4 nov 2007


Daphne du Maurier
O suplemento cultural de ABC (ABCD) traía onte un pequeno monográfico, varios artigos, dedicado á escritora Daphne du Maurier (no retrato da esquerda), no seu centenario, a autora das historias que nos encheron de soños en Rebeca, Os paxaros ou A posada Jamaica, coa mirada de Hitchcoock polo medio, claro.
(Creo que non está na rede para non subscritores pero, se alguén ten moito interese, que mo comunique, que lle farei chegar fotocopias deses artigos)

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Esa película baituzóu un síndrome psicolóxico,o "síndrome de Rebeca".

Anónimo dijo...

E, por suposto, deu nome ás chaquetiñas de lá, algo cupinas, que levaba a protagonista. Agora chamada, con esa tendencia cursilísima de diminutivar as prendas, "rebequita". En español. Sic. Para as noites deste outono especial.

Anónimo dijo...

Hai unha película que trata un tema parecido ao de Rebecca: "Gaslight" (Luz de Gas), de George Cuckor, con Charles Boyer e Ingrid Bergman. De aí vén a expresión "facer luz de gas".
O delirio paranoide... parece unha broma pero non o é. Coñecín un caso... mellor calar por discreción. Xustamente esa persoa da que non quero falar me chantou unha vez "Me estás haciendo luz de gas..." Ao final o queimado, e grave, fun eu. Aínda me estou dando cremita...

Anónimo dijo...

Pensaba que falaba do final da película(Rebeca),na que tamén ardía todo.Un final quizáis fácil.

Marcos Valcárcel López dijo...

LUZ DE GAS, de Cukor, é outra pequena obra mestra. Creo que tamén se estreou co título "Luz que agoniza". Esoutro día vin na rede unha páxina que falaba do Acoso no Cine e viñan destacadas estas dúas películas.

Anónimo dijo...

Enlace sobor do acoso moral:

LUZ DE GAS

Anónimo dijo...

Qu� cantidade de videos en youtube pra "Rebecca":
ESCOLLAN O QUE QUEIRAN