantando polos retuladores de tinta de gel e que ademáis teñan a punta retráctil. Uniball fabrica un moi bo, con punta retráctil, o uni-ball Signo 207. O único problema que lle vexo é que non escribe verticalmente.

Hai un que case escribe só, pero a pexa que lle poño é que só o atopo con punta de 0.7mm. É o Pilot G-2

Se van ir a Madride ou Barcinona, hai unhas tendas xaponesas chamadas Muji onde venden cousas "sen marca". Pois ben, alí atoparán uns bolis de tinta gel moi bos e baratos. Tamén lles recomendo as libretas. Vel-eiquí teñen o Catálogo de Muji.

Aínda que o boli perfecto non existe, eu creo que algo que se lle aproxima, aínda que tiven que facer un amaño: empregar a carcasa do "Uniball Signo 207" e a carga (mestura de tinta líquida e gel) do Pentel Retractable Needle Tip (0.5 mm)

En fin! OUtro día falamos das libretas. Eu son un dos parviolo, entre miles, que se enganchou á moda das libretas e axendas Moleskine... Alguén oiu falar delas? Se van a interness, verán que é xa unha cousa de "culto".

apicultor dijo...

Teño usado case todos os que cita Ulmeiro. Pero para min teñen un problema: que no peto interior da chaqueta sobresaen demasiado para o meu gusto. Mentres que o Uni-Ball que eu citaba non sobresae nadiña. Para min isto é importante. Manías que ten un.

arume dos piñeiros dijo...

Cun lote de lapiceiros deses amarelos, como eses que saen nas películas americanas, é máis que suficiente. Nun chino, por suposto.

apicultor dijo...

É vostede dunha sobriedade que é de admirar, Arume. Mais...

Onde deixa o pracer de encetar un rotulador e comprobar como se desliza suavemente a súa tinta sobre un folio branco DIN-A4 de 100 gramos?

U-la satifacción de afiar un lápiz trigráfico con grafito de calidade e sonrrosada madeira até quitar unha fina e moi apuntada punta?

Que do momento de recargar o émbolo da pruma lacada e plumín de ouro tallado nun tinteiro de groso cristal?

... E non sigo. Hai tantos momentos sublimes!

arume dos piñeiros dijo...

"Encetar un rotulador", "Deslizar suavemente", "afiar un lápiz triqué?", "recargar o émbolo". Parece unha páxina da sonrisa vertical.

apicultor dijo...

Sactamente...

Xoan da Coba dijo...

"Émbolo" tamén se pode chamar "Pistón".E non é por darlle ideas...

Xoan da Coba dijo...

Eu teño na casa dúas vellas máquinas de escribir.Tiña pensado desfacerme delas,pero sepóis de ver este vídeo,xa non estóu tan seguro.

Artistiña

Anónimo dijo...

Hello. And all nice words. great site great yes it is.
[url=http://free-porn-free-sex-free-xxx-videos.org]xxx[/url]
xxx
http://free-porn-free-sex-free-xxx-videos.org