19 nov 2007




para celebrar o 20-N
Unha portada de Le Monde Libertaire e o retrato de "Franco asesino" por Luís Seoane

Corenta anos como un cuartel
Andoliña 20 novembro
Foi un home pequeniño, medía un metro sesenta e sete cm. Era mal orador e tiña a voz afrautada, como de pito. Cando agora o representan na televisión ou no cine, o seu aspecto é inevitablemente ridículo. O seu único mérito foi gobernar España como un cuartel durante 40 anos, despois de encher os camiños de sangue cunha longa e cruenta guerra civil. Nunca tivo moitas ideas pero xa en 1934 se inscribira na Entente Internacional Anticomunista: preparaba o roteiro necesario para servir de ariete dos grupos reaccionarios de España.
Pasou toda a súa vida marcado por tres obsesións: o comunismo, a masonería e os partidos políticos e o liberalismo do século XIX. Os seus moitos aduladores, xornalistas, poetas do réxime, xerarcas de todo tipo, retratárono acotío como unha figura providencial, o condutor dun novo Imperio, colocado polo dedo de Deus para conducir o destino dos españois. El debeu chegar a crer tanta babecada. A súa crueldade está máis que demostrada: xa de novo mandou fusilar un lexionario por un incidente menor.
Co paso do tempo del soamente quedará unha imaxe arcaica e grotesca: agás para os que o tiveron que sufrir toda a vida, iso si.

48 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que foi no 72 máis ou menos cando aparecéu unha pintada nún muro da rúa Camiño Caneiro,moi pertiño da esquina coa Avda. da Habana.Decía "FRANCO ASESINO".Impresionóume moitísimo.Non duróu moito hasta que a limparon,pintándoa porriba.Eu aínda a lembro hoxe,nítida na memoria.Non me extrañaría que o autor visitara este blog.Despóis tamén as vín en Alemania,lástima non telas fotografado,sería un documento:"FRANCO MÖRDER"(Franco asesino).

Anónimo dijo...

Ese ano, un sobriño da miña madriña traballaba en Ourense, nun matadoiro. El falárame dunha pintada, a raíz dos sucesos de marzo, onde seica poñía "Orense con Ferrol. Franco asesino". Igual era a mesma; ou, Da Coba?

Anónimo dijo...

Pois agora que o dí,algo me vén a memoria deso de "Orense con Ferrol",pero non estóu certo.Os rapaces íbamos mirala i escápábamos correndo.Dábanos medo.Canto máis o penso,máis me vén á memoria,moi remoto e nebuloso,que podía decir "Orense con Ferrol".Cómo traballa as memoria.O que impresionóu á miña mente adolescente foi o de "Franco asesino".

Anónimo dijo...

Tamén aparecera outra na parede das Carmelitas que puña "Franco, asesino. Policía, asesina". A verdade é, que como di XdC, íala ver e daba medo.

Anónimo dijo...

Eu nas Carmelitas,pola porta de abaixo vira aquela de "La virginidad produce cáncer.Vacúnate".Moitas desas pintadas coñeras,sóupen despóis que as fixera o periodista Anxel Huete.Aínda hoxe está orguloso se a xente as lembra.

Anónimo dijo...

E tamén lembro outra que decía,en Oira,"La barricada corta el tráfico,pero abre el camino".Un tío meu que estaba (i está aínda) en Euskadi,apuntaba tódalas pintadas nunha libretiña.Cando volvía prá Euskadi,ó rematar as vacaciós,levaba unhas bolsas de plástico cheas de aire galego pra ilas respirando alá,de vez en cando.Na súa casa tén unha habitación-santuario toda con bandeiras galegas,etc.

Anónimo dijo...

Noutra cidade, había unha que dicía: "¿Por qué dicen tonto del culo y no del hígado o del páncreas?"

Outra, non moi lonxe de alí, nun muro á beira dunha igrexia, dicía: "Si los curas pariesen, el aborto sería sacramento"

Anónimo dijo...

Ese "garrote vil" da ilustración do post tamén mete medo.

Anónimo dijo...

Ou aquel de "se a merda fose ouro,os pobres nacerían sen cú"

Anónimo dijo...

Durante moitos anos (e desto moitos máis) presidiu a Quintana (dos Mortos) unha grandísima pintada que agora mesmo non son quen de lembrar. Alguén podería axudarme?

Anónimo dijo...

Na residencia das monxas de Cardenal Quiroga había outra moi boa: "Grelos, sexo e muñeira"

Anónimo dijo...

Outra a carón do Bodegón do Crespo: "Vitorino, ladino, colocame al sobrino". Ou a de "Temiño, obispo, nos dejas hecho cisco"

Anónimo dijo...

Había unha hai anos, nun minxitorio na USC, que dicía: "(...) Ti que concebiches sen pecar, déixame a min pecar sen concebir"

Outra: "Darío (Villanueva), tes menos detalles ca un Seat Panda"

Anónimo dijo...

Outra:
"España, una... e Galiza, outra"

Anónimo dijo...

Unha unha miga cruel, fronte á porta dun colexio:
"Os reis son os papais"

(Desde ese momento, acabouse a inocencia)

Anónimo dijo...

E o engano. E sen posibilidade de pedir danos e perxuízos.

Anónimo dijo...

Nesa ubicación do Camiño Caneiro houbo logo outra que puña UPG e a espiral, todo en vermello e feita, debía ser, cun furrichador de colonia, que non era esprai. Durou moitos anos.
¿Quen de vós entrou no Instituto Masculino, debeu ser alá por 1975 que encheu de pintadas as aulas todas para cabreo do Criado e tamén, claro do Albino, e sen qeu se enterase o Benito, o bedel que unhas hostias lle daría a quen pillase en tal mester?
De pintadas.
Sei duns do MC que fixeron un mural gradísimo na fachada exterior do I.N.E.M.M.O. -ou másculino- e ao acabar, chegou a poli e pactaron. "Nenos,a borrar todo ou a comisaría". E borrarron...

Anónimo dijo...

Ja ja ja,carqueixa.É verdade a de C.Quiroga.As monxas borrárana e volvérana pór outra vez.
E tamén me dou cónta do que conta etxeokaei.

Anónimo dijo...

E había outra na rúa C.Quevedo,que lle gostaba moito a unha amiga do Opus(castelán no orixinal):

"Nietzsche morréu.Firma:Deus"

Xaime dijo...

Non sei por qué Arume, na Quintana había unha que dicía ¡Arriba España! que tiña moita coña.

Xaime dijo...

Tiña moita coña, por que debaixo lle puxeron O QUE A TIROU QUE A LEVANTE, cunha A nun circulo

Marcos Valcárcel López dijo...

Están vostedes a deixar unha auténtica antoloxía de pintadas, sobre todo ácratas en Galicia. Eu, cando cheguei a Compostela, tamén apuntei moitas nunha libretiña: a saber onde andará...
En calquera caso, grazas, porque usarei varias delas, co seu permiso, en futuras columniñas...

Anónimo dijo...

Pero a pintada por excelencia en Ourense,que chegóu a ser "trade mark" foi:

"Baltar cacique".

Non séi se en Lugo proliferóu a correspondente versión:
"Cacharro cacique".

Anónimo dijo...

A cantos de vostedes lle gostaría ver o seu nome nas paredes dese xeito?:

Xaime Cacique.
Apikultor Cacike.
Markos Valkárcel Kacike.
Arume dos Piñeiros Kazike

Se alguén sabe facer ó simbolo ácrata no lugar do "A" que diga cómo se fai,pra mellorar as pintadas anteriores.

Anónimo dijo...

Eiquí falan de pintadas políticas.Hay máis na rede:

Pintadas

Anónimo dijo...

Por certo,esquecía unha que xa leva tempo perto do campus ourensán.Dí:"Marta Vázquez manipuladora".Borráronlla e volvérona pór.Marta é unha periodista da Voz.Ninguén está libre de aparecer en iutub ouas pintadas.

Xaime dijo...

O de Cacharro cacique, pintárono non hai moito, na miña casa.
Entre nós, ese ron é caralludo.

Anónimo dijo...

Pintada auditiva do sr Baltar Cacique I da Provincia:
"Si no eres del pepé, jódete, jódete"

Anónimo dijo...

fe d'erros:
debería ser "jódeté, jodeté"

Anónimo dijo...

Outra...
La reina y yo no votamos.

Anónimo dijo...

Non séi cómo non está en iutub o Baltar tocando có trombón e cantando eso de "...jodeté,jodeté...".Sería un éxito de descargas.Usaríano os "dilléis" nos séus "mix".

Anónimo dijo...

Xa fai moitísimo que non vexo aquela de "Abaixo todo Estado".

Anónimo dijo...

Eu debería ter unhos doce anos,cando me puxeron nas máns un bote de spray deses pra facer pintadas.Como nunca manexara ningún,quíxeno probar nunha parede da rúa.E non se me ocurríu outra cousa,miren qué parvo,que escribir o meu propio nome.Menos mal que o bote xa estaba nas últimas e só chegóu pra dúas letras e media.Esas dúas letras e media estiveron moitos anos no mesmo sitio hasta que derribaron o edificio.

Anónimo dijo...

Os que entraran no Instituto da ponte no 75 foran de ERGA porque as pintadas estaban asinadas. Seica durmiran o can grande aquel que tiña o Benito (aquel bedel tan "riquiño") e entraran por unha xanela do piso de arriba que deixaran aberta. Non lembro o que dicían as pintadas, ¿ían contra a celulosa que querían pór en Ourense?
Daquela eu non souben quenes foran (ademais eu non era de ERGA), mais un ano despois alguen me dixera que un dos pintores fora un rapaz daquel COU que se apelidaba Moure, xa non lembro o nome e non volvín a velo desde aquela. Alguén pode dar máis datos?
Falando de pintadas en Ourense había unha moi antiga, case destinxida, na rúa que vai entre o museo arqueolóxico e a casa do Concello (Chámase rúa Colón nese sitio?) que se non lembro mal dicía "abajo el clero". Estaba nun pano de cal ou de pintura no rebaixe das pedras da fachada. Xa nos anos 70 tiña toda a apariencia de ter sobrevivido moito tempo.

Marcos Valcárcel López dijo...

RAF dá datos importantes. Eu só fixen o COU no Instituto, creo que xa o teño falado, e nunha clase histórica: Bieito Iglesias, M.Guede, Fco. García, Carballude, Bieito Alonso e esquezo nomes, seguro, sen querer. Moitos deles militaban en ERGA naquel COU e quizais algún na UPG, pero lembro ese tal "Moure" que tiña certa sona nalgúns ambientes políticos: poida que fose o primeiro militante de ERGA no Instituto, pois ERGA nacera pouco antes na Universidade e antes do 73 non creo que tivese militantes en Ourense. En todo caso, que alguén me corrixa se sabe máis...

Anónimo dijo...

Dúas máis: teño un amigo que cando pide un chupito de cacique dílle o camareiro: "Ponme un Baltarciño".
Vin outra con moita imaxinación nunha viaxe a Granada: "Al pan, pan, y a la Policía, pum, pum"

Anónimo dijo...

Ah¡, na esquina da rúa Villar coa de Pelaio, estivo unha moitos anos, ata que chimparon a casa; ademais era na época en que alí só había "chicas" e os macarras aínda tiñan un código de honra: "Pedro Navaja no vota, vale?"

Anónimo dijo...

Un saúdo ao amigo RAF, quen, a pesar das siglas, non é aviador inglés, aínda que si se poida dicir que ten un envexable toque british.

Anónimo dijo...

Faltóulles aquela de "Coas tripas do derradeiro facha aforcaremos ó derradeiro cura"

Anónimo dijo...

Pensando naquelas pintadas do instituto, tamén lembrei que poucos meses despois xa estando en Santiago, alguen trouxera a noticia de que no verán do 75 aquel Moure fora detido na fronteira de Francia (non sei en que dirección ía) con propaganda na maleta. Se o dato é certo o rapaz debeuno pasar moi mal naquel verán que rematou con aqueles cinco fusilados. Foi un tempo exemplificador da placidez do franquismo que di Mayor Oreja.
Volvendo ás pintadas no instituto, aquelas de ERGA foran todo un acontecemento, non eran unha nin dúas, estaban todas ou case todas as aulas pintadas.
Tamén lembro unha pintada con letras moi grandes no muro do instituto que ía ata a escola de maxisterio. Esa fora antes do 75 pero non sei o ano e o que dicía, quizais tamén "Franco asesino" (Ai, a memoria!), pois ben, na hora do recreo xa a tiñan toda tapada e non se lia nada.
Vaian tamén os meus saúdos para Apicultor.

Anónimo dijo...

Raf
Obispo Carrascosa, chámase a rúa entre o Museo eo Concello. Antes, Rúa da Coroa.
Efectivamente, "Abajo el clero" era unha pintada de antes da guerra, da época que no Museo estaba o Pazo do Bispo. Feita na pedra ao lado do escparate dunha pequena xoiería, creo.
De antes da guerra aínda quedaba hai pouco unha fouce e un martelo desgastadiños en vermello pintados na base do "pousadoiro" do cruceiro de Vilar de Astrés, en fronte ao bar Cruceiro...
Iso que as pintadas máis antigas, de 1850 eran os rótulos das rúas do casco vello. Sobreviviu ata non hai máis de dez anos a de "Calle de Arcedianos" na confluencia coa Praza Maior, pero veu esto da modernidade e das restauracions, limpeza de fachadas e foi p'o carallo.

Anónimo dijo...

Unha das pintadas dos últimos anos en Italia: "Estracomunitari, salvateci degli italiani". "Inmigrantes: salvádenos dos italianos". Unha variante do kavafián "Que veñan os bárbaros".
E xa que falo daquel país, nunha praza céntrica de Cagliari, debaixo dos tellados apareceu á vista unha vella pintada (ben rotulada) cun "Viva Mussolini" ostentoso ao tempo que amenazante. É o que ten encalar e pintar as casas.

Anónimo dijo...

É o tal Moure... ¿non sería o José Manuel Moure, das adegas homónimas?; polo tanto, os elaboradores do Abadía da Cova. Eu coñecino en Lugo, no 77, cando xa estudaba Enxeñaría Técnica Agrícola. Sendo de Escairón, puido perfectamente facer os estudos medios en Ourense.

Anónimo dijo...

Saltou rapidísimo a mensaxe. Era eu.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois non o sei, só teño unha vaga lembranza física del. Quizais o saiba o Bieito Iglesias ou o Manolo Dacal, ourensán que estudaba en Lugo, ou algún amigo que por aquí veña e deixe constancia.

Anónimo dijo...

Xaora, o Dacal era xustamente do grupo del; grupo de idade, compañeiro de estudos, posiblemente tamén de célula. En todo caso, Xosé Manuel Moure é o da dereita.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois, querido Xosé Manuel, a miña memoria visual non é extraordinaria e pasaron moitos anos. Pero ben podía ser o que ti indicas na foto: non era moi alto e coincidía o corte da cara, con faccións marcadas, na miña lembranza (preguntareille ó Bieito, a ver se mo confirma).
É moi probable que ese fose o MOURE da ERGA ourensá.

Anónimo dijo...

Trinta e dous anos despois resúltame difícil asegurar un si ou un non, pero inclínome polo non. A min a persoa da dereita non se me asemella nada á imaxe (moi borrosa e difusa, certo é) que teño daquel rapaz.