migallas: caderno de formación do BNG en Compostela
Cóntao Mar Lasca na revista de Esquerda Nacionalista (n.7): O caderno de "formación" do BNG ou de como a UPG pensa que o BNG son eles.
É mellor que lean o artigo orixinal, na web de Esquerda Nacionalista.
Pero podo resumirlles algo, iso si:
A emancipación nacional galega atende á "influencia nestas análises dos teóricos marxistas do terceiro mundo, inspiradores teóricos dos movementos de liberación nacional, e de estudiosos do problema nacional en Europa".
"O problema nacional é o principal pólo de decantación do que é progresista e o que é reaccionario".
Fala o caderno do "peso cuantitativo importante na estrutura social co campesiñado...", na Galicia do 2006 (segundo un esquema de hai 40 anos cando menos).
Sublíñase a importancia do papel da UPG para que fose adiante a refundación do BNG en Riazor en 1982. Non se cita nunca a Esquerda Nacionalista.
As únicas persoas físicas do nacionalismo galego nomeadas son Castelao, Moncho Reboiras e Francisco Rodríguez. Ignóranse, en cambio, figuras como Xosé M. Beiras, Camilo Nogueira e moitas outras: todos estes pouco deberon facer na historia do BNG, seica.
Isto é o que se atopa quen entra no Bloque de independente na comarca de Santiago, engade, abraiada, a redactora do artigo, ademais de múltiples faltas de ortografía no caderno. O artista desta "fazaña" é coñecido de vello en terras ourensás-carballiñesas e hai algunhas outras "aventuras" moi gordas da súa autoría, que quedan para outra ocasión...
46 comentarios:
Lin o artigo seguindo a súa recomendación. E, en efecto, o artistiña da fazaña é -literalmente- un inútil e un analfabeto funcional, cuxas accións son recordadas con rexouba en Ourense e en Santiago.
É este un caso -extremo até a caricatura- de liberados torpes, sectarios e obstusos da UPG, que non teñen oficio nin beneficio, pero que viven á costa da política. Hai uns cantos, pero este lévase a palma con moita diferencia.
Veña ,Apicultor,poña nomes.Se viven da política,son persoas públicas.Vailles no salário unha ración de "caña".
Paréceme moi normaliño todo para o BNG. O propietarios sonche así.
http://www.esquerdanacionalista.com/engz/engz7.pdf
Di Valcárcel: "O artista desta "fazaña" é coñecido de vello en terras ourensás-carballiñesas e hai algunhas outras "aventuras" moi gordas da súa autoría, que quedan para outra ocasión...".
Pois veña, veña, que ocasión máis propicia ca esta. Conte, conte, ...
Súmome ao coro, cal gaiola de grilos. Máis madeira, máis historia miúda, caña ao grilo ata que cante coma unha cigarra! Eu pensaba que o mellor caderniño de formación deses era o que falaba de Pardo de Cela, pero xa vexo que a UPG é quen de se superar a si mesma. Ata o concepto de "caderno de formación" é entranabelmente arcaico, nesta etapa en que os novos militantes (de os haber) do Bloque de Santiago se supón que teñen acceso a internet e esas cousas. Ou a UPG ten un acordo con Google como teñen os admirados chineses?
O nome do artista xa está citado no artigo da revista de EN, que aparece na primeira ligazón en PDF.
Inicio da transición democrática, o BNPG (daquela) saca unhas participacións de lotería coincidindo coa de nadal. Toda a direción do Bloque estivo a piques de ir ó cárcere: fixéranse moitas máis participacións das que se compraran para distribuír os nacionalistas coa súa comisión. Se chega a tocar, quen resolve iso? Adiviñan quen foi o "artista" responsable?
¿Como podería eu acceder a ese "Caderno de formación" sobre Pardo de Cela do que informa o señor Isildur? Teño certo interese por este tipo de lecturas nacionalistas da historia de Galicia.
Se cadra, tamén foi o "artista" do que aquí se fala o seu autor, pois seica é home moi afeccionado á historia. Dígoo porque foi un dos membros do comité organizador do "Simposium sobre Prisciliano" celebrado en Santiago hai un ano e do que "Arroutadanoticias", unha páxina web de tendencia nacionalista, informaba do seguinte xeito:
"Redacción 15 de novembro de 2006 O simposio conta coa participación de persoeiros de grande relevancia nos ámbitos científico, xornalístico, e cinematográfico, de diversos pontos de Galiza e do Estado. O Simposio terá lugar no Auditorio de Galiza, e conta coa colaboración da Dirección xeral de Turismo, o Xacobeo, do Concello de Santiago, e da Vicerreitoría de Extensión Cultural da USC.
Esta presentación contou coa colaboración de:
- Dna. PILAR MORGADE SAAVEDRA. SUBDIRECCIÓN XERAL DE FOMENTO E COOPERACIÓN.
- D. NÉSTOR REGO CANDAMIL. CONCELLEIRO DE CULTURA E 1º TENENTE ALCALDE DE SANTIAGO.
- D. ÓSCAR FERNÁNDEZ REFOXO. PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN CULTURAL O GALO.
- D. MANUEL VÁZQUEZ CABO. MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. O GALO.
- D. IAGO CARREIRA TRIGO. MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. O GALO.
Segundo os organizadores, o obxectivo deste Simposio é dar a coñecer unha figura histórica de grande relevancia na historia de Galiza, así como unha etapa histórica na que Galiza gozou de grande relevancia, especialmente no plano cultural e da cal pouco se sabe ou está ocultada. Deste xeito a figura de Priscilano, asasinado en Tréveris, e posteriormente recoñecido como Mártir, será tratada desde diferentes ópticas: a histórica, a arqueolóxica a filosófica, a literaria, a xeografía política e humana, a xornalística e mesmo a cinematográfica.
O simposio conta coa participación de persoeiros de grande relevancia nos ámbitos científico, xornalístico, e cinematográfico, de diversos pontos de Galiza e do Estado como María Victoria Escribano Paño, Profesora de Historia Antiga da Universidade de Zaragoza, Josep Vilella Masana, Profesor de Historia Antiga da Universidade de Barcelona, Xoán Bernárdez Vilar, Profesor e investigador, Francisco Carballo Carballo, Crego e Profesor, Anselmo López Carreira, Profesor da UNED, e o Profesor da Universidade da Coruña, Eduardo López Pereira, aos que se sumarán os arqueólogos Álvaro Rodríguez Resino, investigador da USC, Felipe Senén, da deputación d´A Coruña visión desde a literatura será tratada por: Victorino Pérez Prieto, Profesor da Universidade da Coruña e Crego, e polo músico e dramaturgo, Millán Picouto. Como xornalista Ramón Chao Rego, tratará a coñecida polémica sobre o enterramento de Prisciliano na Catedral de Santiago.
Este ciclo será aberto polo ensaísta e filósofo, Xosé Chao Rego autor do coñecido libro Prisciliano: Profeta contra o poder, que tamén dará título á conferencia inaugural. Para rematar o Director e Productor de Cinema: Ismael González, que esbozará un argumento cinematográfico sobre a figura do heresiarca.
Non poderán asistir:
Henry Chadwick da Universidade de Oxford e Alain Tranoy da Universidade de Paris estes dous por problemas de saúde dada e Josep Vilella Profesor Titular de Hº Antiga da Universidade de Barcelona que por motivos persoais non pode asistir, pero os textos das súas ponencias serán incluidas nas actas do simposio que se editarán posteriormente.
Estase a tramitar un crédito de libre configuración para estudantes."
E xa no programa de man do Simposio, enmárcase o asunto da maneira que segue:
"O Priscilianismo, ninguén o cuestiona, é un feito histórico de suma importancia tanto desde as
hipóteses ou teses que o consideran como un simple herexe do cristianismo, como desde a de quen o
consideramos un herexe do poder político, ou sexa, alguén que non comungaba coas ideas estabelecidas
polo poder político da época.
Quizais a conversión das dúas teses nos sitúe nunha aproximación máis ampla do problema.
Entre os estudos do tema parece haber coincidencia en que a cuestión pode ser abordada desde múltiples
visións, a máis extendida até hoxe é a de simple herexe relixioso. Nós propugnamos, tamén o teñen feito
outros analistas, aprofundizar nun camiño pouco estudado: herexe político con claras bases populares na
Gallaecia, en fin, un movemento socio-político de grande transcendencia e cuns patróns, en algúns casos
semellantes, aos que nos toca vivir a nós.
Queremos indagar na Gallaecia do momento. Era ou non a zona xeográfica mais poboada da
península, e cal era o seu poder político, social e económico dentro do contexto peninsular? Formouse
nesta época, coa caída do imperio romano e a formación do reino suevo, a nación galega, que papel tivo o
priscilianismo en todo isto? Foi ou non, o priscilianismo, un movemento popular, gallaeciano e cun claro
contido social? Non esquezamos a presión impositiva que tiñan os romanos sobre a Gallaecia. Porque é o
propio emperador Máximo quen toma partida no asunto e decapita en Tréveris aos representantes do
priscilianismo? Estaba en xogo ou non o poder político estabelecido e a estruturas territoriais na
península?"
Sen dúbida, Prisciliano é un dos terreos tradicionalmente máis propicios para o delirio nacional-historicista. Entre outras cousas porque, como di o inxel redactor de Arroutadas, desa época "pouco se sabe ou está ocultada", a pesar da súa "gran relevancia". Pero que un Simposio desas características e con eses presupostos "teóricos" se celebrase aínda o ano pasado, respaldado con todas as benzóns oficiais, subvencionado por distintos organismos públicos e mesmo avaliado por unha entidade académica e científica de referencia, como a USC, a min paréceme un atentado contra a consideración de Galicia como un país serio e con certo grao de autorrespeto.
Imaxinen vostedes que mañá aparece unha noticia semellante no ámbito español co Rei Ataulfo ou Don Pelayo como protagonistas. Pareceríanos un signo de regresión político-cultural, unha expresión de rancio nacionalismo español, un evento pseudocientífico só ubicable entre o "kitsch" e a trapallada.
Aquí, porén, estas cousas aínda adquiren carta de natureza e pasan por iniciativas "culturais" respetables...
Un personaxe cos méritos que aquí se indican non pode encargarse da formación nin de moito menos no BNG. Por qué nunca dimite ninguén no Bloque?
Buf.Hai máis cousas sobre él na rede...
Ese personaxe, que canta coma un grilo, é célebre por moitas cousas.
Cando acontecera aquela verídica historia da lotaría que relata Valcárcel, un señor entrañable, amigo meu, tivera a santa incocencia de criticalo por ser incapaz de saber facer as contas, propoñendo que non se lle encomendase nunca máis unha tarefa tan complexa como a de mercar décimos e facer os pertinentes talonarios.
En boa hora se lle ocurríu falar! O responsable da célula da UPG caiu sobre el cal Xúpiter tronante, chamándolle de todo. Tan puteado estivo desde aquel día, que rematou por darse de baixa da UPG.
O ínclito personaxe era un protexido de Bautista Álvarez e de Paco Rodríguez. Como non tiña oficio nin beneficio, empregáronno de "liberado" na UPG de Santiago (e hoxe no BNG). A cada nova tarefa encomendada, novo desaguisado cometido. Non hai dúbida: un auténtico fenómeno da natureza (e nunca mellor dito).
Continuará...
Ou sexa,que o que se demostra incapaz de arreglar a súa propia vida,pretende arreglar a dos outros,meténdose en política profesional.Vello conto.
Un exemplar dese "Caderno de formación" sobre Pardo de Cela téñollo eu, amigo Leituga I, pero vaia vostede a saber onde demos está traspapelado!
Non me podo comprometer, pois, a facerlle unha copia e remitirllo, tal como sería a miña intención, agás que se preste voluntario a virme organizar este caos que teño aquí, circunstancia pola que lle quedaría eternamente agradecido até o xuízo final.
Formaba o tal Caderno parte dunha serie, de hai uns cantos anos, editada pola UMG, e nela escribían Paco Rodríguez e un rapaz que daquela facía moitos méritos, Rei Romeu.
Dígoo se a memoria non me falla e se non me trabuco con outra xoia historiográfica de mesmo ou análogo teor. Que Isildur me corrixa se erro.
Si, creo que me trabuco con outro "Caderno de formación" da UMG sobre Castelao... ou non?
Pero existe alguén no mundo que se trague eses "comecocos"? Claro!,é o que se chama "home dun só libro (ou caderno)".
Imaxino que será un dises ademiradores de Enver Hoxha dos que ainda quedará algún na UPG...
De admirador de Enver Hoxha nada de nada. Non sabe quen foi e seguramente o confunda cun xogador de baloncesto.
A súa tríada heroica limítase a Castelao, Moncho Reboiras e Paco Rodríguez. Do primeiro fixo intentos de ler o Sempre en Galiza (no "Caderno de Formación" cítao como "Sempre en Galicia"), ao segundo non o coñeceu, e do terceiro recibe leccións orais.
... do terceiro recibe leccións orais pero non se entera de moito.
Felicítoo, Marcos, por sacar á luz estas pérolas.
E aos interesados, pois xa se sabe: quen se pique, pois xa sabe, que se rasque ben rascado (a ver se sae, de paso, a cotra) ou agüita y ghabonsito e andando que é xerundio.
Que bonito sería ter outra alternativa que non fose o BNG. Pobre País que só ten como oferta o PP, PSOE e BNG. Agardo algún día a cuarta pata.
Tivemos en tempos esa cuarta pata e tivemos un sistema de partidos máis plural e diversificado. E deixámolo morrer entre todos.
Aí creo que se equivoca, xoán salgado. Chamándose así, e lucindo a bandeira blanquiazul, o seu lugar está no BNG. Nel colle xente desde o centro até a esquerda. As loitas nos outros partidos non son ideolóxicas precisamente. Mesmo con todas as limitacións de ter que convivir con persoas coas que compartimos poucas cousas, iso é mellor que non votar nacionalismo ou tirar o boto ao lixo.
Entre todos tampouco é. O sistema electoral promove esta división, sen lugar a dúbidas. De termos outro que non penalice as minorías, probablemente a representatividade sería maior e polo tanto a posibilidade de aparición de novos partidos con diferencias de matices. Así é imposible.
Pero o sistema electoral para o Parlamento Galego modificouse, se non estou errado, na etapa final de Fraga: quería eliminar así a Coalición Galega e Unidade Galega (e sairon beneficiados, sobre todo, PPG, que chupou votos da antiga CG, e o BNG, que tivo máis doada a absorción dos camilistas).
En efecto, pero foi ao principio da Era Fraga. Esa modificación, o mínimo do 5% de votos para acadar representación, foi letal para a incorporación de máis partidos. En primeiro lugar para eliminar os que había e, en segundo termo, para evitar calquera iniciativa no futuro, condenada de antemán ao fracaso. E así estamos.
Así estamos, en efecto. Sen que estea demasiado claro quen podería achegar que cousa en termos de novidade, efectiva e substantiva. E non digo eu que cinco en vez de tres non dese outro xogo. Sempre que os dous novos, xaora, pillasen dos tres que xa había; se non, guatepeor, que queren que lles diga.
Xa saben vostedes que andan por Galicia estes días os promotores do partido de Rosa Díez e Savater. Constituíndo algúns comités e facendo presentacións: de aquí ás eleccións do Parlamento Galego, poden estar en marcha. Quizais conflúan aí moitos destes movementos que xorden agora en defensa do castelán (pobriño, vaise perder na Galicia...!). Terán algunha posibilidade de escano ou de arrincar uns cantos votos? Eu creo que non, pero gustaríame coñecer máis opinións. En calquera caso, creo que se sacan bastantes votos, moitos deles van provir das fontes do PP (moito máis, penso,que do PSOE): e no PP que non son tontos xa saben isto e, xa que logo, non nos van promocionar nos seus medios chegado ese momento.
Xoan Salgado:non se sinta,tan soíño,home.A outros tamén nos decepciona non ver outra cousa que esas tres siglas que vostede nomeóu,e tamén levamos unha bandeiriña galega na chaqueta.Sin estrela e sin cálices.
Ese 5%,xunto coa lei do señor d´Hont,causa estragos,falando de representatividade.E o peor de todo e que non pudo demostrarse hasta agora que matemáticamente haxa outra mellor(que d´Hont).O sistema americano,e outros,analizados matemáticamente,non son mellores (nin peores) en términos de representatividade.Hai estudos matemáticos mi interesantes ó respecto.Se algún está interesado,pásollos.
Neses estudos ós que facía referencia no comentario anterior,ofrécense varias posibilidades matemáticamente equivalentes de representación perlamenteria.Pero o curioso é que é indecidible desde un punto de vista científico cál é a mellor.A propia decisión debe ser,en sí mesmo,"política",e que determina o tipo de "política".Unha especie de circo vicioso.
A representación parlamentaria non depende só da idoneidade das fórmulas empregadas. A mesma división en provincias (ou condados ou estados) como circunscripcións tamén outorga un valor distinto ás eleccións. Ou o establecemento do número de escaños segundo a poboación (como ocurre nas xerais) ou segundo outros criterios (como ocurre no parlamento vasco que outorga idéntica representación a cadansúa das tres provincias). A matemática de D'Hondt ten a súa determinación, pero aplícase a un status quo político previamente decidido.
En efecto, Arume. Neses estudos tamén se fai referencia a eso. Son estudos teóricos encamiñados a definir a "representatividade óptima" en termos xerales.
Si, ten razón Apicultor: a alfaia en cuestión era un caderno de formación da Paco-Jugend. Tamén había outro sobre Castelao, e non sei se algún máis sobre temas sacrosantos (poida que mesmo sobre Prisciliano, ou talvez sobre Xelmírez). Cadrara todo aquilo coa reivindicación do reino de Galiza na Idade Media, co panteón real dos reis de Galiza da Catedral, etc. etc., é dicir: cando a UPG destapou o tarro das esencias históricas para compensar o tacticismo autonomista. Hai un libro publicado daquela por PR, alá polo 2000 ou 2001, onde recompilaba moitas das súas xoias historicistas. Non o cita o xenio da formación patriótica do que aquí falamos no seu opús-culo?
Por certo, non sei se na UPG hai algún que se lembra de Enver Hoxha (hai década e media si, con nomes e apelidos). Mais ata hai catro días habíaos que admiraban no Partido Comunista de Corea de Norte que era unha interesante "vía nacional ao socialismo", por combinar estalinismo con culto ao líder baseado en non sei que filosofía tradicional coreana (non me lembro agora do nome). Vaia, o de resucitar o priscilianismo talvez sirva de base para unha filosofía protomarxista nidiamente galega.
E si, que orfos estamos de partidos! Un envexa aos cataláns, certamente. Fóra de EU nalgunhas cidades para comicios municipais, e algún independente que xa sabemos como son, habemos elixir sempre entre Guatemala e Guatepeor. De todos os xeitos, agora mesmo o bacallau está moi vendido como para que xurda unha nova forza, penso eu.
Filosofía Zuché, a de Corea do Norte.
Non eran Ramón López Suevos e Vilhar Trilho os entusiastas da Filosofía Zuché e o modelo coreano?
En efecto. López Suevos é doutor honoris causa pola Univ. de Pyongyang, e grande entusiasta (disque) do tema. E Vilhar Trilho estivo algunha vez de estadía alí. Os contactos proviñan, polo que semella, do Partido Comunista Portugués. Ora ben, os delegados norcoreanos aínda se pasaban de cando en vez a visitaren os camaradas da UPG alá polos mediados/finais dos 90. Iso si, eran visitas que se procuraba que non trascendesen, nin sequera A Nosa Terra informaba, se daban charlas non eran públicas, e despois seique os norcoreanos (que falaban castelán...) seguían camiño a Portugal e a non sei onde para visitar un partido testemuñal.
Vaia, que algunha vez nos arquivos do trasno (ou do grilo) aparecerán cousas curiosas. Menos mal que Quintana fai o que ten que facer: Vender o seu apoio a ZP en troco de algo. Vai aprendendo do que fixeron sempre os aliados de Galeuscat (grande solidariedade entre as nacións do mundo, pero cando convén, pactar co centro e ao carallo).
Ánxela Bugallo pode estar tranquila: Paco Rodríguez vai de ministro para as próximas. Aínda están pensando seriamente en presentar candidatura pola comunidade madrileña.
Francisco Rodriguez, ministro da zarzuela.
Que malo El correo gallego:
Las fiestas de mayores con Quintana son una terapia
Si multitudinarias eran las reuniones con los mayores que promovió en su día Manuel Fraga -tan criticadas desde la oposición de entonces, hoy en el Gobierno-, a años luz se quedan de los Xantares que impulsa el actual vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana.
El líder nacionalista gana por goleada. Las cifras son elocuentes: 76.880 mayores reunidos en los nueve Xantares de este año. De ello alardeó ayer en sede parlamentaria el director xeral de Acción Social, Bieito Seara, que contrapuso los "discursos aburridos" que protagonizaban los eventos organizados por la anterior Xunta a los actuales, que diseñados por Quintana y su equipo, "hasta tienen carácter terapéutico". ¡Ahí queda eso!
Con los papeles invertidos, es ahora el PPdeG desde la oposición el que recrimina a Vicepresidencia por el gasto que estas reuniones suponen y por dudar sobre el papel que puedan desempeñar en la promoción de un "envejecimiento activo", como postula el bipartito.
"Echar un baile y tomar un vino" es básicamente lo que hacen Quintana y sus colaboradores en sus Xantares, al menos así lo promete el director xeral de Acción Social. Si es así, hay quien piensa que para tal fin no sería necesario semejante despliegue de medios, dada su cuestionada contribución a la "revolución silenciosa de los servicios sociales".
Y es que las tan traídas y llevadas fiestas de los mayores durante este año han costado a las arcas gallegas 480.000 euros, casi la mitad del millón que la Administración destina al programa Lecer para os Nosos Maiores y que incluye, según Seara, más de 80 actividades. Lo que ocurre, en su opinión, es que los populares sólo focalizan su atención en las fiestas, pero es que éstas son de tal gusto para Vicepresidencia que la oposición teme que acaben integrando la agenda mensual de Quintana. El tiempo lo dirá.
El mimo de Vicepresidencia también llega a los jóvenes. Tras el retraso reconocido por Rubén Cela en la publicación de la orden de ayudas a las asociaciones juveniles, expresó ayer su compromiso de que en 2008 estará en el DOG entre enero y febrero. Para el responsable de Xuventude se trató de un "daño colateral" buscando transparencia y equidad. Para el movimiento juvenil, una gran dificultad a efectos de su programación.
Marchando unha de subvención (sub + vencer) para Il Corriere de la Galitzia...
Non se preocupen por esas pequenas cousas, o amor que floreceu nas xuntanzas do goberno bipartito resolverá os problemas entre PSOE en G e BNG. Está a piques de nacer a verdadeira revolución tranquila (¿será por iso polo que está enfadado algún dirixente e pode que incluso o presidente?)
Os que nos estamos empezando a enfadar, e de verdade, somos os ghilopollas que criamos que estes dous partidos ían acabar con algunhas das prácticas do goberno de Fraga.
Non desespere, confíe no amor, todo vai mudar axiña, (ou os cesan do goberno, claro)
Partidarios da filosofía Zuché esa de Corea do Norte son algúns dos actuais dirixentes da Aula Castelao de Filosofía, que visitaron Corea e recibiron aos seus ilustres colegas en seminarios para iniciados, en Pontevedra. !Longa vida a Zuché e a Castelao!
Estaba mirando este video.Non sei se lles pode interesar,se non o viron:
Paco R.e Batasuna
O que di aí nese vídeo Paco Rodríguez é certo. As cousas como son.
PACO RODRIGUEZ E BATASUNA. O que sae no video é totalmente certo, de acordo con XDC e Apicultor. Quizais o propio PR foi sempre contrario a esas relacións con nacionalismo radical vasco, tan diferente nos seus esquemas ó galego da época. Pero convén dicilo todo: esa ruptura debeu ser polas europeas do 87, cando naceu o PCLN que pediu o voto para HB. Pero antes diso, en actos da UPG e no Día da Patria eran convidados fixos TELESFORO MONZÓN (cando vivía) e LETAMENDÍA. En concreto a UPG tiña relacións moi directas con HASI, ou cun sector, pois creo que o partido se dividira en dous (todo isto de memoria).
Publicar un comentario