7 nov 2007


Acoso no cine.
Pan por Pan mércores 7 novembro
Cando Daphne du Maurier escribiu “Rebeca” non estaba de moda falar de acoso, nas variantes usuais hoxe: acoso moral, escolar, sexual, etc. Tampouco cando fixo Hitchcock a súa maxistral película. Pero a protagonista vive acosada polas lembranzas dunha figura espectral (a Rebeca que mandou en Manderley) e poucas veces se describiu un clima emotivo tan asfixiante. Hai outras dúas marabillas do cine sobre mulleres acosadas: “O coleccionista”, de William Wyler (1965), baseada nunha novela de John Fowles (onde o tema sexual é secundario) e “Luz de gas”, de George Cukor (1939), citada como exemplo de acoso moral nalgunha web de Internet. Aquí é Ingrid Bergman a muller acosada e Charles Boyer o malo malísimo que planifica con detalle a tortura psicolóxica da súa esposa: cantas mulleres desa época se verían daquela reflectidas nestas actrices?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Propoño unha sección fixa para o blog dedicada a relacionar un tema con películas que o exemplifiquen.

Antes que nada déixenme desfacer o erro que eu mesmo cometín, sen dúbida debido ás présas internáuticas.
Hai unha película de George Cuckor do ano 1944, con Charles Boyer e Ingrid Bergaman, titulada "Gaslight" e, na súa versión en castelán, "Luz que agoniza".
Con todo, catro anos antes, en 1940, estrenábase unha película con mesmo título, dirixida por Thorold Dickinson, e con Anton Walbrook e Diana Wynyard de protagonistas.
O máis curioso é que os productores americanos da versión de 1944 tentaron destruír todas as copias da primeira película, mais non o conseguiron.

Sobre o tema do acoso, aínda me falta por ver "The Servant" ["El sirviente"] (1963), un filme inglés dirixido por un director americano que tivera que escapar do mccartismo, Joseph Losey, Actores: con Dick Bogarde e Sarah Miles. O guión foi adaptado por Harold Pinter. Sen pretender desvelar moito da histoira, é unha historia sobre as relacións de poder (dominación persoal, sexual) que se establecern entre un aristócrata e o seu criado, nunha Inglaterra, a da postguerra, na que o vello orde social está xa a esmorecer.

Anónimo dijo...

Encántame velo escribir de cine, Swann. Sen dúbida, é vostede un gran afeccionado.

Anónimo dijo...

Aiquí falan de "O criado":

The Servant

Anónimo dijo...

Unha película que lles recomendo, sobre violencia (tamén doméstica), Hollywood e o traballo dos guionistas: "In a Lonley Place" ("En un lugar solitario", de Nicholas Ray, con Humphrey Bogart e Gloria Grahame (im-presionante).

o tráiler desta película coa impresionate Gloria Grahame

Anónimo dijo...

A historia de "Luz que agoniza" pero ao revés, por así dicir: "El motín del Caine" (The Caine Mutiny)

"The Caine Mutiny"


"Lóxica xeométrica"