Lembrando a Xulián Bolseiro
E, por fin, déronlle a razón ó noso trobador medieval:
Aquestas noites tan longas
que Deus fez en grave día
por mí, por que as non dormio
e por que as non fazía
no tempo que meu amigo
soía falar comigo?
Porque as fez Deus tan grandes
non posso eu dormir, coitada,
e, de como son sobejas,
quisera eu outra vegada
no tempo que meu amigo
soía falar comigo.
Porque as Deus fez tan grandes
sen mesura desiguaes
e as eu dormir non posso,
porque as non fez ataes
no tempo que meu amigo
soía falar comigo?
(Xulián Bolseiro)
A ciencia venlle dar a razón ó noso trobador medieval (e a M. Proust, de paso):
Investigadores da Universidade de Bos Aires aseguraron que a memoria garda con más facilidade datos vencellados con algunha carga afectiva.
(Vía Fíos invisibles)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
15 comentarios:
É boa casualidade: mesmo despois de introducir o comentario trinta e catro no "Contamos contigo", leo isto sobre mellor lembranza e maior carga afectiva. Non sei se o Entre Hortas e Portas, con toda a humildade, non será monumento a tal evidencia. Minimizando o de monumento, desde logo.
E é certo. Chega con ir paseando pola rúa, sentir un cheiro a determinado perfume, e vírselle a unha concatenación de recordos (non sempre positivos).
A madeira queimada lévame a cando era neno, na aldea, un día que nevara, e a partir de aí van xurdindo outros recordos.
Unha das cousas curiosas do Mediterráneo é que aquí o mar non desprende cheiro, nin se encontran algas, nin hai cunchas na area. É un mar como de attrezzo, unha grande charca calma e humanizada.
Vóulles facer un pequeno test pra demostrarlles cómo poden lembrar un día enteiro,o anterior e os seguintes a un día determinado,con todo luxo de detalles cando hai unha emoción forte polo medio.Aínda que ese día fora fai,digamos,32 anos:
Que fixeron vostedes o día que se enteraron da morte de Franco?
(Xa,xa séi que é exemplo manido.Aínda máis clásico é o de Kennedy XDD)
O libro máis fascinante que lín sobre "súper-memoria",fai trinta anos,ensinábache a facer asociaciós altamente mnemotécnicas baseándose precisamente nas emociós,sobre todo nas desagradables.
Veño de atopar na rede algunhas páxinas en pdf:
Harry Loraine
Non.Debe estar enteiro,o libro ese.
Imaxino que leron "Funes el memorioso" de Borges. Pero non séi si saben que ese realto basease na vida real dun paciente do afamado neurólogo R.Luria. O propio Luria escribíu un libro sobre a vida desa persoa "O home que lembraba". Eu líno fai anos. A verdade, era terrible a vida daquel home, sen poder "destruir lembranzas".
Teño un amigo, cunha enfermedade mental cuxo nome non lembro,que lembra tódolos resultados de fÚtbol de primeira e segunda división desde fai trinta anos. Partidos de ida e volta.E, prácticamente, o resto dos datos dos goles: quén os marcóu, minuto, etc. Íbamolo mandar a aquel programa "Qué apostamos", pero dixéronnos que, ó ser un "débil mental", mellor que non o fixeramos.
Afortunadamente, o noso cerebro esquece o que non nos sentaría ben recordar.
Convídoos a ler o proxecto de constitución de Venezuela de Hugo Chávez que colguei no blog.
Remato de ler ese proxecto de constitución para Venezuela. Manda truco!
Unha síntese entre autoritarismo puro e duro, medidas estatalizadoras (que é o que está tras da "nacionalización"), populismo de todo a cen e moralina reaccionaria.
E que sega habendo quen defenda a Chávez!
Moitas grazas,Oulego.Andaba eu algo estreñido,e véume bén.
Ese carallo está nacionalizando en masa xente de tódolos países de sudamérica prá que lle vote. Tén á población civil aterrorizada. levan un montón de mortos que non sáen á luz,sobre todo estudantes que sáen á rúa con perigo das súas vidas. Téno todo controlado,e logo lava a imaxe cara o exterior dando a entender que as encostas dan "case empate" pró referéndum. I está nacionalizando xente de Al-Quaeda prá que pódian entrar nos Estados Unidos con pasaporte venezolano. Líbranos,Deus,destes salvadores do mundo.Estáse cheirando sangre en Venezuela.
Oiga, Xan da Coba, o que recorda todos os resultados de fútbol non é o Luismi? Vive por onda Rua Nova ou a avd. de Bos Aires. Por certo, algún non precisa con matices, pois un que vin eu hai anos (o debú de Maradona con Sevilla en Bilbao), fallou nun dos goles, pero a verdade é que a súa memoria cos resultados e alineacións do fútbol deixate un pouco pampo.
Da Coba, pódeme tamén contestar, il é un rapaz que anda sempre escoitando a radio cunhos auriculares (normalmente polo Paseo, e que seu pai se chama Tino?. Era este propietario dun comercio de retales anos atrás en Doctor Marañón?
É o que dí carqueixa.
E tamén lembra o tempo que fixo cada día,se chovéu,se fixo sol...
Coñecía a historia que din que deu orixe ao memorioso Funes que teceu Borges pero este rapaz do que se fala aquí semella que non ten nada que envexarlle ao de ficción. Non sei vostedes, pero a min a idea de alguen así dame arrepíos e medo.
Publicar un comentario