Mester de amor.
Pan por pan martes 9 outubro. Imaxe W. Bouguereau.
Cando as letras de Catalunya están de noraboa, como protagonistas da Feira de Frankfurt, déixenme facerlles un pequeno agasallo. Un fermosísimo poema de amor do gran poeta catalán Joan Salvat-Papasseit. Velaí unha posible versión galega:
“Se sabes o pracer non escatimes o bico
pois o gozo de amar non comporta mesura.
Déixate bicar, e bica ti logo
que sempre é nos beizos onde o amor perdura.
Non biques cal escravo ou cal crente,
senón cal camiñante ó brindado venero,
e déixate bicar –sacrificio fervente-
que canto máis ardido será máis fiel o bico.
Que farías, se morreses antes
sen outro froito que o aire na túa cara?
Déixate bicar, e no peito, e nas mans
amante, amada – a copa ben alta.
Bebe ó bicar, que o vaso cure o medo:
bica no pescozo, a máis bela comarca.
Déixate bicar,
e se che quedase nostalxia
bica outra vez, que a vida se acaba”.
Pan por pan martes 9 outubro. Imaxe W. Bouguereau.
Cando as letras de Catalunya están de noraboa, como protagonistas da Feira de Frankfurt, déixenme facerlles un pequeno agasallo. Un fermosísimo poema de amor do gran poeta catalán Joan Salvat-Papasseit. Velaí unha posible versión galega:
“Se sabes o pracer non escatimes o bico
pois o gozo de amar non comporta mesura.
Déixate bicar, e bica ti logo
que sempre é nos beizos onde o amor perdura.
Non biques cal escravo ou cal crente,
senón cal camiñante ó brindado venero,
e déixate bicar –sacrificio fervente-
que canto máis ardido será máis fiel o bico.
Que farías, se morreses antes
sen outro froito que o aire na túa cara?
Déixate bicar, e no peito, e nas mans
amante, amada – a copa ben alta.
Bebe ó bicar, que o vaso cure o medo:
bica no pescozo, a máis bela comarca.
Déixate bicar,
e se che quedase nostalxia
bica outra vez, que a vida se acaba”.
43 comentarios:
Había un que dicía:
-Bícame dúas veces,que son esquizofrénico.
E outro:
-Bícame outra vez,Sam.Bícame,que o tempo pasará...
Esta inventéina eu:
Bícame,bícame moito
coma se fora esta noite
a última vez
Bícame,bícame moito
Que teño medo de perderte outra vez.
I esta,tamén a inventéi eu:
Póde vostede bicarme na mán
ou pode darme un bico de irmán
Pero un bico de amor
non llo dou a calquera
Pero,pregunto...
¿Qué hai nun bico?
-Por un bico ¡eu que sei que daría,por un bico!
-¿Onde iran os bicos que non damos?
-Banco Xudas.Fundado có Capital de UN BICO no ano 33.
(Auguro longa vida a este post)
Coas súas contribucións, sempre orixinais e inxeniosas, o post terá longa vida. Creo que existe, nesa liña da historia da vida cotiá, un estudo titulado HISTORIA DEL BESO ou algo así, pero eu non o lin nin o teño: quizais algún dos nosos historiadores teña datos ó respecto.
Os bicos non dados, son aire e van ó aire.
Son bágoas e van ó mar.
Dígame Xoan DC,cando o amor se acaba...
¿Sabe vostede onde vai?
(Qué susto me déu,Doniña,entendín "Xoan,Distrito de Columbia")
O amor vai todo a unha Coba que hai baixo terra,moi fondo,onde están almacenados todos os amores caducados dende o proncipio dos tempos,ben clasificados nunhas enormes estanterías.
(Hai outra Coba onde van tantos bolígrafos que se perden e nunca aparecen.E outra prás púas das guitarras)
A min máis que falar de amor...
Estou a sentir saudades da corte de Fin Amor da bela arroutada Dona Rakel... Polos bicos entregámonos e posuimos, son o achegamento definitivo, a "mecha" que prende calquer relación -de amizade... ou algo mais! XD
Quere decir,Lourixe,que un bico é un "punto de non retorno".Boeno,un bico,ó mellor aínda se controla.Con dous,xa non hai volta atrás,estamos perdidos...
(Na Dinámica de fluidos hay un parámetro chamado "número de Reynolds".Cando se alcanza ese número,pásase bruscamente a unha situación incontrolable...Número de Reynolds dos bicos=2)
A mín impresionóume moito o bico final dunha película que vin de neno.Titulábase "Reflexo no mar" (O fotograma estaba en francés "Réflet dans la mer")
Nunca atopéi referencias en google.Pero veño agora de buscar e xa aparece unha,pero sin información.
(Teño que conquerir esa película,pra superar unha fixación infantil.Sempre quixen vivir eu ese bico...)
Señor Xoan da Coba, non o facía eu a vostede un experto en "memeces" (Mecánica de Medios Contínuos en xerga enxeñeril)!
Un bico (ou dous, ou tres...) implica un intercambio físico pero tamén emocional que pode chegar a ser moi intenso. Lembrade a "prostituta" Julia Roberts en "Pretty Woman" que prefire non bicar, resérvase esa parte de intimidade.
Un bico cos beizos, coa língua, cos dentes... é toda unha declaración de intencións!
(Longa vida ao post!)
A que lle recomendaba non bicar era a amiga,se lembra ben.Díxolle "¿Bicáchelo?¿Pero non aprendíche nada?". O que eu digo,pouca profesionalidade...
(Lourixe,cando queira falamos do principio de Bernoulli,que me gosta moito...)
Eu lembro un velliño que me dixo:
-Eu,á xuventude de hoxe non a entendo.Danse un bico na boca pra despedirse no portal e logo van cada un prá súa casa.A mín eso non me entra na cabeza.
E xa que tanto falamos de amor e de bicos,vaian dende eiquí felicidades pra David Paz Nóvoa,que visita este blog,polo feliz acontecemento do próximo sábado.
o día que me queiras
Miren si hai xente pirada que só por olla-lo BICO de Rodin, fun a Londres o ano pasado.
Alí no catalogo nos explicaban que era un bico adúltero o que lle daba aínda máis morbo e xúrolles que non vín cousa igual, e por moito que o tento non podo igualalo.
Confeso a miña sorpresa e o meu agradecemento ás palabras de felicitación de xoan da coba. O noso Ourense é coma unha familia. Ás veces penso que iso é o mellor que temos e que moitas veces o malgastamos en liortas absurdas. O sábado caso aquí en Vilagarcía coa miña compañeira, de Bamio, pero do Bamio de aquí, onde se xuntan o Atlántico e o Ulla, terras mariñeiras de ameixas e berberechos, de illas e de dornas. Cos pés na auga un saúdo para todos e todas.
Que a terra lle sexa leve (perdón, quero dicir o matrimonio; perdón, xa non sei o que quero dicir).
Agora en serio: reciba os meus parabéns e un cordial saúdo.
Os meus máis sinceros parabéns para David Paz Nóvoa e a súa compañeira, que empezan unha nova etapa da súa vida. Pode agasallala co poema de Salvat-Papasseit da miña parte.
Xa que lembréi antes a famosa e fermosa canción "Bícame moito" (Bésame mucho) vouvos contar dúas curiosidades que me veñen á memoria:
1)É case a única "canción de sempre" ("evergreen")en español que coñece a xente de orixen anglosaxón,e que ademáis lles guste.
2) A canción foi composta por unha muller,Consuelo Velázquez,cando aínda nunca a bicaran na súa vida.Contado por ela mesma.Tiña dezasete anos.
Sr da Coba é vostede mellor que o Espasa.Todo atrapallado ,eso si, pero unha enciclopedia andante.
Élle todo de estudiar o "Trivial Pursuit"
E,sí,góstame moito atrapallar o entorno.É o único xeito de ordenar o meu cerebro.Termodinámica pura.
Chamáchesme trapalleiro
dediante de tanta xente
agora vaime quedare
trapalleiro para sempre.
Non me chames trapalleiro
"Bésame mucho", cuxa autoría descoñecía, ten varias versións jazzísticas. Unha delas, moi boa, de Diana Krall.
Pero hai algunhas outras cancións do repertorio hispánico -non propiamente "españolas"- que tamén penetraron no mundo anglosaxón: o jazz tamén se ocupou de "La paloma". E Franco Batiatto algo fixo co "Cucurrucucú", da que ten unha versión impagable Caetano Veloso.
Sen esquecermos da impagable Granada interpretada polos Coros do Exército Ruso/Roxo.
Vaia,que sorpresa veño de levar co esta versión.Alucinen:
Paloma histórica
Eu xa confeséi cal fora o bico cinematográfico que me impresionara.Xaime,o seu,escultórico.¿E os séus,literarios,pictóricos? ¿Ou é que só os gozan en carne propia?
O meu beijo mais especial foi o que fez de mim uma reintegrata arroutada, o beijo que transformou a minha vida e fez que descubrisse e gozasse do lado escuro... Num tugúrio tenebroso e virtual (de glorioso fundador) fui seduzida por um Convidado Reintegrata que transformou a minha existência...
(Saudações).
�Qu� azar (pra m�m)!
�Qu�n me dera ser eu o Convidado Reintegrata! Par�cese moito comigo,acredito.
(Xa saben que azar en portugu�s � mala sorte,pero non sei se saben de �nde ven...)
AZAR
Un cura e unha actriz porno falan de amor e sexo nun libro
[LÁSTIMA QUE NON SEXAN GALEGOS. O CURA PODERÍA SELO, PERO A ACTRIZ...]
Unha estrela do cine pornográfico dos anos 70, Brigitte Lahaie, e un cura, Patrice Gourrier, contrastan opinións sobre o sexo e o amor nun libro escrito a dúo por ambos e que hoxe saíu ó mercado, Parlez-nos d"amour (Fálenos de amor). É un libre repaso, con visións abertamente opostas, ás veces aínda que non sempre, sobre o amor, a sexualidade e a fidelidade.
A revista "Hot English" trae sempre un artigo de "leis tolas" en vigor,sobor de todo americanas.Este mes ven,entre outras:
-En Iowa,é ilegal que un bico dure máis de cinco minutos.
Abandoen por un momento os beixos cinematográficos, pictóricos, non dados...e demais sutilezas e ousen opinar dos reais: filiais , de amizade, maternais ,do primeiro beixo de namorados ( deses de" un beixo de amor non llo dou a calquera").Hainos inesquecibles. O de Iowa máis ca ilegal parece perigoso, podes afogar, e moi antixiénico xa que ,segundo a sociedade española de odontoloxía, a xinxivite transmítese cos beixos prolongados.Tomen nota.
A hixiene está ben, pero dentro dun orde: non vaia arruinar o orgasmo (que fino estou) do século.
O peor bico de todos é o que o rapaz pequeniño se ve obrigado a darlle a amiga-hipopótamo da súa nae,cando a atopan na rúa.
(O de amiga-hipopótamo ven dunha viñeta de Mafalda na que o seu irmán,Guille,vese nesa situación).
¿Cómo foi o seu primeiro bico? ¿E o segundo?
¿Cómo se chamaba o primeiro home que pisóu a lúa? ¿E o segundo?
Do segundo non se lembra ninguén...
Arredemo, Xoan da Coba, metíchesme nun apuro. Son capaz de lembrar o meu último bico (mádia leva!) mais non o primeiro.
¿Será que é vostede a Bela Durminte, e o primeiro bico do Príncipe non pode lembralo porque durmía?
¿Sera vostede un peixe louro que só lembra o último segundo i está dándolle bicos á auga todo o tempo?
¿Será que a bicaron desordenadamente,e lle deron de primeiro o terceiro,como en certas obras por fascículos?
¿Será que a bicóu un tal Segundo,ou nun segundo,ou nun segundo piso? ¿Será que bicos de menos de cinco minutos non lle pasan á "memoria a largo plazo"?
¿Será que só lembra bicos impares,bicos guerreiros?
¿Será que me queres facer dano,que me queres torturar,decíndo que non lembras aquel bico,aquel día tal de tal ano de tal hora,en tal sito?¿Cómo podes facerme eso?
PARA XOÁN DA COBA..... (con admiración)
Con comentarios coma este último, amigo Xoán da Coba continúa vostede e mellora cualitativamente a tradición do gran Xoán da Coba do XIX. Descoñezo se vostede ten obra literaria publicada, pero, no que de min depende, ten vostede gañado un posto nas letras máis orixinais do noso tempo: sería bo que alguén, con paciencia e tino, fose recollendo as mellores das súas intervencións: daría para un libro xenial de aforismos.
Dito todo isto sen menosprezo de ningún dos contertulios, todos con moita valía e cada un coas súas características. Pero recoñezan que XDC é un caso ben singular...
Vaia,Marcos déixame vostede anonadado...
O comentario non ten senso sen o previo de Lourixe e o resto do post.
¡Algo se me tén que pegar coa xente que anda por eiquí!
Non, non. Non sexa modesto, amigo da Coba. Ten moita razón o noso anfitrión: ten vostede unha xenialidade fóra do común por estes pagos. Vaia a miña admiración. E pensar que entrou coma un troll nesta blogueiría.
Eu tamén lle recoñezo ese punto especial e xenialoide que o diferencia de todos os demais, amigo Xan da Coba.
Vaia ,vaia, menos leria e váianse preparando.
Mañán quero velos a todos bicando a bandeira.
Veño de ver unha bandeira española colgando nunha fiestra perto de onde vivo.Dáse a casualidade de que coñezo ós seus moradores: son inmigrantes sudamericanos.Debe de ser que conseguiron os papéis i están contentos de ser españóis,digo eu,que non séi...
Lémbrame un conto.Chega o marido,inmigrante nos EE.UU. á casa todo contento,cós papéis na máu: "¡Somos americanos,somos americanos!".E a muller,quitando o mandil,dílle:"Qué bén.Agora xa podes fregar tí os platos"
Publicar un comentario