23 oct 2007

O medo
Pan por Pan martes 23 outubro

Cando se pensa nos sentimentos e emocións que nos conducen na vida, acoden á cabeza cousas como o amor, a empatía cos outros, a solidariedade, tamén a lexítima arela do éxito, económico ou doutro tipo. E razóns non dignas de aplauso: dende a vinganza ata ese instinto primitivo de competencia que compartimos con outras especies do planeta. E quizais desestimamos o poder do medo: O medo á morte. Medo a vivir sen dignidade. Medo a quedar cego ou eivado. Medo a non poderse valer por si mesmo. Medo a quedar sen memoria e esquecerse no mar da incertidume. Medo polo ben e a saúde dos fillos e por todos os seres queridos. Medo á guerra, á fame, á miseria extrema. Medo ó absurdo, ó sen sentido. Medo á loucura. Medo ó descoñecido. Hai tantos medos axexándonos que é un milagre que sexamos quen de loitar contra eles cada día e seguir. Mellor aínda, cun sorriso na boca.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

O 99% das cousas que tememos endexamáis ocurren.Os enormes beneficios das axencias de seguros baséanse nesa ¿terrible? verdade.

Anónimo dijo...

O calvo con gafas do dibuxo debe ser directivo da Lloyd´s.

Anónimo dijo...

Uf, que sombrío está hoxe, amigo Valcárcel.

A ver, para animar, Don Xoán, bótelle un chiste que nos faga sorrir, que boa falta fai.

Anónimo dijo...

Este é dos do meu abó:

Iban dous cazadores polo monte e un metéu a cabeza entre dúas rochas pra ver se había coellos,pero logo non a daba sacado.O outro díxolle:

-"Tí queda eiquí,que eu vou buscar un sacho á casa.Non teñas medo,que por eiquí non hai lobos.Boeno,algún hai,pero poucos.Tí non teñas medo,que eu veño pronto.Se che tocan no cú,o máis normal é que non sexa o lobo.Se é tén os fuciños fríos,pode ser..."
O outro xa quedóu "cocido",coa cabeza engarrada entre as rochas e o cú pra fóra.O compañeiro alonxóuse uns metros,facendo ruído pra que o outro pensara que marchara,e logo volvéu despaciño. Púxolle a punta da esopeta de dous caños, có seu frío metálico,no cú.O que estaba atrapado tiróu con forza da cabeza,arañándose todo e sangrando,pero sacóuna...
"O que fái o medo",decían despóis,rindo...

Anónimo dijo...

Moi bo, moi bo. Extraordinario conto.

Anónimo dijo...

John Da Koba, é vostede o mellor escritor vivo de Cousas (non sei que poñer) en galego. Anímese, ho: probe a editalo todo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Si, recoñezo que a columniña de hoxe saiu un pouco sombría. Pero os papeis (xornais) e a pantalla (blog) soportan case todo e ás veces hai gañas de dicir cousas como esta.

Marcos Valcárcel López dijo...

Leo nunha web con abundantes debuxos reproducidos de El Roto,ese xenio:
"El Roto, o sucesor de Goya", no que significa de análise e crítica radical da realidade.
Pola miña banda, completamente de acordo.

Anónimo dijo...

Esiximos á patronal deste blogue (o capitoste Marcos Valcárcel) unha columna semanal para Xohán da Coba, contrato fixo, plan de prisións e móbil da empresa marca Blueberry.

De non responder ás nosas peticións verermonos na obriga de engrosar os fíos doutros blogues da compentencia.

A luita continua.
Xohán de Kobak, non kalerá

lourixe dijo...

O control do medo está na orixe das prncipais formas de poder que escravizan ás persoas: do medo á morte xurde o fanatismo relixioso, do medo ao outro, a xenofobia, etc. Quen sabe manipular os medos alleos ten un poder magnífico: é frecuente, especialmente entre partidos conservadores, o recurso ao medo da xente para que deleguen neles a defensa do ben común (quede todo como está = o medo ao descoñecido).
Racionalizar os propios medos é unha proba de madureza.

Anónimo dijo...

Nese senso os partidos conservadores téñeno máis doado,Lourixe.A meirande parte da xente non quere en absoluto cambear o mundo,o que quere é que lle vaia mellor no que hai.

Anónimo dijo...

O recurso ao medo non é privativo da dereita.

Anónimo dijo...

Exacto,Apicultor.Basta lembrar o "dóberman" esgrimido polo PSOE fai anos.O que é claro é que os tipos de medo inducidos por uns e por outros son distintos.E sí que daba pra un bó estudio,dende diferentes ópticas.

Anónimo dijo...

Gostaríame saber qué é o que lle da medo ós nenos de hoxe.Rínse do home do unto...

Anónimo dijo...

A ver se vos da medo i espabilades

Anónimo dijo...

Arredemo,Xoan DC,qué susto me déu.

Anónimo dijo...

Vouvos contar outra historia do meu abó,pra "darlle caña" a este post.Se se trata do medo,tamén se pode tratar do seu contrario que é a risa.

Cando era xornada electoral,metía no peto dereito da chaqueta a papeleta do PP,no da esquerda a do PSOE, e no interior o do BNG.Saía dando un paseo pola carretera en dirección ó colexio electoral,a unhos tres kquilómetros.Enseguida pasaba un coche de "acarrexo" dalgún partido.Paraban é invitávano a subir e levalo a votar.Decíanlle:"Votarás por nós...".Respondía:"Home claro...".Sacaba do peto axeitado a papeleta e mostráballa.Logo,volvía metela no peto onde estaba a que él quería.Xa imaxinades o resto.

Anónimo dijo...

Por certo no "video que da medo" enlazado máis arriba,a frase final en alemán significa :"Nunca estiveches tan desperto".Esa é outra característica do medo,ou de certos medos: fainos espertar.

Anónimo dijo...

Repito que o seu avó tiña que ser unha persoa extraordinaria.

O vídeo... de infarto!

Anónimo dijo...

Vóulle contar outra do méu abó.

Estabamos sentados no monte,falando,có can tumbado perto de nós.De repente,arrincóu un trébol e díxome: "Vóulle facer comer esta herba ó can".Escomenzóu a xirar o trébol entre os dedos dun xeito tal que mesmo parecía un pequeno animaliño patexando.O can,mirándoo fixamente,levantóuse prá cheiralo,pero o meu abó alonxába a mau e volvía aproximala de tal xeito que o can púñase ansioso,dando dentelladas ó ar.De repente,mandóulle a herba ó can,que a pillóu e lle deu dúas masticadelas antes de escupila fóra.Eu mexábame coa risa.